Saltar ao contido

Doraibu mai kā

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Doraibu mai kā
Ficha técnica
Título orixinalドライブ・マイ・カー
DirectorRyusuke Hamaguchi
ProdutorTsuyoshi Gorô
Misaki Kawamura
Osamu Kubota
Sachio Matsushita
Yoshito Nakabe
Keiji Okumura
Jin Suzuki
Akihisa Yamamoto
Guión
  • Ryusuke Hamaguchi
  • Takamasa Oe
Baseado en"Drive My Car" de Haruki Murakami
IntérpretesHidetoshi Nishijima
MúsicaEiko Ishibashi
FotografíaHidetoshi Shinomiya
MontaxeAzusa Yamazaki
Estudio
DistribuidoraBitters End
EstreaCannes: 11 de xullo de 2021
Duración179 minutos
Orixe Xapón
XéneroDrama
Recadación2,5 millóns de dólares[1][2]
Na rede
https://dmc.bitters.co.jp/
IMDB: tt14039582 Filmaffinity: 281888 Allocine: 293106 Rottentomatoes: m/drive_my_car Allmovie: am252608 Metacritic: movie/drive-my-car
Facebook: drivemycar.mv Twitter: drivemycar_mv Instagram: drivemycar_mv Editar o valor en Wikidata

Doraibu mai kā (ドライブ・マイ・カー?) é un filme xaponés de 2021 coescrito e dirixido por Ryusuke Hamaguchi. Baséase nunha historia curta escrita por Haruki Murakami, extraída da súa colección de 2014 Onna no inai otokotachi.[3] O filme conta a historia de Yūsuke Kafuku (intepretado por Hidetoshi Nishijima) que dirixe unha produción da obra Dyádya Ványa e loita coa morte da súa muller Oto.

Considerado un dos mellores filmes de 2021,[4][5][6] foi escollido para competir pola Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2021, onde gañou tres premios, incluíndo mellor guión. Foi escollido como candidato do Xapón para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado nun total de catro categorías, incluíndo o Óscar ó mellor filme, o Óscar ó mellor director para Hamaguchi, o Óscar ó mellor filme internacional e o Óscar ó mellor guión adaptado para Hamaguchi e Takamasa Oe.[7]

O actor e director de teatro Yūsuke Kafuku está casado con Oto, unha guionista. Oto concibe as súas historias durante as súas relacións sexuais e nárraas a Yūsuke. Despois de ver o seu esposo nunha representación de Á espera de Godot, Oto presenta a Yūsuke o seu colaborador habitual, o actor novo Kōji Takatsuki. Un día que Yūsuke regresa á casa antes do previsto descobre a súa esposa tendo relacións sexuais con alguén, posiblemente o mozo. Marcha en silencio sen ser visto e non llo conta.

Outro día, ao saír Yūsuke cara ao traballo, Oto dille que esa noite quere falar con el, mais cando Yūsuke regresa atopa a Oto morta por unha hemorraxia cerebral. Despois do funeral, Yūsuke sofre unha crise nerviosa durante unha interpretación de Dyadya Vanya e non é quen de continuar. Dous anos despois, Yūsuke acepta unha residencia en Hiroshima onde dirixirá unha adaptación desa obra de Chekhov. Yūsuke escolle a Kōji Takatsuki como protagonista a pesar da súa curta idade, do seu comportamento errático e de que a súa carreira se vise afectada por unha conduta inapropiada. A compañía require que Yūsuke non conduza senón que o leven no seu propio automóbil, un Saab 900 vermello. Aínda que de primeiras se opón, acepta cando a súa nova e reservada chofer, Misaki Watari, desmostra ser unha hábil condutora.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Hidetoshi Nishijima como Yūsuke Kafuku
  • Tōko Miura como Misaki Watari
  • Masaki Okada como Kōji Takatsuki
  • Reika Kirishima como Oto Kafuku
  • Park Yoo-rim como Lee Yoo-na
  • Satoko Abe como Yuhara
  • Jin Dae-yeon como Gong Yoon-soo
  • Sonia Yuan como Janice Chang
  1. "Drive My Car (2021)". Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  2. "Drive My Car (2021)". Box Office Mojo. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  3. Brzeski, Patrick; Brzeski, Patrick (9 July 2021). "Japan’s Ryusuke Hamaguchi on Adapting Murakami for ‘Drive My Car’ and Vehicles as Confession Booths". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  4. "LA film critics pick ‘Drive My Car’ as year’s best". The Seattle Times (en inglés). 19 de decembro de 2021. Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  5. "New York film critics name ‘Drive My Car’ best film of 2021". The Seattle Times (en inglés). 3 de decembro de 2021. Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  6. "‘Drive My Car’ Is Named Best Film of 2021 by the National Society of Film Critics". Collider (en inglés). 9 de xaneiro de 2022. Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  7. "Oscars: Full List of Nominations". The Hollywood Reporter. Consultado o 8 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]