Saltar ao contido

Dualismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dualismo
O cadro de William Blake The Good and Evil Angels (Os anxos bos e malos) é unha representación artística do dualismo do ben e o mal. Sobre isto, Blake dixo que é mellor un mal activo que un ben pasivo, introducindo outro 'par polar' (actividade-pasividade ou dinamismo-estatismo).
TipoConcepto filosófico
PropósitoExplicar a existencia e relación entre dúas substancias ou principios fundamentais.
Campo de traballoFilosofía, teoloxía, psicoloxía
Fundador(es)Non hai un fundador, senón unha evolución do concepto, de Platón ou Aristóteles a Descartes ou variacións do concepto en diversas filosofías orientais.
Traballos destacadosDiversas obras filosóficas discuten o dualismo. Platón trata o tema do mundo das ideas e o mito da cova no seu diálogo "A República" (en grego: Πολιτεία, Politeia); outros filósofos neoplatónicos, en particular do cristianismo, abundan no mesmo concepto. René Descartes é talvez o filósofo máis famoso asociado co dualismo, xa que sostén que mente e materia son substancias distintas. A súa obra "Meditacións sobre a Filosofía Primeira" é unha fonte primaria deste concepto. Outras obras son as de Maniqueo no século III, as antigas escrituras zoroástricas, particularmente os "Gathas" (hinos atribuídos a Zoroastro). Spinoza non é estritamente un dualista, porén a súa distinción entre "Natura Naturans" e "Natura Naturata" é unha forma de dualismo que reflicte a actividade divina e a súa manifestación no mundo. Obras literarias non esencialmente filosóficas, como A Divina Comedia" de Dante Alighieri reflicte a estrutura do "Inferno", o "Purgatorio" e o "Paraíso" Cun entendemento dualista do ben e o mal, e a xornada da alma a través destes reinos.
Persoas relacionadasZoroastro, Platón, Maniqueo, Prisciliano, Agostiño de Hipona, Descartes, bogomilos, albixenses, cátaros, taoistas, cristiáns etc.
editar datos en Wikidata ]

O dualismo é a idea ou teoría de que algo (un obxecto, unha idea ou o mundo enteiro) está dividido en dúas partes. Estas partes están separadas entre si, e a cousa non se pode dividir doutro xeito.

A idea ou teoría de que algo non se pode dividir en ningunha parte chámase monismo. A idea de que algo se pode dividir en moitas partes chámase pluralismo.

O dualismo tamén é unha idea sobre o sentido común. Por exemplo, é unha forma de dualismo dicir que unha cousa é quente ou fría, boa ou mala, miña ou doutra persoa, sen ter en conta posibles estados no medio. Outro xeito de considerar o dualismo é mediante gradacións de pares de opostos ou pares polares.

Dualismo na filosofía

[editar | editar a fonte]

En filosofía hai moitos tipos de dualismo:

René Descartes describiu o dualismo do seguinte xeito: existen dúas substancias distintas e independentes, a mente (ou alma) e o corpo (ou materia). A mente, unha entidade pensante e non extensa, interactúa co corpo, que é extenso e non pensante, a través da glándula pineal do cerebro. Esta glándula serve como o punto de unión onde as impresións sensoriais son transmitidas á mente e onde as decisións ou intencións da mente teñen un efecto sobre o corpo. Porén, Descartes tamén subliñou que os sentidos, aínda que valiosos, poden ser enganosos e non sempre reflectir a verdadeira natureza da realidade.
  • Na filosofía da mente o dualismo significa que a mente e o corpo son dúas cousas moi diferentes. Nada do que forma parte do corpo pode ser parte da mente e nada do que forma parte da mente pode ser parte do corpo.[1] Este concepto de dualismo é moi popular, moita xente pensa que a mente é demasiado importante ou demasiado estraña para formar parte do corpo. Outra idea é que a mente e o corpo son a mesma cousa ou que a mente é só unha palabra máis para o cerebro. (Véxase tamén René Descartes)
  • En epistemoloxía, o dualismo significa que hai unha barreira entre unha persoa e o mundo que a rodea. Esta barreira divide o mundo en dous para esa persoa, en "eu" e "o mundo". Cada persoa pode ver, escoitar, saborear, ulir e tocar o mundo pero non pode coñecelo directamente. Por exemplo, alguén non pode saber con só mirar que as cousas están formadas por moitos átomos. Isto significa que podería ocorrer algo no mundo do que non sabiamos porque non o puidemos sentir (ver, escoitar, saborear, cheirar, tocar...). Unha idea non-dualista é que unha persoa é só unha parte máis do mundo e que non hai barreira. Por exemplo, pódese dicir que se alguén non pode ver, escoitar, saborear, tocar ou ulir algo, iso non lle afecta.

Diteísmo

[editar | editar a fonte]

En teoloxía, o dualismo tamén pode referirse ao duoteísmo, biteísmo ou diteísmo. Esta é a doutrina ou crenza de que hai dous seres divinos independentes ou principios eternos, un bo e outro malo. Exemplos de diteísmo inclúen o zoroastrismo, a wicca ou o marcionismo.

O dualismo relixioso apareceu en moitos pobos antigos, como China e Exipto, pero especialmente en Persia. A súa relixión, impulsada e reformada por Zoroastro cara ao s. VI a. C., establece un principio divino do ben, Ormuz ou Ahura Mazda, e outro do mal, Ahriman.

As formas de dualismo atopanse máis tarde no orfismo (contra o s. VI a .C.), o gnosticismo (s. II a. C.), o maniqueísmo, a doutrina gnóstica-maniquea de Prisciliano e xa na Idade Media, nos bogomilos, albixenses e cátaros. A máis influente destas doutrinas, despois do mazdeísmo de Zoroastro, foi o maniqueísmo.

Aínda que a Biblia menciona a Satanás, isto non implica necesariamente un diteísmo (xa que non é igual a Deus, senón só un anxo (ver Epístola de Xudas, vers. 6).

O diteísmo non é o mesmo que o dualismo, pero son similares en certo sentido. O diteísmo implica (polo menos) dous deuses, mentres que o dualismo moral non implica ningún teísmo (crenza nun deus). A antiga relixión dualista tradicional do pobo xitano chamada Romanipen é unha simple crenza en Devla-Deus e Beng-Satanás.[2]

Parte da "Escola de Atenas", por Rafael Sanzio
Historia da
filosofía occidental
Períodos
Presocrática
Grega
Helenística
Medieval
Renacentista
Moderna
Contemporánea
Séculos
XVII
XVIII
XIX
XX

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.