Edwin J. Reiter
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1938 |
Morte | 24 de agosto de 2017. Wilkes-Barre. |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Saint Bonaventure University, Nova York. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Familia | |
Cónxuxe | Patricia Reiter. |
Premios | |
Véxase a sección "Recoñecementos". |
Edwin J. Reiter, máis coñecido como Ed Reiter, nado en Rochester, Nova York, o 9 de xuño de 1938 e finado en Wilkes-Barre, Pensilvania, o 24 de agosto de 2017, foi un escritor e editor numismático estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Reiter cursou o seu ensino secundario na escola católica Aquinas Institute, en Rochester, a súa cidade natal, e os seus estudos superiores na Saint Bonaventure University, de Nova York, onde se graduou en Xornalismo en 1959.[1][2]
Entre 1964 e 1980 exerceu a súa profesión no xornal Asbury Park Press, de Nova Jersey. Desde o 1 de xullo de 1979 a xaneiro de 1989 escribiu unha columna periódica sobre numismática na sección semanal de Arte e Lecer en The New York Times,[2] e tamén traballou, entre outros, en The Record, de Hackensack, Nova Jersey, desde 1983 ata a súa morte.[1]
A súa relación coa prensa numismática comezou en 1972, cando se incorporou á redacción de Krause Publications como editor de Numismatic News. Tamén foi editor do NLG Newsletter (1981-1982) —o xornal do Gremio Literario Numismático— e da revista COINage (1986-2017). En 1990 foi nomeado director executivo do NLG Newsletter.[1][2]
En 2002 publicou o libro The New York Times Guide to Coin Collecting,[2][3] baseado nas súas columnas xornalísticas publicadas nese xornal.[4]
Ed Reiter faleceu en Wilkes-Barre, Pensilvania, o 24 de agosto de 2017, aos 79 anos.[2][5][6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Reiter estivo casado con Patricia Reiter, con quen tivo tres fillas e dous fillos.[7]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1986): Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild.[2][8]
- (1997): Glenn Smedley Memorial, da American Numismatic Association (ANA).[1][9]
- (1998): Medalla ao Mérito, da ANA.[1][9]
- (2014): Premio Burnett Anderson Memorial, da ANA, a ANS e o Numismatic Literary Guild (NLG).[5][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Smith, P. (2012). Páxina 347.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Ed Reiter dies at 79". En Coins Weekly. 6 de setembro de 2017.
- ↑ Reiter, Ed. (2002). The New York Times Guide to Coin Collecting. Griffin. ISBN 978-0312291266
- ↑ Golino, L. (2017) Arquivado 28 de marzo de 2023 en Wayback Machine..
- ↑ 5,0 5,1 Smith, P. (2012). Páxina 348.
- ↑ "Ed Reiter, Former New York Times Numismatics Columnist, CoinAge Editor Dies at 79". En Coin Week. 24 de agosto de 2017.
- ↑ "Ed Reiter dies at 79". En Coins Weekly. 6 de setembro de 2017.
- ↑ "The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Golino, L. (2017). "A tribute to Ed Reiter Arquivado 28 de marzo de 2023 en Wayback Machine.". En Coin Update. 25 de agosto.
- Howard, J. (2017). "Ed Reiter: A Life Well Written". En COINage. Agosto.
- Smith, P. (2012). "Reiter, Ed(win J.)". En American Numismatic Biographies. Páxinas 347-348.