Aeroporto de Estocolmo-Arlanda
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Aeroporto de Estocolmo-Arlanda Stockholm-Arlanda flygplats
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Swedavia | ||
Cidade/Illa | Estocolmo e Uppsala | ||
Localización | concello de Sigtuna | ||
Elevación (msnm) | 42 metros / 137 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
01L/19R | 3 301 | 10 830 | asfalto |
01R/19L | 2 500 | 8 202 | asfalto |
08/26 | 2 500 | 8 202 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 24 702 000 |
O aeroporto de Estocolmo-Arlanda (IATA: ARN, ICAO: ESSA) é un aeroporto internacional situado no concello sueco de Sigtuna, preto da cidade de Märsta, a 37 quilómetros ao norte de Estocolmo e a preto de 40 ao sueste de Uppsala. O aeroporto está localizado dentro do condado de Estocolmo e da provincia de Uppland. É o máis grande de Suecia e o terceiro maior dos países nórdicos. O aeroporto é a principal porta de entrada internacional por aire para a meirande parte do país. Arlanda foi usado por preto de 25 millóns de pasaxeiros no ano 2016, con 19,4 millóns de pasaxeiros internacionais e 5,3 domésticos.[1]
O aeroporto de Arlanda é o máis grande dos dous que ten Estocolmo. O outro, Bromma, está situado ao noroeste do centro da cidade, pero só pode ser usado por avións máis pequenos. Os aeroportos de Nyköping e Vasterås están situados ao redor dos 100 quilómetros da capital. Arlanda funciona como un gran centro de conexións para Nextjet, Norwegian e Scandinavian Airlines.
Historia
[editar | editar a fonte]O aeroporto foi usado por vez primeira en 1959, pero só para voos de práctica. En 1960 abriu para o tráfico civil de xeito limitado, e en 1962 realizouse a súa inauguración oficial. Foi usado para o tráfico internacional xa en 1960 debido a que a pista de Bromma era demasiado curta. Scandinavian Airlines comezou a usar o Douglas DC-8 dende Arlanda nas súas rutas a Norteamérica. O aeroporto tamén foi usado moi cedo por Pan American World Airways.
O nome Arlanda foi decidido despois dunha competición antes da súa apertura. Este deriva de Arland, un vello nome para a parroquia de Ärlinghundra (na actualidade Husby-Ärlinghundra en Märsta) onde está situado o aeroporto. O “-a” foi engadido en analoxía con outros nomes de lugares suecos rematados en -landa e tamén fai un xogo de palabras co verbo sueco “landa”, que significa aterrar.
Nos anos 60 e 70 viuse un incremendo do tráfico con voos regulares e chárter. O Boeing 747 comezou a ser usado nos 70 tanto en voos regulares cunha escala cara Nova York como en voos chárter de fin de semana sen escalas á Illas Canarias. Voos domésticos cara Gotemburgo, Malmö, Luleå e Kiruna foron operados por Douglas DC-9 de SAS dende Arlanda dende que este modelo foi considerado demasiado ruidoso para ser usado no céntrico aeroporto de Bromma. O resto do tráfico doméstico operouse dende Bromma e todo o tráfico internacional dende Arlanda. No ano 1970 ocorreu o Aaccidente do CV-990 de Spantax.
En 1983 o tráfico doméstico operado por Linjeflyg trasladouse de Bromma a Arlanda, usando a terminal agora coñecida como terminal 4. En 1990 construíronse dúas novas terminais domésticas, as terminais 2 e 3, ao sur da primeira. En 1992 a terminal 2 abandonouse parcialmente debido á baixada do tráfico. Comezaría a ser usada para voos internacionas o ano seguinte, e as principas terminais domésticas e internacionais serían renomeadas como 4 e 5 respectivamente. A terceira psita de aterraxe foi construída entre 1998 e 2002. Porén, unha recesión nese último ano atrasou a súa apertura ata 2003. Nesa época houbo protestas da xente que vivía na senda de voo no municipio de Upplands Väsby. O tráfico recuperouse e dende entón vaise incrementando, pero a terceira pista só se abre durante as horas punta por razóns ambientais. En setembro de 2010 aterrou no aeroporto o primeiro Airbus A380, aínda que na actualidade ningunha aeroliña voa con este modelo cara Arlanda.
A comezos de 2014 Swedavia anunciou plans para expandir o complexo de terminais do aeroporto, incluíndo a construción dunha extensión para a terminal 5 co obxectivo de acomodar mellor aos avións máis grandes e como previsión para un incremento de número de pasaxeiros.
Instalacións
[editar | editar a fonte]Pistas de aterraxe
[editar | editar a fonte]Arlanda ten tres pistas de aterraxe: a pista 1 (01L/19R), a 2 (08/26) e a 3 (01R/19L). A pista 1 mide 3 301 m e pode usarse para engalaxes e aterraxes dos avións máis pesados en uso hoxe en día. As pistas 2 e 3 teñen 2 500 metros de longo. Como se pode ver na súa designación, as pistas 1 e 3 son paralelas e poden operarse independentemente. Estas dúas pistas están equipadas con sistemas CAT III para aterraxes instrumentais.
Terminais
[editar | editar a fonte]O aeroporto ten catro terminais. As terminais 2 e 5 úsanse para voos internacionais, mentres que os domésticos son operados dende a 3 e 4. O novo edificio central, Arlanda Norte, abriu a finais de 2003, conectando a terminal 5 co novo Pier F. Todos os voos internacionais operados por SAS e os seus socios da Star Alliance usan o novo edificio central. Planeouse tamén un edificio en Arlanda sur, conectando as terminais 2, 3 e 4, pero suspendeuse a súa construción debido á falta de fondos. Na zona situada entre as terminais 4 e 5, chamada “Sky City”, hai restaurantes, bares, tendas e unha zona de descanso cunha gran cristaleira que permite ver parte das operacións do aeroporto. Existen hoteis tanto no propio aeroporto conectados coas terminais como nos seus arredores. A capacidade de camas incrementouse co novo Clarion Hotel Arlanda, aberto en novembro de 2012 e con 400 habitacións. Tamén hai instalacións para conferencias no propio aeroporto.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Carga
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Swedavia (ed.). "Stockholm Arlanda Airport sets new passenger record". Consultado o 27 de agosto de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "Air Arabia Maroc launches Agadir base from Oct 2017". Consultado o 28 de agosto de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "Air France adds seasonal Marseille routes in S17". Consultado o 28 de agosto de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "Croatia Airlines schedules new routes in S17". Consultado o 30 de agosto de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "EasyJet S17 new routes as of 13DEC16". Consultado o 30 de agosto de 2017.
- ↑ Avinor (ed.). "Ethiopian Airlines til Avinor Oslo lufthavn". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2017. Consultado o 30 de agosto de 2017.
- ↑ Flygtorget (ed.). "Höga Kusten Flyg blir Nextjet". Consultado o 4 de setembro de 2017.
- ↑ Pori (ed.). "Kaupunginvaltuusto päätti: Lentoliikenne Poriin". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2017. Consultado o 4 de setembro de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "Norwegian expands European service from Stockholm in S17". Consultado o 13 de setembro de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "Pegasus adds Antalya – Stockholm flights from April 2017". Consultado o 17 de setembro de 2017.
- ↑ Primera Air (ed.). "Destinations- Dubrovnik". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 17 de setembro de 2017.
- ↑ SAS (ed.). "SAS öppnar linje från Stockholm till Chambéry i franska Alperna". Consultado o 20 de setembro de 2017.
- ↑ SAS (ed.). "SAS introduces new route to Eilat".
- ↑ Routes Online (ed.). "SAS revises Miami W17 operations". Consultado o 20 de setembro de 2017.
- ↑ SAS (ed.). "Summer Program: SAS opens 15 new routes". Consultado o 20 de setembro de 2017.