Saltar ao contido

Estreito de Malaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaEstreito de Malaca
(id) Selat Melaka
(ms) Selat Melaka Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoestreito
sound (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EpónimoMalaca (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaMalaisia, Indonesia e Singapur Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 2°30′00″N 101°10′00″L / 2.5, 101.1667
Afluentes
Características
Profundidade8.765 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións930 (lonxitude) km
BNE: XX5151599

O estreito de Malaca é un longo estreito de mar do sueste de Asia localizado entre a costa occidental da península Malaia e a illa indonesia de Sumatra, que constitúe un importante corredor marítimo que une, ao norte, o mar de Andaman, mar secundario do océano Índico, e ao sur mar da China Meridional. Esténdese en dirección SE-NO e ten aproximadamente 800 km de lonxitude, cunha anchura de entre 50 km e 320 km, aínda que só 2,8 km no seu punto máis angosto, o estreito de Philips, no estreito de Singapur. Na súa parte media atópase a súa profundidade mínima o que condiciona o calado dos buques que o atravesan (proximidades de Port Kelang, One Fathom Bank). Na súa parte sueste comunica co estreito de Singapur e está pechado por varias illas do arquipélago de Riau, realizándose a navegación por varias canles de paso.

Importancia económica

[editar | editar a fonte]

Desde unha perspectiva económica e estratéxica, o estreito de Malaca é unha das rutas de navegación máis importantes do mundo. O estreito é a principal canle de transporte marítimo entre o océano Índico e o Pacífico, unindo as principais economías asiáticas India, China, Xapón e Corea do Sur. Máis de 50.000 buques pasan polo estreito cada ano[1] levando aproximadamente unha cuarta parte do comercio mundial de mercadorías, salientando o petróleo, as manufacturas chinesas ou o café indonesio.[2]

Arredor dunha cuarta parte do total do petróleo transportado por mar pasa dunha cuarta parte do total de petróleo transportado por mar pasa a través do estreito, principalmente dos aprovisionadores do golfo Pérsico cara aos mercados asiáticos como a China, o Xapón e Corea do Sur. Así en 2006 estímase nuns 15 millóns de barrís por día (2 400 000 m³/d) transportados polo estreito.[3]

O buques que cumpren as dimensións máximas para navegar polo estreito de malca denomínanse malaccamax, o estreito non é o suficientemente fondo (uns 25 metros ou 82 pés) para permitir que algúns dos buques máis grandes, a maioría dos petroleiros, suficientemente profundo (uns 25 metros ou 82 pés) para permitir que que pasen algúns dos máis grandes buques (a maioría dos petroleiros). Os buques meirandes adoitan utilizar como alternativas o estreito de Lombok, o de Macassar, o pasaxe de Sibutu e o estreito de Mindoro. Na canle de Phillips, preto de Singapur, o estreito de Malaca redúcese a 2,8 km de anchura, formando un dos estrangulamentos de tráfico máis importantes do mundo.[4]

Riscos para a navegación

[editar | editar a fonte]

A piratería é un dos principais riscos para a navegación no estreito, coñecida xa desde o século XIV [5]. Na época contemporánea a piratería aumentou desde finais da última década do século XX, con 25 ataques contra buques 1994, 220 en 2000, e 150 en 2003 pero tras unha acción conxunta das armadas de Malaisia, Indonesia e Singapur en 2004 os ataques diminuíron, 79 en 2005 e 50 en 2006.[6]. Outro risco son os restos de naufraxios, deles trinta e catro representan un risco de colisión nos estreitos e zonas de augas superficiais[7]

  1. Strait of Malacca - World Oil Transit Chokepoints, Energy Informatin Administration, U.S. Department of Energy
  2. Freeman, Donald B. (2003). McGill-Queen's University Press, ed. The Straits of Malacca: Gateway or Gauntlet?. ISBN 0773525157. .
  3. World Oil Transit Chokepoints, Energy Information Administration, US Department of Energy
  4. World Oil Transit Chokepoints
  5. Freeman, Donald B. (2003) Straits of Malacca: Gateway Or Gauntlet?, McGill-Queen's Press, p. 175
  6. Piracy down 3rd year in row: IMB report", Journal of Commerce Online; 23 de xaneiro de 2007.
  7. "34 wrecks in sealane threaten passing ships The Star". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2007. Consultado o 23 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]