Saltar ao contido

Google

Esta páxina está semiprotexida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Google Inc.

Editar o valor en Wikidata
TipoEn bolsa GOOG, GGEA
Fundación27 de setembro de 1998
Menlo Park, CA, Estados Unidos
LocalizaciónMountain View, CA, Estados Unidos
Persoas claveEric E. Schmidt, CEO/Director
Sergey Brin, Cofundador, Presidente de tecnoloxías
Larry E. Page, Cofundador, Presidente de produtos
George Reyes, CFO
IndustriaInternet
ProdutosGoogle Search
Gmail
Google Maps
Google News
Google SketchUp
Google Vídeos
Google Earth
Beneficio16 593 000 USD (2007)[1]
Número de empregados13.748 (30 de xuño de 2007)
Na rede
https://about.google/, https://www.google.com/, https://blog.google/, https://www.google.es e https://www.google.co.uk/
IMDB: co0123378 Facebook: google Twitter: Google Instagram: google VK: googlerussia LinkedIn: google Youtube: UCK8sQmJBp8GCxrOtXWBpyEA TikTok: google GitHub: google Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Google Inc. é a empresa propietaria da marca Google, cuxo principal produto é o motor de procura do mesmo nome. Foi fundada o 27 de setembro de 1998 por Larry Page e Sergey Brin (dous estudantes de doutoramento en ciencias da computación da Universidade Stanford).

Malia ser o buscador o seu principal produto, a empresa ofrece tamén entre outros servizos: un comparador de prezos chamado Froogle, aínda que logo pasou a chamarse Google Product, un motor de procura para material almacenado en discos locais Google Desktop Search, e un servizo que revolucionou o mundo do correo electrónico gratuíto chamado Gmail, o cal dispón para os seus usuarios máis de 6,5 GB (marzo de 2008) de espazo e vai aumentando constantemente a razón de 4 bytes por segundo. Tamén é famoso o seu programa Google Earth, mapamundi en 3D con imaxes de alta resolución. Recentemente lanzou a súa versión beta de mensaxería instantánea Google Talk.

Google está traballando en varios proxectos para aumentar o número de usuarios de Internet e facilitar os recursos para que estes poidan acceder á rede. Entre os proxectos destacan o PC de 100 dólares, aplicacións GNU, Google Docs & Spreadsheets, colaboración[2] e promoción de aplicacións de software libre como Mozilla Firefox,[3] instalación de varias redes inalámbricas de balde,[4] desenvolvemento dun sistema de protocolo aberto de comunicación por voz,[5] entre outros. Ademais especúlase que estaría traballando no desenvolvemento dun sistema operativo[6] un Google Office,[7] e unha rede global de fibra óptica,[8] Vint Cerf, considerado un dos pais de Internet, foi contratado por Google en 2005. A compañía cotiza na bolsa NASDAQ baixo a clave de GOOG.

Historia

De esquerda a dereita Eric E. Schmidt, Sergey Brin e Larry Page
Oficina de Google España

Sergei Brin e Larry Page fundaron o buscador de Google en 1998. Brin e Page eran estudantes de informática en Stanford cando se coñeceron en 1995 e decidiron escribir xuntos a súa tese de doutoramento. A tal tese versaba sobre os algoritmos para optimizar as buscas na, xa entón, selvática Internet. Miles de millóns de páxinas web, imaxes e arquivos alagaban os servidores de Internet. Parecía entón imposible poñer un pouco de orde en semellante barafunda. O algoritmo que propuxeron Brin e Page, coñecido como BackRub consistía basicamente en rastrexar as ligazóns das páxinas cara a atrás para medir a súa importancia dentro da rede de redes. En 1998 publicaron un artigo especializado no que propugnaban o método PageRank que refinaba non só a busca senón a valoración relativa de cada páxina web en Internet.[9][10]

Xa daquela BackRub era moi coñecido no campus de Stanford e moitos estudantes conectábanse ós servidores implementados por Brin e Page para consultar a súa base de datos. Pero, en 1998, aquel servidor estaba na habitación que Larry Page tiña no colexio maior. Quedaba aínda un pouco para que nacese Google.

Nacemento

En 1998 Andy Bechtolscheim, cofundador de Sun Microsystems, entregoulles a Brin e Page un cheque de 100.000 dólares a nome de Google, Inc. A empresa aínda non existía, así que Brin e Page tiveron que fundala para poder cobrar o cheque.[Cómpre referencia]

O nome da empresa fai referencia a googol, o nome en inglés da potencia 100 do número 10 (o gúgol é un 1 seguido de 100 ceros). O nome fai referencia á inmensidade de Internet.

O 7 de setembro de 1998 Google abriu a súa primeira oficina onde traballaban só os dous fundadores da empresa. Pero os seus servidores xa recibían unhas 10.000 demandas de información diarias.

Foi votada como a marca do ano (2003), segundo a axencia británica de marcas Interbrand. Lamentablemente iniciou unha política de censura para lograr expandirse en países totalitarios como China. En razón disto foi considerada A Vergoña Empresarial 2005 pola American Freedom Union.

En outubro de 2006, Google adquiriu por 1.650 millóns de dólares a famosa páxina de vídeos YouTube.

En abril de 2007, Google mercou DoubleClick, unha empresa especializada en publicidade en Internet, por 3.100 millóns de dólares. Ese mesmo mes, Google converteuse na marca máis valiosa do mundo, acadando a suma de 66.000 millóns de dólares, superando a emblemáticas empresas como Microsoft, General Electric e Coca-Cola.

En xullo de 2007, Google comprou Panoramio, un sitio web dedicado a exhibir as fotografías que os propios usuarios crean e xeoposicionan, sendo algunhas delas subidas ao sitio para que poidan ser vistas a través do software Google Earth, cuxo obxectivo é permitir aos usuarios do mencionado software aprender máis sobre unha zona específica do mapa, observando as fotografías que outros usuarios tomaron alí.

O 11 de xuño de 2008, Google recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades por impulsar unha "xigantesca revolución cultural" que permitiu o "acceso xeneralizado ó coñecemento"[11].

O 28 de maio de 2014, Google presenta o primeiro prototipo de vehículo autónomo, capaz de circular sen ser conducido polos humanos.

Evolución

Nestes momentos,[cando?] Google ten almacenadas nas súas bases de datos uns 8.000 millóns de páxinas web. Uns 1.000 ordenadores forman parte dos servidores de Google e se encargan de xestionar as peticións de información. Varios miles máis de ordenadores, xeralmente de baixo custo, traballan sobre a base de datos para responder as consultas. Google conta cuns 1.000 empregados e facturou 850 millóns de euros en 2003. Diariamente recibe uns 200 millóns de preguntas por parte dos usuarios de Internet en 97 linguas (entre as cales se atopa o galego).

As oficinas de Google están situadas nun complexo creado para a propia empresa: o Googleplex.

A velocidade á que se responden as consultas é un punto crucial da política de Google. Segundo os seus creadores, seguirán no mercado mentres sexan unha milésima de segundo máis rápidos cós seus competidores. De feito, en 1999, Google tardaba 3 segundos de media por consulta. Actualmente, só tarda 0,3 segundos por consulta, a pesar do crecemento exponencial das súas bases de datos.

Ademais, a páxina principal de Google en tódolos idiomas non pesa máis de 1,25 Kb e non contén máis aló de 40 palabras o cal facilita unha carga case instantánea.

Produtos e servizos

Ferramentas de busca Medios Publicidade Comunicación Sistemas operativos
Google Search Google Arts & Culture Google Ads Blogger Android
Google Alerts Google Books AdMob FeedBurner Wear OS
Google Assistant Google Finance Google AdSense Google Chat Andoid Auto
Gemini Google News Google Ad Manager Google Saved Android TV
Google Books Google Patents Google Marketing Platform Google Classroom Google Cast
Google Dataset Search Google Scholar Google Tag Manager Google Fonts ChromeOS
Google Flights YouTube Local Service Ads Google Groups Fitbit OS
Google Images Google Meet Fuchsia
Google Shopping Google Voice
Google Travel
Google Videos
Google Lens
Productividade Mapas Estatísticas Negocios Saúde
Gmail Google Maps Google Analytics Google Workspace Google ARDA project
Google Account Google Earth Google Ngram Viewer Google Business Profile Google Care Studio
Google Calendar Google Mars Google Public Data Explorer Google Tables Google Fit
Google Charts Google Moon TensorFlow Health Connect
Google Docs Google Street View Google Trends
Google Sheets Google Sky Google Activity Report
Google Slides Google Santa Tracker Looker Studio
Google Drawings
Google Forms
Google Sites
Google Keep
Google Drive
Google Translate
Aplicacións de escritorio Aplicacións de Android Familias de produtos Servizos
AdWords Editor Buscador de Google Google Docs Google Maps Google Pixel Google Cloud Platform
Drive File Stream Google Ads Google Drive Google Meet Google Nest Google Crisis Response
Google Chrome Google Analytics Google Earth Google Messages Fitbit Google Fi Wireless
Google IME Google Arts & Culture Google Family Link Google News Stadia Controller Google Get Your Business Online
Google Japanese Input Google Assistant Google Fi Wireless Google One Jamboard Google Public DNS
Android Studio Google Authenticator Google Fiber Google Play Google Person Finder
Google Web Designer Google Calendar Find My Device Google Photos Google Firebase
Backup and Sync Google Chat Google Fit Google Wallet Google Cast
Tilt Brush Google Chrome Google Health Google Translate Google Pay
Google Trends Screensaver Google Classroom Google Cast YouTube YouTube TV
Chrome Remote Desktop Google Cloud Search Google Lens YouTube Music

Outros servizos

Notas

  1. "Google Investor Relations". investor.google.com. 
  2. "Google segue colaborando co proxecto Mozilla Firefox". google.dirson.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2008. Consultado o 12 de xuño de 2008. 
  3. "Google págache un dólar por cada Firefox que recomendes". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2008. Consultado o 12 de xuño de 2008. 
  4. "Google quere instalar unha rede WiFi gratuíta nos EEUU". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 12 de xuño de 2008. 
  5. "Google aposta polos protocolos abertos nas comunicacións". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 12 de xuño de 2008. 
  6. "O Sistema Operativo de Google". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2008. Consultado o 12 de xuño de 2008. 
  7. "Google Office: O mundo cambia esta semana". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2008. Consultado o 12 de xuño de 2008. 
  8. "Construirá Google a súa propia rede global de fibra óptica?". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2008. Consultado o 12 de xuño de 2008. 
  9. Brin, Sergey; Page, Lawrence (1998). "The anatomy of a large-scale hypertextual Web search engine" (PDF). Computer Networks and ISDN Systems 30 (1–7): 107–117. doi:10.1016/S0169-7552(98)00110-X. 
  10. Barroso, L.A.; Dean, J.; Holzle, U. (April 29, 2003). "Web search for a planet: the google cluster architecture". IEEE Micro 23 (2): 22–28. doi:10.1109/mm.2003.1196112. We believe that the best price/performance tradeoff for our applications comes from fashioning a reliable computing infrastructure from clusters of unreliable commodity PCs. 
  11. "O xigante dos clics". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 12 de xuño de 2008. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas