Saltar ao contido

Goslar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGoslar
Vista aérea
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°54′22″N 10°25′45″L / 51.906003, 10.429163
EstadoAlemaña
Estado federadoBaixa Saxonia
District of Lower Saxony (en) TraducirGoslar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Goslar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación50.253 (2023) Editar o valor en Wikidata (306,65 hab./km²)
Xeografía
Superficie163,88 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude255 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Evento clave
1167asedio Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoUrte Schwerdtner (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal38640, 38642 e 38644 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico05321 e 05325 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webgoslar.de Editar o valor en Wikidata

Goslar é unha pequena cidade de Alemaña pertencente ao Land da Baixa Saxonia.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Hotel Kaiserworth de Goslar

Situada a 358 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 92,56 km².

Segundo o censo do 31 de decembro de 2021, contaba con 50 010 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboaión nese ano era de 305 hab./km².

A cidade encóntrase nas proximidades do Harz, zona montañosa do norte de Alemaña que ten as altitudes máis altas nesa rexión, e o seu terreo accidentado esténdese por partes da Baixa Saxonia, Saxonia-Anhalt e Turinxia. O nome Harz deriva da palabra do alto alemán medio Hardt ou Hart (bosque de outeiros), latinizada como Hercynia (Hercinia). O Brocken é o cumio máis alto do Harz, cunha altitude de 1 141,1 m sobre o nivel do mar. O Wurmberg (971 m) é o pico máis alto situado enteiramente dentro do estado de Baixa Saxonia.

Fundada en 922 para protexer as ricas minas de prata descubertas na montaña Rammelsberg.[2] Na Alta Idade Media, nos séculos XI e XII, foi a residencia favorita dos emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico da dinastía Salia, e foi o escenario de frecuentes reunións do Reichstag. Incluso o último desta dinastía, Henrique V, naceu en Goslar.

No século XIII uniuse á Liga Hanseática. En 1290 foi unha cidade imperial libre, até que foi anexionada por Prusia en 1802. Pasou a Westfalia en 1807, volveu a Prusia en 1814, pasou a Hannover en 1815 e, co reino de Hannover, ao reino de Prusia en 1866. Adolf Hitler converteuna na sede da organización agrícola nazi en 1936. Indemne durante a segunda guerra mundial, a cidade recibiu moitos refuxiados doutros lugares de Alemaña.[2]

Economía

[editar | editar a fonte]

Goslar é un centro turístico, e unha importante porta de entrada para os turistas que van ás montañas do Harz. Ademais, produce produtos químicos, materiais sintéticos, materiais de construción, papel, vidro, produtos metálicos, téxtiles, alimentos e produtos eléctricos.[2]

Goslar ten dúas especialidades culinarias: o queixo Harz e a cervexa Gose.

Restos de tempos antigos

[editar | editar a fonte]

Quedan partes das antigas murallas da cidade, así como as torres do século XVI, especialmente a Breites Tor (Porta Ancha). Hai interesantes edificios de pedra e entramado de madeira dos séculos XIII-XVI pertencentes aos gremios de panadeiros e comerciantes de panos; un destes últimos (de 1494) é hoxe o Hotel Kaiserworth. O Palacio Imperial (c. 1040, restaurado a finais do século XIX) foi construído polo emperador Henrique III, cuxa tumba está na capela de San Ulrico. A casa do concello do século XII, posteriormente reconstruída, contén unha singular sala de homenaxe. A catedral (consagrada en 1050) foi demolida en 1819, pero os mosteiros medievais e varias igrexas parroquiais sobreviven.[2]

Patrimonio da humanidade

[editar | editar a fonte]

A cidade histórica de Goslar, coas minas de Rammelsberg, foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1992, uníndose á declaración o sistema de xestión hidráulica do Alto Harz en 2010.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Werner Gottschalk (1999): Chronik der Stadt Goslar: 919–1919; unter Einbeziehung des Reichs- bzw. Landesgeschehens und des Umlandes der Stadt. Goslar: Brumby. ISBN 3-9342-3120-9.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]