Saltar ao contido

Grupo social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un grupo social, chamado tamén grupo orgánico, é un conxunto de persoas que desenvolven rol social recíproco dentro da sociedade. Este pode ser facilmente identificado, ten forma estruturada e é duradeiro. As persoas dentro del actúan de acordo cunhas mesmas normas, valores e fins acordados e necesarios para o ben común do grupo.

Cando a adscrición a determinado grupo social está fortemente determinada por criterios económicos e está fortemente influída pola clase da familia en que nace o individuo, o grupo social dos individuos adóitase denominar clase social.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Todo grupo implica vantaxes e valores para cada un dos seus membros. Cando as persoas se dan conta disto, do útil que é unirse con outras persoas, pódese chegar á creación dun grupo con ese fin desexado, algo que despois dá orixe ó que é a asociación.

Estes pódense dividir en diferentes clases de grupos:

  1. Grupos primarios: a familia. Formada ante todo pola convivencia diaria.
  2. Grupos secundarios: a escola, o traballo, os equipos deportivos e os grupos artísticos, entre outros. Formados sobre todo por intereses afines, proxectos claros, o libre acordo e cooperación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]