Guimarães
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Braga | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 158.124 (2011) (651,12 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Ave, Portugal | ||||
Superficie | 242,85 km² | ||||
Bañado por | Ave e Rio Selho (pt) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 4800 Guimarães | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 253 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Londrina (1987–) Mé-Zóchi (pt) (1989–) Brive-la-Gaillarde (1993–) Igualada (1995–) Tourcoing (1997–) Tacoronte (1997–) Río de Xaneiro (1999–) Kaiserslautern (2000–) Colonia del Sacramento (2001–) Kavadarci (pt) (2006–) Compiègne (2006–) Ribeira Grande de Santiago (pt) (2007–) Dijon (2017–) | ||||
Páxina web | cm-guimaraes.pt | ||||
Guimarães é unha cidade portuguesa situada no distrito de Braga, rexión Norte e subrexión do Ave (unha das subrexións máis industrializadas do país), cunha poboación de 52.182 habitantes, repartidos nunha malla urbana de 23,5 km², en 20 freguesías e cunha densidade de poboación de 2 223,9 hab./km².[1] É sede dun municipio con 242,85 km² de área e 161.876 habitantes (2004), subdividido en 69 freguesías, residindo a maioría da poboación na cidade e na súa zona periférica.
É unha cidade histórica, cun papel crucial na formación de Portugal, e que conta xa con máis dun milenio desde a súa fundación, altura en que era designada como Vimaranis.
Guimarães é unha das máis importantes cidades históricas do país, sendo o seu centro histórico considerado Patrimonio Cultural da Humanidade, tornándoa definitivamente un dos maiores centros turísticos da rexión. As súas rúas, avenidas e monumentos respiran historia e encantan quen a visita.
A Guimarães actual soubo conciliar, da mellor forma, a historia e consecuente mantemento do patrimonio co dinamismo e emprendedorismo que caracterizan as cidades modernas.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade foi fundada, sobre un asentamento anterior, polo magnate galego Vimara Pérez no século IX, de onde tomou o seu nome (Vimaranis, logo Guimaranis), e algo despois nacería aquí o primeiro Condado de Portugal, en 1086, dentro do Reino de Galiza. Como primeira capital portuguesa, é denominada "O berce de Portugal". En 1095 Henrique de Borgoña, que casara coa princesa Tareixa, filla do rei Afonso VI, estableceu en Guimarães o 2º Condado de Portugal. O 25 de xullo de 1109, Afonso Henríques, fillo de Henrique de Borgoña, naceu nesta cidade; anos máis tarde proclamaría a independencia de Portugal do reino de Galiza e León, despois da batalla de San Mamede (24 de xuño de 1128), e proclamándose a seguir rei de Portugal (1139). A conmemoración daquela batalla, cada 24 de xuño, é festa local en Guimarães.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio limita ao norte con Póvoa de Lanhoso, ao leste con Fafe, ao sur con Felgueiras, Vizela e Santo Tirso, ao oeste con Vila Nova de Famalicão e ao noroeste con Braga.
Orografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]O concello está delimitado cara ao norte polos montes da Falperra e Sameiro e ao sur polo monte da Penha. A montaña da Penha, con 613 metros, é o punto máis elevado do concello. Forma parte da bacía hidrográfica do río Ave, que ten como afluentes o río Vizela, río Torto, río Febras, e dentro da cidade, o río Selho, río de Couros e a ribeira de Santa Lúzia.
Os solos teñen excelente aptitude agrícola, sendo separados por algunhas zonas forestais, principalmente nas cotas máis altas.
Clima
[editar | editar a fonte]Debido ás condicionantes físicas e por se encontrar afastado do litoral, os invernos son fríos e chuviosos e o verán quente, sendo a temperatura media anual de 14 °C.
Economía
[editar | editar a fonte]Ten unha intensa actividade económica, especialmente nas seguintes actividades: fiado e tecido de algodón e liño, coitelaría, curtumes, ferraxaría e artesanado (ourivaría, cerámicas e bordados).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Primeira capital do Condado Portucalense e do país, é unha das máis importantes memorias vivas, da afirmación e independencia de Portugal. Este feito, xunto coa clasificación do centro histórico de Guimarães como Patrimonio Cultural da Humanidade en 2001, desempeña un papel fundamental na diferenciación de Guimarães como atracción turística no contexto dos circuítos de turismo cultural no Noroeste Peninsular.
Arquitectura relixiosa
[editar | editar a fonte]- A capela de San Miguel do Castelo é unha capela románica, do século XIII, onde segundo a lenda fora sido bautizado Afonso Henriques.
- Capelas dos Pasos da Paixón de Cristo.
- O convento de Santa Clara, acolle a actual Cámara Municipal de Guimarães.
- Do primitivo edificio da igrexa de Nosa Señora da Oliveira nada resta. Xoán I mandou edificar a actual construción a finais do século XIV, como pago pola súa vitoria na batalla de Alxubarrota. Ten unha importancia crecida para os vimaranenses, xa que esta é a santa padroeira da cidade.
- Igrexa da Misericordia
- Igrexa de San Pedro
A Igrexa de San Domingos, de estilo gótico, foi mandada construír pola orde dominica.
- Igrexa e convento das Dominicas.
O convento de San Francisco construído no inicio do século XV, foi alterado no século XVII. Apenas o portal e a cabeceira conservan o seu carácter gótico primitivo. Na capela maior ten aínda interesantes retablos de talla dourada e azulexos historiados do inicio do século XVIII, con escenas da vida de Santo Antonio.
- Igrexa de Nosa Señora da Consolación e Santos Pasos (coñecida vulgarmente por igrexa de San Gualter);
Na descida da Penha, inserida nun percurso de montaña, encóntrase o Mosteiro de Santa Mariña da Costa, convertida en Pousada, por proxecto de Fernando Távora.
- Igrexa de Serzedelo (Monumento Nacional).
Arquitectura civil
[editar | editar a fonte]A cidade de Guimarães presenta unha rica variedade na súa arquitectura civil, sobresaíndo o Pazo dos Duques de Braganza, construído no século XV por Afonso, 1.º duque de Braganza, e que debido ao seu posterior abandono sería reconstruído na década de 1930.
A Rua de Santa María, de orixe medieval, era zona privilexiada da elite vimaranense, ligando antigamente a zona do castelo á colexiata de Guimarães na praza da Oliveira, mais actualmente comeza no Largo do Carmo, onde despuntan a casa onde morreu Francisco Martins Sarmento, a igrexa do Carmo e o seu chafariz central.
Baixando esa rúa chégase á zona central da zona histórica, onde se encontran a Praça de Santiago, arrodeada de casas antigas, cos típicos balcóns rematados co tradicional alpendre, gardando un cuño medieval acentuado, e a Praça da Oliveira, onde se pode admirar a igrexa de Nosa Señora da Oliveira e o cruceiro: Padrão do Salado (unha cruz monumental cuberta). Estas dúas prazas son coñecidas localmente por seren o centro da movida vimaranense, debido á concentración de bares que se estende polas prazas e rúas periféricas. Como elemento de ligazón, existen os Antigos Pazos do Concello, onde se localiza o actual Museo de Arte Primitiva Moderna.
A Casa da Rua Nova, situada na actual rúa de Egas Moniz, alberga actualmente o Gabinete Técnico Local. Na Casa dos Lobos Machado, sitúase a Asociación Comercial e Industrial de Guimarães.
O Largo do Toural (coñecido como a "sala de visitas" da cidade e así chamado por ser inicialmente construído como unha feira de venda de gado), é actualmente o conxunto das prazas da Oliveira e de Santiago, considerado popularmente como o centro da cidade. Áchase arrodeado de casas antigas con tellados con lucernarios, xanelas enormes que ocupan toda a fachada e fermosas reixas de ferro forxado.
A Rua D. João I, antiga Rua dos Gatos, foi unha das primeiras rúas a existir fóra do perímetro amurallado e servía de ligazón á antiga estrada cara Porto.
O Palacio Vila Flor, situado até principios do século XX nos arrabaldes da cidade, foi onde primeiramente se situou a Universidade do Minho e onde actualmente se sitúa o Centro Cultural Vila Flor.
O Parque da Cidade, é o maior espazo verde da cidade.
Fóra da área urbana pódese encontrar o Campo da Ataca, onde se tería iniciado a batalla de San Mamede. Sobranceiro á cidade, o monte da Penha é un prácido sitio de onde se pode gozar dunha panorámica do concello e concellos achegados. Salienta aí a igrexa proxectada por José Marques da Silva ou a estatua de Pío IX, situada no punto máis alto do concello. Gravado nunha rocha, obsérvase un baixorrelevo dos aviadores Gago Coutinho e Sacadura Cabral. Cómpre tamén destacar o busto sobre pedestal de José de Pina e a imaxe de San Cristovo, encuadrada no alto dun rochedo.
Arquitectura militar
[editar | editar a fonte]O Castelo de Guimarães foi mandado construír no século X pola condesa Mumadona para defender a poboación dos ataques dos musulmáns, tendo aínda sido construídas posteriormente as Murallas de Guimarães.
Museos, espazos culturais e galerías de arte
[editar | editar a fonte]A Sociedade Martins Sarmento é das máis antigas institucións vimaranenses e nacionais, dedicada ao estudo e preservación de vestixios arqueolóxicos. Ten sobre a súa alzada dous museos:
O Museo Arqueolóxico da Sociedade Martins Sarmento situado na súa sede, é coñecido polas coleccións pre e protohistóricas, albergando tamén coleccións de numismática, medallística e epigrafía latina.
O Museo da Cultura Castrexa, situado na freguesía de São Salvador de Briteiros, preto da Citania de Briteiros, dedícase á cultura castrexa.
Na cidade o Museo Alberto Sampaio, dependente do Instituto Portugués de Museos, sitúase nas antigas instalacións do Cabido da Colexiata da Oliveira posuíndo un rico acervo, constituído principalmente por pezas dos séculos XIV, XV, e XVI e onde sobresae a lauda de Xoán I.
Nos antigos pazos municipais, o Museo de Arte Primitiva Moderna versa sobre a pintura xeralmente coñecida como Naïf.
O Museo da Vila de São Torcato é dedicado á vivencia da rexión e o seu mosteiro e máis a súa relación con San Torcato.
O Museo da Agricultura de Fermentões expón coleccións dedicadas ás tradicionais prácticas agrícolas da rexión.
O Museo Parroquial de San Sebastián, inaugurado a 24 de marzo de 1984, ten o seu acervo constituído na súa gran maioría por pezas de arte sacra.
A Biblioteca Raul Brandão, ten a súa sede na cidade e dispón de bibliotecas anexas nas vilas de Pevidém e Caldas das Taipas, bibliotecas escolares, centros de día e cafés.
No ámbito da Capital Europea da Cultura, será construído un Centro de Arte Contemporánea.
O Laboratorio das Artes foi fundado por estudantes da ESAP.
Predecesor: Turku Talín |
Capital Europea da cultura xunto con Maribor 2012 |
Sucesor: Marsella Košice |
Cidades máis poboadas de Portugal[3] | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lisboa Sintra | |||||||||||
Posición | Localidade | Rexión | Pob. | Posición | Localidade | Rexión | Pob. | Vila Nova de Gaia Porto | |||
1 | Lisboa | Lisboa | 555 733 | 11 | Oeiras | Lisboa | 172 120 | ||||
2 | Sintra | Lisboa | 377 835 | 12 | Gondomar | Norte | 168 027 | ||||
3 | Vila Nova de Gaia | Norte | 302 295 | 13 | Guimarães | Norte | 158 269 | ||||
4 | Porto | Norte | 237 591 | 14 | Seixal | Lisboa | 162 592 | ||||
5 | Cascais | Lisboa | 206 479 | 15 | Odivelas | Lisboa | 144 549 | ||||
6 | Loures | Lisboa | 205 054 | 16 | Coímbra | Centro | 143 396 | ||||
7 | Braga | Norte | 181 494 | 17 | Santa Maria da Feira | Norte | 139 312 | ||||
8 | Matosinhos | Norte | 175 478 | 18 | Vila Franca de Xira | Lisboa | 136 886 | ||||
9 | Amadora | Lisboa | 175 136 | 19 | Maia | Norte | 135 306 | ||||
10 | Almada | Lisboa | 174 030 | 20 | Famalicão | Norte | 133 832 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Caracterização Sócio-Económica dos Concelhos - Concelho de Guimarães Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine., Direcção Geral do Ordenamento do Território e Desenvolvimento Urbano, consultado o 21 de novembro de 2006 (en portugués).
- ↑ Instituto Nacional de Estatística, ed. (2011). "Estatísticas oficiais".
- ↑ Censo 2011 do Instituto Nacional de Estatística[2]