José Figueroa Alcorta
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de novembro de 1860 Córdoba, Arxentina |
Morte | 27 de decembro de 1931 (71 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Lugar de sepultura | Cemitério da Recoleta (pt) |
Presidente da Nación Arxentina | |
12 de marzo de 1906 – 12 de outubro de 1910 ← Manuel Quintana – Roque Sáenz Peña → | |
Vice-presidente da Argentina (pt) | |
12 de outubro de 1904 – 12 de marzo de 1906 | |
Senador da Arxentina | |
23 de maio de 1898 – 12 de outubro de 1904 Circunscrición electoral: Provincia de Córdoba | |
Deputado da Arxentina | |
Governor of Córdoba (en) | |
Ambassador of Argentina to Spain (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Buenos Aires |
Actividade | |
Lugar de traballo | Buenos Aires |
Ocupación | avogado, político, xuíz |
Partido político | evento deportivo |
José Figueroa Alcorta, nado en Córdoba o 20 de novembro de 1860 e finado en Buenos Aires o 27 de decembro de 1931, foi un avogado arxentino, que ocupou o cargo de presidente da Arxentina entre 1906 e 1910. Asumiu a presidencia da Arxentina en 1906 ante o falecemento de Manuel Quintana, de quen era vicepresidente.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tivo serios problemas para lograr apoio no Congreso, o que finalmente conseguiu en 1908. Buscou un achegamento cos radicais, indultando aos detidos pola tentativa de golpe de estado de 1905 e preparou o camiño para os cambios electorais de Roque Sáenz Pena. Os grupos anarquistas mostráronse activos en numerosos atentados, chegando a matar ao xefe de policía Ramón Falcón, asasinado por un anarquista en 1909 como vinganza pola criminal represión exercida pola policía durante as protestas do 1 de maio.
En relacións internacionais, merecen destacarse as tensións co Brasil.
Durante o seu mandato descóbrese petróleo en Comodoro Rivadavia, no sur arxentino, e se ditou a primeira lei de regulación da explotación. Correspondeulle presidir a celebración do primeiro centenario da Revolución de Maio.
Anos máis tarde, sendo ministro da Corte Suprema de Xustiza, foi o único xuíz que propuxo renunciar como resposta ao golpe de Estado de 1930.
Presidente da Arxentina | ||
---|---|---|
Segue a: Manuel Quintana |
José Figueroa Alcorta | Precede a: Roque Sáenz Peña |
Partido Autonomista Nacional |