Lion (filme de 2016)
Lion | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Garth Davis |
Produtor | Iain Canning, Angie Fielder, Emile Sherman |
Guión | Luke Davies |
Baseado en | A Long Way Home de Saroo Brierley |
Intérpretes | Dev Patel, Rooney Mara, David Wenham, Nicole Kidman |
Música | Volker Bertelmann, Dustin O'Halloran |
Fotografía | Greig Fraser |
Montaxe | Alexandre de Franceschi |
Estudio | See-Saw Films, Aquarius Films, Screen Australia, Sunstar Entertainment, The Weinstein Company |
Distribuidora | The Weinstein Company, Transmission Films |
Estrea | 25 de novembro de 2016 Estados Unidos; 27 de xaneiro de 2017 |
Duración | 129 min.[1] |
Orixe | Australia, Estados Unidos, Reino Unido |
Xénero | drama biográfico |
Orzamento | 12 millóns de $[2] |
Recadación | 34 millóns de $[3] |
Na rede | |
http://lionmovie.com/ | |
|
Lion, orixinalmente titulado A Long Way Home, é un filme australiano-estadounidense de drama dirixido por Garth Davis e escrito por Luke Davies, baseado no libro de non ficción A Long Way Home de Saroo Brierley. É protagonizado por Dev Patel, Rooney Mara, David Wenham e Nicole Kidman. Foi estreado mundialmente o 10 de setembro de 2016 no Festival Internacional de Cine de Toronto 2016.[4] O filme foi estreado comercialmente nos Estados Unidos o 25 de novembro de 2016 por The Weinstein Company. En Galiza estreouse o 27 de xaneiro de 2017 coa dobraxe castelá[5].
O filme recibiu seis nomeamentos aos premios Oscar de 2017[6].
Sinopse
[editar | editar a fonte]Saroo (Dev Patel) é un raparigo indio de cinco anos que vive na extrema pobreza con súa nai e mailo seu irmán máis vello nunha vila da India. Accidentalmente un día queda durmido nun tren e aparece perdido a centos de quilómetros da súa casa.
Despois de morar na rúa e de se enfrontar a numerosos desafíos, Saroo é adoptado por unha parella australiana, Sue (Nicole Kidman) e John Brierley (David Wenham). Dende aquela, vive en Australia e medra arrodeado dunha cultura diferente, lonxe das súas orixes. Vinte e cinco anos despois, o mozo decide localizar a súa verdadeira familia, embarcándose así nunha difícil viaxe cara ao seu pasado[7].
Elenco
[editar | editar a fonte]- Dev Patel como Saroo Brierley
- Nicole Kidman como Sue Brierley
- Rooney Mara como Lucy
- David Wenham como John Brierley
- Nawazuddin Siddiqui
- Priyanka Bose
- Tannishtha Chatterjee
- Deepti Naval
- Divian Ladwa
- Pallavi Sharda
- Benjamin Rigby
- Sachin Joab
Produción
[editar | editar a fonte]O 24 de abril de 2013 anunciouse que Garth Davis faría o seu debut como director coa película biográfica de Saroo Brierley, baseada no seu libro de memorias A Long Way Home, para See-Saw Films e Sunstar Entertainment.[8] En maio de 2014 The Weinstein Company comprou os dereitos de distribución mundial do drama titulado Lion por 12 millóns de dólares.[9] Luke Davies adaptou o libro para a película; mentres que Screen Australia e Fulcrum Media Finance a co-financiarían, See-Saw, Sunstar e Aquarius Films produciríana. Iain Canning, Angie Fielder e Emile Sherman foron incluídos como produtores da cinta. En outubro de 2014 Dev Patel e Nicole Kidman foron incluídos ao elenco para interpretaren os papeis principais do filme.[10] En xaneiro de 2015 Nawazuddin Siddiqui, Priyanka Bose, Tannishtha Chatterjee e Deepti Naval sumáronse ao elenco.[11] En abril de 2015 así o fan Rooney Mara, David Wenham e Divian Ladwa.[12] Pallavi Sharda tamén se sumou ao elenco do filme, interpretando o amigo de Saroo.[13] Volker Bertelmann e Dustin O'Halloran compuxeron a banda sonora da fita.[14]
Recepción
[editar | editar a fonte]O filme recibiu críticas mixtas despois da súa estrea no Festival Internacional de Cinema de Toronto.[15][16] En Rotten Tomatoes posúe unha porcentaxe de aprobación de 69%, baseada en 16 críticas, cunha cualificación media de 6,3/10.[17] En Metacritic ten unha puntuación de 61 sobre 100, con base en 8 críticos, indicando «críticas xeralmente favorábeis».[18]
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Premio | Categoría | Receptores | Resultado | Ref(s) |
---|---|---|---|---|
Premios Globo de Ouro de 2016 | Mellor película dramática | Garth Davis, Iain Canning, Angie Fielder, Emile Sherman | Nomeado | [19] |
Mellor actor secundario | Dev Patel | Nomeado | ||
Mellor actriz secundaria | Nicole Kidman | Nomeada | ||
Mellor banda sonora | Hauschka, Dustin Ou'Halloran | Nomeada |
Premio | Categoría | Receptores | Resultado | Ref(s) |
---|---|---|---|---|
Premios Oscar 2017[20] [21] | ||||
Mellor actor secundario | Dev Patel | Candidato | ||
Mellor actriz secundaria | Nicole Kidman | Candidata | ||
Mellor guión adaptado | Luke Davies | Candidato | ||
Mellor banda sonora | Dustin O'Halloran e Hauschka | Candidatos | ||
Mellor fotografía | Greig Fraser | Candidato |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lion". Festival Internacional de Cinema de Toronto (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2016. Consultado o 9 de outubro de 2016.
- ↑ "Lion, Starring Dev Patel, Nicole Kidman, and Rooney Mara, Notches Four Golden Globe Nominations (Including Best Picture) and Zurich Film Festival Diversity in Film Award". Vanity Fair. Consultado o 5 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Lion (2016)". Box Office Mojo. Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ Jaafar, Ali (26/07/2016). Deadline Hollywood, ed. "Toronto To Open With ‘The Magnificent Seven’; ‘La La Land’, ‘Deepwater Horizon’ Among Galas & Presentations" (en inglés). Consultado o 30 xaneiro de 2017.
- ↑ Estreas da semana. Lion a partir de 44m59s (Diario Cultural. Radio Galega) (Santiago de Compostela). 27/01/2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2017.
- ↑ Oscar.go
- ↑ Argumento do filme en Sensacine
- ↑ "Garth Davis to direct See-Saw’s Saroo Brierley biopic". Screen Daily.
- ↑ "Cannes: 'King's Speech' Producers Snag $12 Million 'Lion' Deal With Weinstein Co.". The Hollywood Reporter.
- ↑ "AFM: Dev Patel Attached to Star in The Weinstein Co.'s 'Lion' (Exclusive)". The Hollywood Reporter.
- ↑ "Nicole Kidman, Dev Patel to Roar in India-set Survival Tale ‘Lion’". Variety.
- ↑ "Rooney Mara Joins Nicole Kidman, Dev Patel in ‘Lion’". Variety.
- ↑ "Pallavi Sharda in Dev Patel, Nicole Kidman starrer ‘Lion’".
- ↑ «Dustin O'Halloran & Hauschka Scoring Garth Davis's Lion».
- ↑ «Nicole Kidman says adopting helped as Lion movie gets early mixed reviews».
- ↑ «Kidman's Lion scores mixed reviews» Arquivado 18 de outubro de 2016 en Wayback Machine..
- ↑ «Lion (2016)».
- ↑ «Lion reviews».
- ↑ «Winners & Nominees 2017 (Golden Globe Awards)» (en inglés). 12 de decembro de 2016.
- ↑ Nordyke, Kimberly (24 de xaneiro de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: 'La La Land' Ties Record With 14 Nominations". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Oscar Nominations: Complete List". Variety. 24 de xaneiro de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2017.
- Filmes de 2016
- Filmes baseados en feitos reais
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes do Reino Unido
- Filmes de The Weinstein Company
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes rodados en Australia
- Filmes ambientados en 1986
- Filmes ambientados en 1987
- Filmes ambientados en 1988
- Filmes ambientados en 2008
- Filmes ambientados en 2010
- Filmes ambientados en 2012