Saltar ao contido

María Lado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Lado

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de abril de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Cee, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Galega
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, poetisa Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía
Premios

BNE: XX910090 AELG: 214 BUSC: lado-maria-1979

María Lado Lariño, nada en Cee o 14 de abril de 1979,[1] é unha escritora e actriz galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
María Lado na obra de teatro Oeste solitario.
María Lado e Lucía Aldao no Liceo Mutante.

É titulada en Produción Audiovisual, e cursou estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. María Lado comezou a escribir no núcleo do Batallón Literario da Costa da Morte, onde publicou os seus primeiros textos en tres libros colectivos: Nós, Mar por medio e Rumbo ás illas. Ten participado en máis volumes colectivos e antoloxías poéticas, e colaborado tamén en prensa co xornal dixital Vieiros, coa revista Dorna e coa revista portuguesa Comentário, entre outras; así coma en diversas publicacións galegas e peninsulares. En 2005 xuntouse coa tamén poetisa Lucía Aldao [2] para darlle forma ao espectáculo poético denominado Onde estea un cubata que se quite un soneto. O 10 de abril de 2015 participou na primeira edición do ciclo O Alfabeto Híbrido (celebrado na sede da Fundación Luis Seoane, na Coruña), xunto á Lucía Aldao co seu proxecto poético-humorístico-musical chamado Aldaolado, contando coa actuación previa de Santiago Auserón (Juan Perro)[3][4].

Traduciu ó galego varios libros de literatura infantil publicados por Edicións do Cumio, editorial na que traballou durante cinco anos.

Ademais de poeta, María Lado é narradora. Varios dos seus relatos pódense atopar en revistas e colaboracións. Colabora no disco Finais dos 70s, comezos dos 80s, de Fanny + Alexander, recitando o poema Berlín, da súa creación.

Tamén se dedica ao teatro e realiza traballos profesionais como actriz. No 2012 participou na obra Oeste solitario de Martin McDonagh.

En 2019 colabora na publicación dixital Vinte con Lucía Aldao e Iria Pinheiro na sección Ti fai o que eu che diga.[5]

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Con Lucía Aldao (Aldaolado):

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
  • Porque Cuqui non quere ir á lavadora. Conto moi importante para lerlles aos maiores antes de durmir (Apiario, 2014).
  • Rosalía de Castro (Urco Editora, 2016).

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Entre os dous hai un río - Calvario/Lavadores (Editorial Elvira, 2016).

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Cando escoito o teu corazón, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
  • Historia dun compás, de Mónica Gozalbo Felip (Edicións do Cumio, 2008).
  • Quen son eu?, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
  • Soñei que era unha árbore, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
  • Tan grandes, tan pequenos, de Tere Puig (Edicións do Cumio, 2008).
  • Un descenso ao Maelström. Sombra, de Edgar Allan Poe (Edicións do Cumio, 2009). Con Susana Rodríguez Barcia.
  • Alicia no País das Marabillas, de Lewis Carroll (Edicións do Cumio, 2010).
  • De acuarelas por Santiago, de Eduardo Baamonde (Edicións do Cumio, 2010).

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  1. "María Lado". www.aelg.gal. Consultado o 28 de febreiro 2019. 
  2. "María Lado y Lucía Aldao inauguran mañana el ciclo de poesía En femenino" (en castelán). Una pieza híbrida y poco convencional en la que se mezcla la poesía desenfada, la música y el performance 
  3. La Voz de Galicia, de 31-3-2015.
  4. La Opinión, de 11-4-2015.
  5. "Ti fai o que che diga". Vinte. Consultado o 15 de febreiro de 2019. 
  6. "Berlín" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de novembro de 2008. Consultado o 19 de novembro de 2007. 
  7. Vázquez Porto, Lorena (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "Imaxe e desexo". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 91–92. ISSN 0017-4181. 
  8. "Caramomia - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-11-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]