Mariano Gamir Ulibarri
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2021.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1877 Madrid, España |
Morte | 28 de xullo de 1962 (84/85 anos) Valparaíso de Abajo, España |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Período de actividade | 1893 - |
Carreira militar | |
Lealdade | Bando republicano |
Rama militar | Exército de Terra de España |
Rango militar | xeneral de brigada |
Conflito | guerra civil española |
Familia | |
Pais | José Gámir y Maladén e Emilia Ulibarri Bote |
Irmáns | Emilio Gámir y Ulibarri |
Mariano Gamir Ulibarri, nado en Madrid en 1877 e finado en Valparaíso de Abajo (Cuenca) en 1962, foi un militar español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado na Escola Militar de Toledo, da que logo foi director, era xeneral no tempo da sublevación militar que o 17 de xullo de 1936 deu orixe á guerra civil española, participando como xefe da brigada de infantaría da III División orgánica na detención e esmagamento da sublevación en Valencia onde estaba destinado, no bando republicano.
Despois dirixiu operacións na zona do río Alfambra durante a Batalla de Teruel. Destinado na fronte, tivo que retirarse en Bilbao e estivo ao mando do Exército do Norte na batalla de Santander do 14 de agosto ao 1 de setembro de 1937[1]. Cesado 'de facto' para dirixir novas operacións militares, enviouselle á inspección de Ensinanza Militar e a Cataluña como parte do grupo de militares españois que organizou a saída das Brigadas Internacionais en 1938. No final da guerra fuxiu a Francia onde residiu ata 1955, ano en que regresou a España por non ter xa condenas pendentes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O titular antes da batalla do mando do Exército do Norte era o xeneral Francisco Llano de la Encomienda