Marlon Maxey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1969 (55 anos) Chicago, Estados Unidos de América |
Educación | Julian High School (en) Universidade de Minnesota (pt) |
Altura | 203 cm |
Peso | 114 kg |
Actividade | |
Ocupación | baloncestista |
Período de actividade | 1992 - 2001 |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | baloncesto |
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association |
Posición de xogo | Ala-pivote |
Convocado por | Minnesota Timberwolves |
Marlon Lee Maxey, nado o 19 de febreiro de 1969 en Chicago, Illinois, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense formado nas Universidades de Minnesota e UTEP. Foi elixido no Draft da NBA de 1992 polos Minnesota Timberwolves, onde xogou dúas tempadas. Logo xogaría ao Breogán de Lugo e xogaría xa o resto da súa carreira en Europa, principalmente na liga grega. Cunha altura de 2,05 metros xogaba na posición de ala-pivote.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Tras pasar un ano no que apenas xogou cos Golden Gophers da Universidade de Minnesota,[1] xogou durante tres tempadas máis cos Miners da Universidade de Texas-El Paso, nas que fixo unha media de 12,1 puntos e 6,8 rebotes por partido. Na súa última tempada foi incluído no mellor quinteto da Western Athletic Conference.
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido na vixésimo oitava posición do Draft da NBA de 1992 polos Minnesota Timberwolves,[2] cos que asinou por catro tempadas, aínda que finalmente só disputaría dous cos Wolves, sempre como un dos últimos xogadores en saír á pista. A súa mellor campaña foi a primeira, na que fixo unha media de 5,4 puntos e 3,8 rebotes por partido.
Tras quedar sen equipo, xa en 1995 márchase a xogar ao baloncesto europeo, fichando polo Breogán de Lugo, da liga ACB, onde acaba a tempada cunha media de 19,3 puntos e 8,8 rebotes por partido. Tamén conseguiría o récord da ACB de mates nun só partido (compatido con Maceo Baston) tras conseguir facer oito contra o Coren Ourense. Ao ano seguinte marcharíase a xogar á liga grega, onde permanecería catro tempadas en tres equipos diferentes, o Gymnastikos S. Larissas, o Peristeri e o Iraklis Thessaloniki.
En 1999 ficha polo ASVEL Lyon-Villeurbanne da liga francesa, regresando ao ano seguinte á ACB da man do Lucentum Alicante, pero só disputa 9 partidos antes de ser cortado, promediando 11,1 puntos e 6,1 rebotes. Acabaría a tempada e a súa carreira deportiva no Galatasaray da liga turca.
Equipos
[editar | editar a fonte]- Minnesota Timberwolves (NBA, 1992–1994)
- Breogán Lugo (ACB, 1995)
- Gymnastikos S. Larissas (A1, 1995–1996)
- Peristeri (A1, 1996−1997)
- Iraklis Thessaloniki (A1, 1996−1997)
- Peristeri (A1, 1998−1999)
- ASVEL Villeurbanne (LNB, 1999−2000)
- Lucentum Alicante (ACB, 2000−2001)
- Galatasaray (TBL, 2001)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1969
- Nados en Chicago, Illinois
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores do Club Baloncesto Breogán
- Xogadores do Gymnastikos S. Larissas
- Xogadores do Peristeri BC
- Xogadores do Iraklis Thessaloniki BC
- Xogadores do ASVEL Lyon-Villeurbanne
- Xogadores do CB Lucentum Alicante
- Xogadores do Galatasaray SK (baloncesto)