Saltar ao contido

Desoxiuridina monofosfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Monofosfato de desoxiuridina»)
Desoxiuridina monofosfato
Identificadores
Número CAS 964-26-1
PubChem 688
ChemSpider 58574
MeSH 2'-deoxyuridine-5'-monophosphate
ChEMBL CHEMBL211312
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C9H13N2O8P
Masa molecular 308,182

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A desoxiuridina monofosfato ou monofosfato de desoxiuridina, abreviado como dUMP, é un nucleótido que non forma parte dos ácidos nucleicos e que ten como misión intervir na biosíntese de nucleótidos. A molécula está formada polo azucre desoxirribosa enlazado coa base nitroxenada uracilo por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 1 da base, e un fosfato esterificado no carbono 5'.

Os nucleótidos con uracilo teñen normalmente ribosa, polo que son ribonucleótidos, e o UMP é o nucleótido distintivo do ARN. Non obstante, o dUMP, aínda que pouco común, existe tamén na célula e a súa misión é intervir como intermediario da síntese do desoxirribonucleótido dTMP (tamén chamado TMP). Tamén existe na mesma ruta metabólica o dUDP. As reaccións nas que están implicados son as seguintes[1]:

UDP + tiorredoxina reducida dUDP + tiorredoxina oxidada + H2O
dUDP + H2O dUMP + Pi
dUMP + N5N10-metilentetrahidrofolato dTMP + dihidrofolato
  1. Lehninger A. Principios de bioquímica. (1988). Omega. Páxina 633. ISBN 84-282-0738-0

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]