Navajeros
Navajeros | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Navajeros |
Director | Eloy de la Iglesia |
Produtor | Pepón Coromina Enrique Gómez Vadillo Isela Vega |
Guión | Gonzalo Goicoechea Eloy de la Iglesia |
Intérpretes | José Luis Manzano Isela Vega Verónica Castro Jaime Garza Enrique San Francisco María Martín José Sacristán José Manuel Cervino Ramón Reparaz Alfred Lucchetti José Luis Fernández "Pirri" Pep Corominas |
Fotografía | Antonio Cuevas |
Estrea | 6 de outubro de 1980 (ES) |
Duración | 95 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Navajeros é unha película dramática española de 1980 dirixida por Eloy de la Iglesia, e protagonizada por José Luis Manzano. Foi filmada en Madrid e estreada o 6 de outubro de 1980 en España.
Resumo do argumento
[editar | editar a fonte]A película, ambientada no ano 1980, está centrada na vida de El Jaro, un mozo delincuente habitual fillo dunha prostituta e que procede dun dos barrios marxinais das aforas de Madrid.
Trátase dun momento de difícil acceso ao emprego xa que España conta con máis dun millón e medio de parados. Para subsistir nesta difícil situación El Jaro e a súa banda non dubidan en cometer roubos e atracos por todo Madrid e así conseguir diñeiro dunha forma fácil e rápida. Dada a súa curta idade (El Jaro, por exemplo, só ten quince anos) cada vez que son capturados pola policía son encerrados no reformatorio do que non tardan en fugarse para seguir cometendo delitos.
Entre delitos, unha prostituta xa entrada en anos namorarase de El Jaro e acólleo na súa casa para "protexelo". Malia isto, El Jaro confésalle que el namorouse dunha moza máis nova que ela. Mentres El Jaro está en prisión a prostituta decátase de que deixou embarazada á súa noiva e cando este sae do cárcere acolle a ambos dous no seu apartamento, onde a convivencia entre os tres vólvese insoportable.
Os delitos e pelexas vanse solapando co mundo das drogas ata que nun dos seus atracos o Jaro morre vítima de dous disparos, un no tórax e outro na cabeza, xusto o mesmo día en que nace o seu fillo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- José Luis Manzano — El Jaro
- Isela Vega — Mercedes
- Verónica Castro — Toñi
- Jaime Garza — El Butano
- Enrique San Francisco — El Marqués
- María Martín — Nai de El Jaro
- José Sacristán — Xornalista
- José Manuel Cervino — Lara
- Ramón Reparaz — Comisario
- Alfred Lucchetti — Cidadán armado
- José Luis Fernández "Pirri" — El Nene
- Pep Corominas — Johnny