Nickeil Alexander-Walker
(2023) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2 de setembro de 1998 (26 anos) Toronto, Canadá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Instituto Politécnico e Universidade Estadual da Virgínia (pt) Vaughan Secondary School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 205 lb | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2019 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA, National Basketball Association e NBA G League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | New Orleans Pelicans, 17º (2019) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parentes | Shai Gilgeous-Alexander, curmán | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nickeil Alexander-Walker, nado o 2 de setembro de 1998 en Toronto, Ontario, é un xogador de baloncesto profesional canadense que xoga nos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]O 20 de xuño de 2019, Alexander-Walker foi escollido na 17ª posición do Draft da NBA de 2019 polos Brooklyn Nets, e os seus dereitos foron traspasados ós Atlanta Hawks xunto a Allen Crabbe e unha elección da primeira rolda do Draft de 2020, a cambio de Taurean Prince e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021.[1] Ese mesmo día, Alexander-Walker foi traspasado de novo, desta vez ós New Orleans Pelicans xunto ós dereitos da 8ª elección Jaxson Hayes, os dereitos da 35ª elección Marcos Louzada Silva e unha elección da primeira rolda do Draft de 2020, a cambio dos dereitos da cuarta elección do Draft De'Andre Hunter e Solomon Hill. O traspaso fíxose oficial o 7 de xullo de 2019.[2] O día seguinte, Alexander-Walker asinou cos Pelicans.[3] Debutou na NBA cos Pelicans o 22 de outubro de 2019, na derrota de New Orleans por 130–122 contra os Toronto Raptors.[4]
O 8 de febreiro de 2022, Alexander-Walker foi traspasado xunto a Josh Hart, Tomáš Satoranský, Didi Louzada e unha elección da primeira rolda do Draft de 2022 ós Portland Trail Blazers a cambio de CJ McCollum, Larry Nance Jr. e Tony Snell.[5] Un día máis tarde, Alexander-Walker foi traspasado de novo, desta vez ós Utah Jazz nun traspaso entre tres equipos.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Atlanta Hawks Acquire Allen Crabbe And Conditional 2020 First-Round Pick From Brooklyn Nets". NBA.com. 6 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019.
- ↑ "Pelicans acquire rights to Alexander-Walker, Hayes, Silva". NBA.com. 7 de xullo de 2019.
- ↑ "Pelicans sign Hayes and Alexander-Walker". NBA.com. 7 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019.
- ↑ "VanVleet scores career-high 34, Raptors top Pelicans 130–122". ESPN.com. 22 de outubro de 2019. Consultado o 22 de outubro de 2019.
- ↑ "Trail Blazers Complete Trade With New Orleans" (Nota de prensa). Portland Trail Blazers. 8 de febreiro de 2022.
- ↑ "Jazz Acquire Alexander-Walker and Hernangomez". NBA. Consultado o 9 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference Arquivado 24 de outubro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)