Oligoceno
Era [1] | Período | Época | Millóns de anos |
---|---|---|---|
Cenozoico | Cuaternario | Holoceno | 0,011784 |
Plistoceno | 2,588 | ||
Neóxeno | Plioceno | 5,332 | |
Mioceno | 23,03 | ||
Paleóxeno | Oligoceno | 33,9 ±0,1 | |
Eoceno | 55,8 ±0,2 | ||
Paleoceno | 65,5 ±0,3 |

O oligoceno, unha división da escala temporal xeolóxica, é a terceira e última época xeolóxica do período paleóxeno na era cenozoica.
Comezou hai 33,9 ± 0,1 millóns de anos e finalizou hai 23,03 millóns de anos.[2][3]
O oligoceno considérase a miúdo como un momento de transición entre o mundo tropical arcaico do eoceno e os ecosistemas de aspecto máis moderno do mioceno.[4] O cambio máis significativo dos ecosistemas do oligoceno foi a expansión global dos pasteiros e unha regresión dos bosques tropicais da franxa ecuatorial.
O comezo do oligoceno está marcado por un grande evento de extinción, unha substitución da fauna de Europa por outra de Asia, excepto para as familias endémicas de roedores e marsupiais, coñecida como a "Gran Ruptura de Stehlin". O límite oligoceno-mioceno non está marcado por un evento tan facilmente identificábel, senón máis ben por límites rexionais entre o máis cálido oligoceno tardío e o relativamente frío mioceno. A extinción que tivo lugar no oligoceno non foi moi severa, pero eliminou os enormes Titanotheres.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome oligoceno, cuñado polo xeólogo alemán Heinrich Ernst von Beyrich provén das palabras gregas ὀλίγος olígos, 'pouco' e καινός kaínos, 'novo', 'recente', e fai referencia á escaseza de novos grupos modernos de mamíferos en comparación coa explosión evolutiva que estes animais tiveron no eoceno.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]A Comisión Internacional de Estratigrafía recoñece as seguintes idades/pisos do oligoceno:[2][3]
- Rupeliano: comezou hai 33,9 ± 0,1 millóns de anos co final da Grande Coupure, un episodio de extincións, de cambios faunísticos e de abundante especiación, sobre todo entre os mamíferos. Estratigraficamente, o seu inicio está marcado por foraminíferos planctónicos e a extinción do xénero Hantkenina. Acabou hai 28,4 ± 0,1 millóns de anos e o seu nome, acuñado en 1850 polo geólogo belga André Hubert Dumont, fai referencia ao Rupel, un río do norte de Bélxica, afluente do Escalda.[5]
- Chattiano: empezou hai 28,4 ± 0,1 millóns de anos. Estratigraficamente, o seu inicio está marcado por foraminíferos planctónicos e pola extinción do xénero Chiloguembelina. Durante este período tivo lugar a maior erupción volcánica individual coñecida: a erupción de Fish Canyon en La Garita.[6] que sucedeu hai 27,51 millóns de anos.[7] Esta idade xeolóxica acabou hai 23,03 ± 0,1 millóns de anos e o seu nome, acuñado en 1894 polo xeólogo alemán Theodor Fuchs, fai referencia aos Chatti, unha tribo da antiga Xermania.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ As cores corresponden aos códigos RGB aprobados pola Comisión Internacional de Estratigrafía. Dispoñíble no sitio da International Commision on Stratigraphy, en «Standard Color Codes for the Geological Time Scale».
- ↑ 2,0 2,1 Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
- ↑ 3,0 3,1 International Stratigraphic Chart, 2008
- ↑ Haines, Tim; Walking with Beasts: A Prehistoric Safari, (New York: Dorling Kindersley Publishing, Inc., 1999)
- ↑ Rohde, Robert A. (2005): "Rupelian ICS Stage" en GeoWhen Database International Commission Stratigraphy.
- ↑ Mason, Ben G.; Pyle, David M. e Openheimer, Clive (2004): "The size and frequency of the largest explosive eruptions on Earth", Bulletin of Volcanology, 66 (8): 735-748
- ↑ Lanphere, Marvin A. e Baadsgaard, H. (2001): "Precise K-Ar, 40Ar/39Ar, Rb-Sr and U/Pb mineral ages from the 27.5 Mi Fish Canyon Tuff reference standard", Chemical Geology, 175 (3-4): 653-671
- ↑ Rohde, Robert A. (2005): "Chattian ICS Stage" en GeoWhen Database International Commission on Stratigraphy.
Véaxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oligoceno |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Holmes, T. (2008): Age of Mammals: The Oligocene and Miocene Periods. Chelsea House Publications. ISBN 978-0-8160-5964-5
- Prothero, D. (1994): The Eocene-Oligocene Transition: Paradise Lost. Columbia University Press. ISBN 0-231-08091-3
- Prothero, D. e Emry, R. (1996): The Terrestrial Eocene-Oligocene Transition in North America. Cambridge University Press. ISBN 0-521-43387-8
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Oligoceno La deriva continental (Proyecto Celestia) (en castelán)
- Oligocè. Fauna i flora (en catalán)
- Clima do oigoceno (en inglés)
- Follas fósiles do oligoceno (en inglés)
- Peixes fósiles do oligoceno (en inglés)