Saltar ao contido

Ostsiedlung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ostsiedlung, tamén coñecida como a expansión alemá cara ao leste, designa a colonización alemá de Europa central e oriental que comezou no século XII e rematou no século XV.

Primeiros movementos no século XII

[editar | editar a fonte]

A poboación alemá creceu durante a Alta Idade Media estimulando os movementos de poboación de Renania, Flandres e Saxonia, sendo territorios do Sacro Imperio Romano Xermánico, facendo asentamentos entre os ríos Elba e Saale e nas rexións báltica e polaca, entón poboadas por eslavos e - na rexión báltica - pobos bálticos.[1] Estes movementos foron apoiados pola nobreza alemá, os reis polacos, os duques e a Igrexa medieval, e leváronse a cabo sen que os grupos étnicos bálticos o soubesen.

Baixa Idade Media

[editar | editar a fonte]

O Reino de Prusia tivo as súas raíces nestes movementos. A finais da Idade Media, os cabaleiros teutóns, que foran enviados ao norte de Polonia por Conrado de Masovia, integraran gran parte das costas bálticas. Foron derrotados polo exército polaco en 1410 e 1466. Convertéronse nun feudo polaco en 1466.[2]

A mediados século XIV, o proceso de colonización foi atrasado pola peste negra, e rematou despois da derrota dos cabaleiros teutóns no século XV. Aínda máis, case todas as terras agrícolas xa foran ocupadas.

Idade Moderna

[editar | editar a fonte]

Despois da división de Polonia por Prusia, Austria e o Imperio Ruso en 1772, 1793 e 1795, o Reino de Prusia apoderouse de gran parte do Occidente polaco. Nesta situación, comezou un novo período de colonización, aínda cando non tentaron "xermanizar" os seus novos territorios, que estaban densamente poboados.

Século XX

[editar | editar a fonte]

Despois da primeira guerra mundial, Polonia, no período de expansionismo nacionalista de Józef Piłsudski, tivo que emigrar do seu territorio unha poboación alemá bastante numerosa levando a cabo unha política asimiladora.

A expulsión masiva de poboacións de Alemaña Oriental despois da segunda guerra mundial, entre 1945 e 1948 baseouse nas decisións da conferencia de Potsdam, con respecto á Liña Oder-Neisse. A fronteira oriental de Alemaña foi redeseñada como estaba no ano 1181. Aínda que algúns territorios eslavos históricos entre a liña Oder-Neisse e o río Elba permaneceron dentro do territorio alemán, ao redor de 15 millóns de alemáns das históricas provincias do leste foron expulsados e enviados á República Federal de Alemaña ou á República Democrática Alemá, invertíndose case por completo os resultados da antiga colonización alemá.

  1. Wallbank and Schrier, Living World History, pp. 193
  2. Sebastian Haffner, Preußen ohne Legende. Goldmann Stern-Bücher, München 1981, pp. 6–10 (en alemán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]