Pé (anatomía)
En anatomía, o pé é unha estrutura biolóxica utilizada para a locomoción que se atopa en moitos animais. As súas características varían dun animal a outro.
Nos animais vertebrados, o pé é unha das estruturas máis complexas do corpo, con numerosos ósos, músculos e outros tecidos conectivos.
O pé humano
[editar | editar a fonte]O pé está dividido en tres partes:
- Falanxe proximal ou falanxe (x5)
- Falanxe media ou falanxina (x5)
- Falanxe distal ou falanxeta (x4; o dedo gordo só ten 2 falanxes)
O podólogo é o especialista do pé e ocúpase das patoloxías desta zona do corpo.
Tipos de pé no ser humano
[editar | editar a fonte]Distínguense tres tipos:
- Pé grego: así chamado porque se observa nas estatuas da época clásica: a segunda deda é a máis longa despois da deda gorda, e a terceira practicamente mide o mesmo, e a cuarta e a quinta dedas son máis pequenas. Neste tipo de pé as cargas distribúense mellor sobre a parte dianteira do pé.
- Pé polinesio ou cadrado: como o que se observa nos cadros de Gauguin: as dedas son case todas iguais e están á mesma altura.
- Pé exipcio: visible nas estatuas dos faraóns: a deda gorda é a máis longa e as outras séguenlle por tamaño e orde decrecentes. É o tipo de pé máis exposto, xa que se sobrecarga máis co calzado e predispón a xoanetes (hallux valgus) e á artrose metatarsofalánxicas (hallux rígidus).
Pés nos animais
[editar | editar a fonte]As características dos pés varían dun animal a outro. Moitos vertebrados que teñen pernas tamén posúen pés situados no seu extremo inferior. Para estes animais, o pé é unha complexa estrutura de ósos, músculos e outros tecidos conectivos.
O pé que máis se acerca ao do pé humano na escala animal é o dos mamíferos, pero é menos ancho e menos longo e forma máis saliente por detrás (excepto os cuadrúmanos e os mamíferos mariños). Entre os carnívoros, os osos e outros animais semellantes teñen a planta do pé particularmente desenvolvida, que é de onde vén a antiga distinción entre animais plantígrados e dixitígrados
Nos animais esencialmente andadores ou que deben soportar unha masa considerábel, os dedos diminúen en número e lonxitude. Así vemos que:
- os pés do cabalo están formados por un único dedo chamado pezuño
- os ruminantes posúen catro dedos pero só apoian dos no chan
- o elefante ten cinco pero moi curtos
Nas aves, a metade do tarso está soldada coa tibia e a outra co metatarso. Estes animais soamente apoian no chan as falanxes.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diccionario enciclopédico popular ilustrado Salvat (1906-1914)