Partido Comunista Alemán
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Partido Comunista Alemán Deutsche Kommunistische Partei | |
---|---|
Partido político de Alemaña | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Patrik Köbele |
Filiación internacional | Partido da Esquerda Europea |
Historia | |
Fundación | 1968 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Eurocomunismo, Marxismo-leninismo |
Outros datos | |
Sede | Essen |
Publicación | Unsere Zeit |
Na rede | |
http://www.dkp.de/ | |
O Partido Comunista Alemán (DKP, en alemán: Deutsche Kommunistische Partei) é un partido comunista marxista-leninista fundado na Alemaña Occidental en 1968 como substituto do Partido Comunista de Alemaña (KPD), ilegalizado polo Tribunal Federal en 1956.
Historia
[editar | editar a fonte]O DKP foi fundado na Alemaña Occidental (RFA) en 1968 co fin de ocupar o espazo político deixado polo Partido Comunista de Alemaña despois da súa ilegalización polo Tribunal Constitucional Federal en 1956. Durante a guerra fría, o DKP recibía a maior parte dos seus fondos do Partido Socialista Unificado de Alemaña (SED), que detentaba o poder na Alemaña Oriental desde o fin da segunda guerra mundial. Após a reunificación, o DKP entrou nunha época de decadencia, perdendo apoio popular e militantes até unha décima parte dos que tiña na época anterior á unificación. Un gran número de militantes do partido abandonárono para unirse ao Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), nado naquela época como sucesor do SED.
Actualidade
[editar | editar a fonte]O DKP é hoxe un partido minoritario. Canto á súa filiación internacional, fai parte, como membro, da Esquerda Anticapitalista Europea e, en calidade de observador, do Partido da Esquerda Europea. Mantén, por outra banda, un semanario afín, o unsere Zeit. En 2005, o seu líder Heinz Stehr pediu o voto para a coalición Die Linkspartei, formada polos excomunistas da Alemaña Oriental (PDS) e a escisión do SPD liderada por Oskar Lafontaine.