Partido Comunista de Bulgaria
Partido Comunista de Bulgaria Българска комунистическа партия | |
---|---|
Partido político de Bulgaria | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Petar Mladenov |
Mocidades | Liga Xuvenil de Traballadores |
Filiación internacional | Comintern (1919–1943), Cominform (1948–1956) Federación Comunista Balcánica (1921–1939) |
Historia | |
Fundación | 28 de maio de 1919 |
Disolución | 3 de abril de 1990 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo Marxismo-Leninismo |
Publicación | Xuventude Comunista dos Traballadores |
O Partido Comunista de Bulgaria foi un partido político búlgaro de ideoloxía marxista-leninista[1] que gobernou a República Popular de Bulgaria en carácter de partido único entre 1946 e 1990, cando se renomeou a si mesmo como Partido Socialista Búlgaro.[2] Dende 1954 ata 1989, dirixiu o partido Todor Zhivkov, un gran defensor da Unión Soviética que mantivo estreitas relacións con ese país durante o mandato de Leonid Brezhnev. O seu goberno logrou unha relativa estabilidade política e un aumento nos niveis de vida.[3]
No ámbito das Revolucións de 1989, Zhivkov presentou a súa dimisión, sendo substituído por Petar Mladenov.[4] O partido adoptou unha posición máis moderada, abandonando o marxismo-leninismo en 1990 e renomeándose como Partido Socialista Búlgaro.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bulgarian Communist Party (BCP)". The Great Soviet Encyclopedia (en inglés). 1979. Consultado o 5 de abril de 2012.
- ↑ "BULGARIA: A REPÚBLICA POPULAR DE BULGARIA". Todo Atlas. Consultado o 5 de abril de 2012.
- ↑ Library of Congress Country Studies. "Bulgaria. Domestic Policy and Its Results" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2012.
- ↑ "O Parlamento búlgaro elixe presidente a Petar Mladenov". El País. 4 de abril de 1990. Consultado o 5 de abril de 2012.