Saltar ao contido

Privilege Style

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Privilege Style
IATA
P6
OACI
PVG
Indicativo
PRIVILEGE
Fundación2003
Aeroporto principalaeroporto de Madrid-Barajas
Frota4
DirixentesChema Álvarez
Páxina web: http://www.privilegestyle.com

Privilege Style é unha aeroliña chárter española coa súa sede en Palma de Mallorca e baseada no aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas. O seu presidente é o trivés Chema Álvarez e o nome dalgúns dos seus avións fan referencia á súa procedencia. O seu avión máis recente, un Boeing 777-200ER, foi bautizado como "Auria", o seu Boeing 767-300ER recibiu o nome de Eduardo Barreiros, homenaxeando ao empresario ourensán, e un dos Boeing 757-200 chámase "Milagros Díaz", igual que a nai do presidente[1][2]

Privilege Style opera voos chárter no nome doutras aeroliñas, turoperadores, equipos deportivos ou clientes VIP.

Boeing 777-200ER "Auria"

En abril de 2018 a frota de Privilege Style estaba formada polos seguintes avións:[3]

Frota de Privilege Style
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Boeing 737-800 1[4]
Boeing 757-200 2 200 200 O EC-HDS chamado "Milagros Díaz", na honra da nai de Chema Álvarez
Boeing 767-300ER 1 18 225 243 Bautizado como "Eduardo Barreiros"
Boeing 777-200ER 1 28 271 299 Bautizado como "Auria"
Total 4 1
  1. Galicia Press (ed.). "Privilege Style, del ourensano Chema Alvarez, bautiza su Boeing 777, con el nombre de "Auria"". Consultado o 15 de maio de 2018. 
  2. CRTVG (ed.). "O empresario aéreo galego Chema Álvarez ponlle o nome de Eduardo Barreiros ao novo avión da compañía". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2018. Consultado o 15 de maio de 2018. 
  3. Planespotters (ed.). "Privilege Style Fleet Details and History". Consultado o 15 de maio de 2018. 
  4. ch-aviation (ed.). "Spain's Privilege Style to add maiden B737 in 4Q19". Consultado o 15 de maio de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]