Río Guadalentín
Tipo | río curso de auga | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Rexión de Murcia, España e España | |||
Localización | Puentes dam (en) | |||
Final | ||||
División administrativa | Provincia de Xaén, España | |||
Localización | Río Segura | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | conca do Segura | |||
Características | ||||
Dimensións | 121 () km | |||
Medicións | ||||
Caudal | 0,1 m³/s | |||
O Guadalentín, coñecido tamén como Sangonera, é un río do sueste da Península Ibérica que transcorre pola provincia de Almería e a Rexión de Murcia cun curso de 121 km. É o principal afluente pola dereita do río Segura.
O seu nome ven do árabe Oued al Iznain, «segundo río», ou Oued al Lentin, «río de lodo».
Curso
[editar | editar a fonte]Nace na Serra de María, na provincia de Almería. Recibe á rambla de Chirivel no Pantano de Pontes, xa na Rexión de Murcia. No mesmo pantano desembocan os ríos Luchena e Turrilla, e dende alí diríxese ao sueste pasando por Lorca, onde entra no amplo val do Guadalentín orixinado por unha foxa tectónica, cambiando o rumbo cara ao nordés. Recibe á rambla Nogalte, que pasa por Puerto Lumbreras, para discorrer despois polos termos de Totana, Alhama de Murcia e Librilla, recibindo tan só a achega de diversas ramblas. Na pedanía do Paretón de Totana comeza unha canle alternativa que desvía as súas augas, en caso de enchentes, cara á rambla de las Moreras, de Mazarrón, de modo que se reduza o caudal no seu curso baixo e a achega ao Segura minimizando o perigo de inundacións.
Únese ao río Segura na Huerta de Murcia, dentro do termo municipal de Murcia, na localidade de Beniaján e augas abaixo da capital. Faino por medio dunha canle artificial chamada canle do Reguerón, singular obra de enxeñaría proxectada no século XVIII por Sebastián Feringán, enxeñeiro militar director das obras do Arsenal de Cartagena, co fin de previr as avenidas xa que a confluencia orixinal estaba augas arriba da cidade de Murcia. Existe unha canle alternativa denominada Reguerón Viejo, que desvía as augas do Guadalentín en época de crecida ata un punto máis baixo, xa na provincia de Alacant, evitando así as inundacións na súa afluencia co Segura, o que afecta directamente ás poboacións de Beniel e Orihuela.
Caudal
[editar | editar a fonte]O caudal do Guadalentín é moi variable, sendo capaz de pasar dunha sequidade extrema á maior das enchentes en apenas cuestión de horas. Por iso é coñecido como «o río máis salvaxe de Europa».[1] Sen afluentes de importancia, pode clasificarse como un río-rambla da zona árida do sueste peninsular. O seu reducido réxime permanente é retido nos pantanos lorquinos de Puentes e Valdeinfierno, onde as augas embalsadas se aproveitan para o regadío.
Como consecuencia de chuvias torrenciais, o Guadalentín alcanza periodicamente caudais espectaculares que causan grandes danos no seu val.