Ramón López Facal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 (71/72 anos) Toba, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | investigador |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela (2010–) |
Participou en | |
11 de xuño de 2018 | manifesto «Anovar o pacto constitucional» |
Familia | |
Cónxuxe | Marilar Aleixandre |
Irmáns | Xan López Facal Javier López Facal |
Ramón Vicente López Facal, nado en Toba (Cee) en 1952, é un historiador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi profesor de ensino medio durante 35 anos e profesor asociado no departamento de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. Despois foi profesor de Didáctica das Ciencias Sociais na USC.
É membro da asociación Sine Nomine, promotora da renovación dos métodos de ensino das Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, e coautor de diversas publicacións sobre historia contemporánea e didáctica da historia.
Forma parte dos consellos das revistas Enseñanza de las Ciencias Sociales, Revista de Investigación; Revista de Educación (MEC); Íber; Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales; Educatio Siglo XXI; Revista Galega de Educación; Le Cartable de Clio (Suíza); Clío & Asociados (Arxentina).
Obras
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- De la idea a la identidad: estudios sobre nacionalismos y procesos de nacionalización, con M. Cabo (2012).
- “Los «conflictos candentes» en el aula”, Íber, 69, con V. Santidrián (2011)
- “Nacionalismos y europeísmos en los libros de texto: Identificación e identidad nacional”, Clío & Asociados, 14, Non V. Santidrián (2010).
- “Identities, social representations and critical thinking”, Cultural Studies of Science Education, 4, con M. P. Jiménez (2009).