Rexión de Friburgo
Epónimo | Friburgo | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baden-Württemberg | ||||
Capital | Friburgo | ||||
Contén a división administrativa | Breisgau-Hochschwarzwald (pt) Emmendingen (pt) Friburgo Konstanz (pt) Lörrach (pt) Ortenau Rottweil (pt) Schwarzwald-Baar-Kreis (pt) Tuttlingen (pt) Waldshut (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9.347 km² | ||||
Altitude | 850 m | ||||
Creación | 31 de decembro de 1972 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Código NUTS | DE13 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 083 | ||||
Páxina web | rp.baden-wuerttemberg.de… | ||||
A Rexión de Friburgo (en alemán Regierungsbezirk Freiburg) é unha das catro rexións administrativas (Regierungsbezirk) do estado de Baden-Württemberg, Alemaña, localizada ao suroeste do Land. A súa capital é a cidade de Friburgo.
Subdivídese en tres subrexións ou asociacións rexionais (Regionalverband): Hochrhein-Bodensee, Schwarzwald-Baar-Heuberg e Südlicher Oberrhein.
Ten unha área de 9.347 km² e unha poboación de 2.198.354 habitantes (2008).
Xeografía
[editar | editar a fonte]A rexión de Friburgo atópase ao suroeste do estado de Baden-Württemberg e foi chamada até o 31 de decembro de 1972 rexión de Suedbaden. Limita ao sur con Suíza, ao oeste con Alsacia, ao norte coa rexión de Karlsruhe e ao leste coa rexión de Tubinga. A súa extensión e límites actuais foron definidos na reforma territorial e administrativa do 1 de xaneiro de 1973.
Kreise (distritos) |
Kreisfreie Städte (cidades independentes) |
---|---|
Política
[editar | editar a fonte]Os presidentes da rexión de Friburgo, dende 1967, foron:
- 1967 - 1979: Hermann Person
- 1979 - 1991: Norbert Nothelfer
- 1991 - 1998: Conrad Schröder
- 1998 - 2008: Sven von Ungern-Sternberg
- 2008 - 2012: Julian Würtenberger
- 2012 - :Bärbel Schäfer
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en alemán)