Saltar ao contido

Roger Kornberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Roger D. Kornberg»)
Modelo:BiografíaRoger Kornberg

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Roger David Kornberg Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de abril de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
St. Louis, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Stanford - Doutor en filosofía (–1972)
Universidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Director de teseHarden McConnell (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía estrutural e Bioquímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbioquímico, profesor universitario, químico, biólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoGrant Jensen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisArthur Kornberg Editar o valor en Wikidata  e Sylvy Kornberg Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Roger David Kornberg, nado en St. Louis (Missouri) o 24 de abril de 1947, é un bioquímico estadounidense e profesor de bioloxía estrutural na Facultade de Medicina da Universidade Stanford.

Kornberg foi galardoado co Premio Nobel de Química en 2006 polos seus estudos do proceso mediante o cal a información xenética do ADN se copia no ARN. Seu pai, Arthur Kornberg, que tamén foi profesor na Universidade Stanford, foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1959.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Kornberg naceu no seo dunha familia xudía. Foi o primeiro de tres fillos do bioquímico Arthur Kornberg e a súa dona, Sylvy, colaboradora súa. Kornberg obtivo a licenciatura en Química pola Universidade Harvard en 1967 e o doutoramento en fisicoquímica pola Universidade Stanford en 1972. Ao rematar a súa tese de doutoramento, fíxose investigador posdoutoral no laboratorio de Bioloxía Molecular de Cambridge (Inglaterra).

Descubertas científicas

[editar | editar a fonte]

Todos os organismos están controlados mediante os seus xenes, que están codificados co ADN. O ADN atópase no núcleo das células. Cando unha célula manifesta un xene copia (transcribe) a secuencia do ADN dese xene na secuencia do ARN mensaxeiro (ARNm). O ARNm sae do núcleo e transpórtase ata os ribosomas. Entón, os ribosomas len o ARNm e traducen o código creando os correspondentes aminoácidos que compoñen as proteínas.

O ADN transmítese ao ARNm mediante dunha enzima, ARN polimerase II, e outras moitas proteínas. Por medio de lévedo, Kornberg identificou o papel da polimerase II do ARN e doutras proteínas na transcrición do ADN. Polimerase II úsase en tódolos organismos eucariontes, incluíndo aos humanos, para transcribir ADN.

Kornberg e o seu grupo de investigación fixeron varios descubrimentos fundamentais relativos aos mecanismos e á regulación da transcrición eucariótica. Durante os anos 70, Kornberg descubriu, xunto con varios colaboradores, o nucleosoma como a estrutura básica onde se empaqueta o ADN nuclear das células eucarióticas. Kornberg atopou que o nucleosoma contén ADN (aproximadamente 200 pares de bases) enrolado nun octámeto de histonas.

O grupo de investigación de Kornberg en Stanford desenvolveu con éxito un sistema de transcrición a partir de lévedo de panadeiro, un organismo unicelular eucarionte, que despois utilizaron para illar tódalas proteínas necesarias para o proceso de transcrición. O traballo de Kornberg e outros clarificou que estes compoñentes proteicos se conservan en todos os eucariontes, dende o lévedo ata as células humanas. A partir deste sistema, Kornberg fixo o importante descubrimento de que a transmisión dos sinais reguladores de expresión dos xenes á maquinaria da ARN polimerase se leva a cabo mediante un complexo proteico adicional que denominaron mediador.

Ao mesmo tempo que realizou estes estudos biomédicos do proceso de transcrición, dedicou dúas décadas ao desenvolvemento de métodos para visualizar a estrutura atómica da ARN polimerase e as súas compoñentes asociadas. Kornberg enxeñou unha técnica para a formación de cristais proteicos bidimensionais en membranas lípidas de dúas capas, e obtivo imaxes de baixa resolución desta estrutura proteica mediante microscopía electrónica. Finalmente, Kornberg foi capaz de resolver a estrutura tridimensional da ARN polimerase con resolución atómica mediante cristalografía de raios X. A estrutura da ARN polimerase obtida por Kornberg é a estrutura proteica máis complexa resolta ata o momento. Baseándose nos seus descubrimentos, Konberg creou unha versión de como funciona a transcrición a nivel molecular.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Robert H. Grubbs,
Richard R. Schrock
e
Yves Chauvin
Premio Nobel de Química

2006
Sucesor:
Gerhard Ertl