Ronald George Wreyford Norrish
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de novembro de 1897 Cambridge, Reino Unido |
Morte | 7 de xuño de 1978 (80 anos) Cambridge (Reino Unido) |
Educación | Emmanuel College (pt) |
Director de tese | Eric Rideal (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Química |
Ocupación | químico, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Cambridge |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Obra | |
Doutorando | David Husain (en) e George Porter |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia, volume 8, (p.380) |
Ronald George Wreyford Norrish nado ou 9 de novembro de 1897 en Cambridge (Inglaterra) e finado o 7 de xuño de 1978 na súa residencia de Cambridge, foi un químico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Química en 1967.
Biografía
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade de Cambridge, situada no condado de Cambridgeshire. Estudou química na Universidade de Cambridge, onde se doutorou en 1925. En 1930 foi nomeado profesor de química na mesma universidade, da cal pasou a ser catedrático en 1935, cargo que ocupou ata a súa xubilación en 1963.
Membro da Royal Society de Londres desde 1936.
Investigación científica
[editar | editar a fonte]Iniciou a súa procura científica ao redor da fotoquímica e a cinética química, realizando estudos conxuntos con George Porter, e concretamente nas comunicacións ultrasónicas e as reaccións químicas rápidas, a fabricación de acumuladores de enerxía eléctrica para automóbilé e a estrutura molecular de certos plásticos.
En 1967 foi galardoado, xunto co seu colaborador Porter e o alemán Manfred Eigen, co Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre as reaccións químicas rápidas, causadas por destrución do equilibrio químico provocado por un rápido impulso enerxético.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1967 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1967 (en inglés)
Predecesor: Robert S. Mulliken |
Premio Nobel de Química 1967 con Manfred Eigen e George Porter |
Sucesor: Lars Onsager |