Sisto Henrique de Borbón-Parma
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xullo de 1940 (84 anos) Pau, Francia |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
Partido político | Fronte Nacional Comunión Tradicionalista |
Outro | |
Título | Pretendente carlista ao trono de España |
Familia | Casa de Borbón-Parma |
Pais | Xabier de Borbón-Parma e Madalena de Borbón-Busset |
Irmáns | Carlos Hugo de Borbón-Parma María Tareixa de Borbón-Parma Icía María de Borbón-Parma María Francisca de Borbón-Parma |
Sisto Henrique de Borbón-Parma,[1] (en francés: Sixte-Henri de Bourbon-Parme) chamado polos seus seguidores Sisto Henrique de Borbón-Parma e Borbón-Busset, nado en Pau (departamento dos Pireneos Atlánticos) o 22 de xullo de 1940, é un aristócrata francés, duque de Aranjuez e príncipe de Parma e Piacenza. É o líder do grupo carlista coñecido como Comuñón Tradicionalista, representando cos seus seguidores, chamados "sistinos", a vertente máis tradicionalista do carlismo,[2] e considérase o rexente[3] do trono de España pola rama carlista
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o segundo fillo do Duque Xabier de Borbón-Parma (máis tarde príncipe rexente e despois pretendente tamén ó trono español e Duque de Parma) e de Madalena de Borbón-Busset.
Xa dende pequeno mostrou as súas intencións de acceder ó trono e posicionouse favorable ás causas Carlistas. Cursou os seus estudos en colexios Beneditinos e nos Maristas, así como dereito, linguas modernas e clásicas e finanzas. En 1965 alistouse na Lexión Española baixo o alcume de Henrique de Aranjuez e o 2 de maio dese mesmo ano fixo a xura de bandeira o que o excluía de compromisos políticos (contrariamente do que ocorre hoxe en día, xa que a xura de bandeira amosa tamén fidelidade cara á Constitución española de 1978.
Os seguidores de Sisto de Borbón acusaron ó seu irmán máis vello, Carlos Hugo de Borbón-Parma, de ter abandonado os ideais que a súa familia sempre apoiara e consideraban que Sisto era o líder do Comuñón Tradicionalista. Namentres que o seu irmán Carlos Hugo abandonara as pretensións carlistas cara ao trono e reconciliárase co Estado Español, Sisto Henrique autonomeouse rexente cando o seu pai, o Duque Xavier de Borbón-Parma, morreu en 1977.
Na primavera de 1976, na romaría de Montejurra, un grupo de seguidores de Sisto de Borbón composto por membros da Comuñón Tradicionalista, a Irmandade de Excombatentes, Unión Nacional Española e Fuerza Nueva, acompañados por pistoleiros ultradereitistas españois, arxentinos, italianos e franceses agrediu ós militantes do Partido Carlista partidarios de Carlos Hugo de Borbón nos chamados Sucesos de Montejurra. O resultado do incidente foi a morte de dúas persoas aínda que non se conseguiu o obxectivo que era o de alterar o apoio maioritario do Partido Carlista a Carlos Hugo quen foi ratificado un ano despois.
Sufriu un grave accidente de automóbil en 2001 e como consecuencia diminuíu a súa actividade pública, porén apoiou a candidatura de Jean-Marie Le Pen, o candidato da Fronte Nacional nas eleccións de 2002 e 2007.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Rey y Cabieses, Amadeo-Martín (6 de setembro de 2008). "Sixto de Borbón Parma, hermano del Duque de Parma, visita Lima y Cuzco". elconfidencialdigital.com (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ Ante la muerte de Carlos Hugo de Borbón Parma Secretaría Política de Don Sixto Arquivado 02 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)