Terra de Rupert
Epónimo | Príncipe Rupert do Reno (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Xeografía | ||||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1670 | |||
Disolución | 15 de xullo de 1870 | |||
Sucedido por | Territorios do Noroeste | |||
A Terra de Rupert (Rupert's Land) é o nome dunha antiga posesión británica en América do Norte, que abrangue gran parte do territorio da actual Canadá.
Historia
[editar | editar a fonte]Pertencía orixinalmente á Compañía da Baía de Hudson, e recibiu o seu nome do príncipe Ruperto do Reno, sobriño de Carlos I, e primeiro gobernador da compañía.
Os estatutos outorgados á compañía por Carlos II concedíanlle o monopolio sobre a conca hidrográfica de todos os ríos e arroios que desembocan na baía de Hudson, unha área de 3,9 millóns de km², máis dun terzo do actual territorio canadense.
A Compañía do Noroeste de Montreal e a Compañía da Baía de Hudson fusionáronse en 1821, pasando a controlar un territorio maior, que máis tarde se estendería até as costas árticas no norte e o océano Pacífico ao oeste.
En 1870 foi abolido o monopolio da compañía, e autorizouse o comercio libre na rexión. A compañía cedeu a Terra de Rupert e o Territorio Noroeste á Confederación Canadense.
Igrexa Anglicana
[editar | editar a fonte]Terra de Rupert é tamén o nome dunha provincia eclesiástica da Igrexa Anglicana do Canadá, que abarca as pradeiras canadenses e gran parte da zona ártica. Ademais, é tamén o nome da diocese anglicana en Manitoba.