The Hours (filme)
The Hours | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Hours |
Director | Stephen Daldry |
Produtor | Scott Rudin Robert Fox |
Guión | David Hare |
Intérpretes | Meryl Streep Julianne Moore Nicole Kidman Ed Harris Miranda Richardson |
Música | Philip Glass |
Fotografía | Seamus McGarvey |
Montaxe | Peter Boyle |
Estrea | 2002 |
Duración | 114 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $25,000,000 |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/the-hours | |
The Hours é un filme baseada na novela de Michael Cunningham, a cal leva o mesmo nome. Trátase dunha película independente, de baixo orzamento e gañadora do Óscar á mellor actriz por Nicole Kidman no ano 2003 que trata sobre tres mulleres en diferentes tempos e xeracións, cuxas vidas son interconectadas coa novela de Virginia Woolf Mrs. Dalloway. Toda a película sucede ó longo dun mesmo día, que cambiará as vidas das tres coprotagonistas.
Sinopse
[editar | editar a fonte]The Hours é a historia de tres mulleres de diferentes épocas e lugares unidas polos seus anhelos e temores. Virginia Woolf (Nicole Kidman) vive nun suburbio londiniense a principios dos anos 20, onde loita contra a demencia mentres empeza a escribir a súa novela Mrs. Dalloway.
Laura Brown (Julianne Moore), é unha esposa e nai dos Ánxeles de finais da segunda guerra mundial que lendo Mrs. Dalloway empeza a considerar a posibilidade de dar un cambio á súa vida. Clarissa Vaughan (Meryl Streep) é unha "señora Dalloway" do século XXI, vive en Nova York e está namorada do seu amigo Richard (Ed Harris), que está morrendo de SIDA, a pesar de manter unha relación lésbica con Sally (Allison Janney). Finalmente, as historias das tres mulleres entrelázanse e atópanse nun sorprendente momento de recoñecemento compartido.
Enfoca o lesbianismo e o seu impacto social en tres épocas diferentes da historia. Para Virginia Woolf ter inclinación homosexual era algo impensable e horrendo; para Laura, ama de casa e seguidora fiel dos canons sociais da etapa da posguerra, foi unha decisión difícil aceptar que era lesbiana, pero non se escandaliza cando a súa amiga llo fai saber; e xa na época de Clarissa, o lesbianismo é algo normal e esta muller convive coa súa parella sen chamarlle a atención a ninguén.
Premios
[editar | editar a fonte]Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor película | Candidato | |
Mellor director | Stephen Daldry | Candidato |
Mellor guión adaptado | David Hare | Candidato |
Mellor actriz | Nicole Kidman | Gañadora |
Mellor actor secundario | Ed Harris | Candidato |
Mellor actriz secundaria | Julianne Moore | Candidata |
Mellor vestiario | Ann Roth | Candidata |
Mellor montaxe | Peter Boyle | Candidato |
Mellor banda sonora | Philip Glass | Candidato |
- Filmes de 2002
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dirixidos por Stephen Daldry
- Filmes de Paramount Pictures
- Filmes de Miramax Films
- Filmes de Buena Vista International
- Filmes de Pinewood Studios
- Filmes feministas
- Filmes ambientados en 1923
- Filmes ambientados en 1941
- Filmes ambientados en 1951
- Filmes ambientados en 2001
- Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América
- Filmes sobre escritores
- Filmes sobre familias disfuncionais
- Filmes sobre suicidio
- Filmes sobre VIH/SIDA
- Filmes sobre depresión