Tribuna (arquitectura)
A tribuna[1] é a galería, solaina ou balcón elevado que hai nalgunhas igrexas desde a cal se pode asistir ós actos relixiosos. Adoita situarse no primeiro andar, por riba das naves laterais dos templos, coa súa mesma lonxitude e largura e aberta á nave central, onde só poden situarse os fieis. As tribunas servían para que personalidades ilustres asistisen ao culto sen entraren en contacto coa plebe. O lugar elevado de onde falan os oradores, chámase tamén tribuna ou púlpito.
Utilizouse profusamente, especialmente nas grandes construcións de arquitectura bizantina, románica e gótica.
Significados derivados
[editar | editar a fonte]Nun estadio, a tribuna ou estrado é unha plataforma formada por chanzos para que se instalen nela os espectadores dun acto ou espectáculo (bancada), en especial as autoridades. Posibilita unha mellor visión dos espectadores para o espectáculo[2].
Na Antigüidade, a tribuna ou estrado era unha plataforma elevada, xeralmente con asentos reservados, onde asistían ós espectáculos as persoas con maiores responsabilidades, e onde falaban os oradores en debates parlamentarios, cerimonias, conferencias etc.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Interior da Igrexa de Hagia Sophia. A tribuna é a solaina do primeiro andar, por baixo do claristorio.
-
Tribunas do estadio RheinEnergieStadion.
-
Tribuna con líderes durante a abertura do VIIº congreso de escritores de Alemaña Oriental (1973). No palanque, o escritor Hermann Kant.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dicionario da Real Academia Galega.
- ↑ Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura, Vigo, COAG-Concello de Vigo, 1998