Saltar ao contido

Tribunal de Apelacións de Nova York

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tribunal de Apelacións de Nova York
TipoTribunal Supremo estatal
Data de fundación1847
SedeAlbany
EnNova York
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.courts.state.ny.us/ctapps/
editar datos en Wikidata ]

O Tribunal de Apelacións de Nova York (en inglés, New York Court of Appeals) é a máis alta instancia xudicial do estado de Nova York (Estados Unidos). Fundado en 1847 e a súa sede está en Albany. Conta con sete maxistrados cuxas sentenzas poden ser recorridas ante o Tribunal Supremo dos Estados Unidos.

Atribucións

[editar | editar a fonte]

O Tribunal de Apelacións foi establecido pola Constitución de 1846 como o herdeiro do Tribunal da Chancelaría (en inglés, Court of Chancery) e do Tribunal de Corrección de Erros (Court of Correction of Errors).[1] Na actualidade, as súas funcións está determinadas polo artigo sexto da Constitución correspondéndolle a revisión xudicial dos tribunais inferiores do sistema xudicial de Nova York.[2] O tribunal selecciona os casos que lle recorren tendendo a centrarse naqueles que teñen maior impacto público e non tanto nos arranxos entre particulares. Ademais, ao Tribunal correspóndelle unha importante función na administración xudicial do estado pois á cabeza do sistema xudicial estatal está o presidente do Tribunal de Apelacións e para gobernalo debe contar coa aprobación do pleno de maxistrados do Tribunal.[3]

O Tribunal de Apelacións compose de sete maxistrados nomeados polo gobernador do estado co "consello e consentimento" do Senado para mandatos de 14 anos.[4] Un deles é nomeado polo gobernador como presidente (chief justice). Débense retirar ao final do ano no que cumpren 70 anos de idade.

O número de xuíces e mais a duración do mandato foi mudando ao longo do tempo: se ben inicialmente eran oito xuíces designados para períodos de oito anos, dende 1869 o Tribunal de Apelacións conta co deseño actualmente vixente.[3]

  1. "New York State Court of Appeals". Historical Society of the New York Courts (en inglés). Consultado o 2023-09-01. 
  2. "New York Constitution :: Article VI - Judiciary :: Section 3 - Court of appeals; jurisdiction". Justia Law (en inglés). Consultado o 2023-09-01. 
  3. 3,0 3,1 "New York Court of Appeals - Background". www.law.cornell.edu. Consultado o 2023-09-01. 
  4. "New York Constitution :: Article VI - Judiciary :: Section 2 - Court of appeals; organization; designations; vacancies, how filled; commission on judicial nomination". Justia Law (en inglés). Consultado o 2023-09-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]