Saltar ao contido

Ucraína

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaUcraína
Україна (uk) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Imaxe

HimnoShche ne vmerla Ukrainy Editar o valor en Wikidata

Epónimonome de Ucraína Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°N 32°L / 49, 32
CapitalKíiv Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación41.167.335 (2022) Editar o valor en Wikidata (68,21 hab./km²)
Lingua oficiallingua ucraína Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie603.550 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoHoverla (2.061 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoEsturario de Kuialnyk (−5 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 24 de agosto de 1991:  causado por Intento de golpe de estado na Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Día festivo
Organización política
Forma de gobernoRepública semipresidencialista Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataVolodymyr Zelensky (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoConsello de Ministros de Ucraína Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataDenys Shmyhal (2020–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoRada Suprema , (Escano: 450) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal Supremo de Ucraína Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal199.765.856.765 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedahrivna Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ua e .укр Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+380 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 101, 102 e 103 Editar o valor en Wikidata
Código de paísUA Editar o valor en Wikidata

Sitio webukraine.ua Editar o valor en Wikidata
Facebook: UkraineUA.MFA Twitter: Ukraine Instagram: ukraine.ua BNE: XX451278 Editar o valor en Wikidata

Ucraína[1] (en ucraínoУкраїна, tr. "Ukraina"[2][3][ukrɑˈjinɑ] (AFI)) é unha nación eslava situada, en liñas xerais, entre os mares Negro e Azov e o río Prípiat, entre as planicies húngaras, a foz do Danubio e o río Don. Os ríos Dniéper e Dniéster son os límites xeográficos centrais de Ucraína. A cidade de Kíiv é a vella capital e o centro da vida cultural ucraína.

Ucraína confina ao sur co mar Negro e o mar de Azov, ao suroeste con Moldova e Romanía, ao oeste con Hungría, Eslovaquia e Polonia, ao norte con Belarús e ao leste con Rusia, atinxindo case as estepas do río Volga e a rexión caucásica.

Esténdese por un territorio xeográfico de 603 700 km² e comprende un territorio etnográfico mixto de 945 000 km². Ucraína é o segundo maior país de Europa (detrás de Rusia).

A poboación de Ucraína é de arredor de 41 millóns de habitantes.

Estando situada entre os paralelos 43º e 53º N, o seu clima, nas rexións setentrionais, é temperado frío. Os invernos son longos e rigorosos, co solo cuberto de neve. No sur o clima é máis agradable.

Na produción de trigo, cebada e remolacha, Ucraína ocupa o terceiro lugar no mundo. Alén do cultivo de cereais e da produción pecuaria, Ucraína destaca polas ricas reservas de minerais, sobre todo de carbón, ferro e manganeso.

Artigo principal: Historia de Ucraína.

Idade Antiga

[editar | editar a fonte]

Os primeiros asentamentos humanos no que hoxe é Ucraína datan do 32000 a.C., existindo evidencias da cultura gravetiana nos Montes de Crimea.[4][5] No 4500 a.C. a cultura neolítica de Cucuteni floreceu nunha ampla área que incluía partes da moderna Ucraína, tales como Tripilia e a rexión enteira do Dniéper-Dniéster.

Durante a Idade de Ferro, o territorio habitárono os cimerios, escitas e sármatas.[6] Entre o 700 a.C. e o 200 a.C. foi parte do reino de Escitia.

Máis tarde, a partir do século VI a.C. os antigos gregos, romanos e bizantinos fundaron colonias no nordeste do mar Negro, como Tiras, Olbia e Germonasa. Os godos establecéronse na zona pero caeron baixo a presión dos hunos a partir do 370 d.C.

No século VII, o territorio do leste de Ucraína foi o centro da Antiga Gran Bulgaria porén a fins dese século a maioría das tribos búlgaras migraron en diferentes direccións, o que aproveitaron os kházaros para se facer con boa parte do territorio.

Idade de Ouro de Kíiv

[editar | editar a fonte]

Os rus', un grupo de varegos que primeiro se asentaron en Ladoga e Nóvgorod e que gradualmente foron cara ao sur chegando a Kíiv contra o ano 880, estableceron a Rus' de Kíiv, Estado que incluía o leste da moderna Ucraína, Belarús, e unha parte importante situada no territorio da moderna Rusia e que durante os séculos X e XI se converteu no máis grande e poderoso Estado de Europa,[7] e nos séculos seguintes conformaría a cerna da identidade nacional tanto de ucraínos como de rusos. Kíiv, a capital da moderna Ucraína, era a cidade máis importante da Rus'.

Bautismo do Gran Príncipe Vladimiro que significou a adopción do cristianismo na Rus de Kíiv.

Os varegos asimiláronse coa poboación eslava local que se converteu en parte da primeira dinastía dos Rus', a dinastía Rurícovich. A Rus' de Kíiv compúñase de varios principados gobernados por príncipes ruríquidas, sendo o de Kíiv o máis prestixioso e influente de todos eses principados.

A Idade de Ouro da Rus' de Kíiv comezou co reinado de Vladimiro o Grande (980-1015), quen se converteu ao cristianismo. Durante o reinado do seu fillo Iaroslav (1019-1054), a Rus' chegou ao cénit do seu desenvolvemento cultural e poder militar. Despois incrementouse a fragmentación ao aumentar a importancia dos poderes rexionais, con Vladímir II Monómaco (1113-1125) e o seu fillo Mstislav (1125-1132) produciuse un rexurdimento do poder de Kíiv que se desintegrou tras a morte de Mstislav.

Durante os séculos XI e XII producíranse constantes incursións de tribos nómades turcófonas, como os pechenegos e os kipchaks, causando unha masiva migración de poboación eslava cara ao norte.[8] No século XIII a invasión mongol devastou a Rus' de Kíiv e a cidade de Kíiv foi totalmente destruída en 1240.[9] No territorio ucraíno actual, ao estado da Rus' de Kíiv sucedérono os principados de Halych e Volodimir-Volinskyi, que se acabaron unido no estado de Galicia-Volinia.

Danilo Romanovich, fillo de Roman Mstislavich, reunificou a Rus' suroeste, incluíndo Volinia, Galicia e a antiga capital da Rus', Kíiv. Un arcebispo papal coroouno en Dorohichin en 1253 como o primeiro rei de toda a Rus'. Baixo o reinado de Danilo o Reino de Galicia-Volinia foi un dos estados máis poderosos do centro-leste de Europa.[10]

Dominación estranxeira

[editar | editar a fonte]

Ucraína baixo Polonia-Lituania

[editar | editar a fonte]
Gran parte de Ucraína estivo a partir do século XIV dominada por Lituania e, desde a Unión de Lublin (1569), por Polonia, como se aprecia nesta imaxe da Confederación Polaco-Lituana en 1619.
O Khanato de Crimea foi unha das principais potencias musulmás en Europa oriental até finais do século XVIII.

A mediados do século XIV, logo da morte de Bolesław Jerzy II de Mazovia, o rei Casimiro III de Polonia comezou unha serie de campañas (1340-1366) para facerse con Galicia-Volinia. Entrementres o corazón da Rus', incluíndo Kíiv, converteuse despois da batalla do Río Irpen en territorio do Gran Ducado de Lituania, gobernado por Gediminas e os seus sucesores. Tras a Unión de Krewo en 1386 —unha unión dinástica entre Polonia e Lituania—, a maior parte do territorio de Ucraína foi controlado polo Gran Ducado de Lituania. Neste momento foi cando se comezaron a utilizar as formas latinizadas do vocábulo "Rus', Rutenia e rutenos, para designar a terra e o pobo de Ucraína, respectivamente.[11]

En 1392 as denominadas Guerras de Galicia-Volinia remataron. Os polacos colonizaron numerosas terras despoboadas no norte e centro de Ucraína, fundando ou refundando moitas vilas. En 1430 o reino de Polonia incorporou Podolia como unha voivodía (voivodía de Podolia). En 1441, no sur de Ucraína, especialmente en Crimea e nas estepas que a circundan, o príncipe Haci I Giray fundaba o khanato de Crimea.

En 1569 a Unión de Lublin establecía a Confederación Polaco-Lituana, e unha considerable parte do territorio ucraíno foi transferido do Ducado de Lituania á coroa do Reino de Polonia, converténdose en territorio polaco de iure. A polonización que xa comezara a fins do século XIV pola presión demográfica, cultural e política polaca, acentuouse pola conversión de gran parte da clase alta de Rutenia ao catolicismo e tornouse indistinguíbel da nobreza polaca.[12]

Así, os plebeos ucraínos, oprimidos polos seus propios líderes da nobreza rutena, fixéronse aliados dos cosacos, un pobo nómade da zona que continuaban sendo cristiáns ortodoxos e que recorrían a accións violentas contra os que percibían como sus inimigos, especialmente o Estado polaco e os seus representantes locais.[13]

Véxase tamén: Khanato de Crimea.

Así mesmo, polo sur, o territorio de Crimea foi gobernado por khans musulmáns aliados ou vasalos do Imperio Otomán. O khanato de Crimea foi un dos poderes máis forte no leste de Europa ata o século XVIII, chegando baixo Devlet I Giray na Guerra Ruso-Crimea de 1571 a capturar e arrasar Moscovia.[14] A poboación das fronteiras sufría invasións tártaras anuais na procura de escravos para o Imperio Otomán,[15] e precisábanse ducias de milleiros de soldados para protexeren as fronteiras do sur e facían difícil a posta en cultivo e o poboamente das terras do sur, máis fértiles e con temperaturas máis suaves.

Ucraína tras os repartimentos de Polonia

[editar | editar a fonte]
"Os cosacos de Zaporozhia escriben unha carta ao Sultán de Turquía".
Lenzo de Ilia Repin (1880-1891). Museo Estatal Ruso, San Petersburgo.

A mediados do século XVII, estableceuse un semiestado militar cosaco, Zaporozhia, polos cosacos do Dniéper e os campesiños rutenos que aíndan fuxían da servidume polaca.[16] Polonia tiña pouco control real desta terra e encontraron nos cosacos un útil aliado na súa loita contra os turcos e os tártaros[17] e a miúdo combatían xuntos en campañas militares.[18] Porén, os continuos enfrontamentos entre os campesiños e a nobreza polaca, provocados pola explotación da man de obra e a supresión da igrexa ortodoxa, fixo que os cosacos deixasen de confiar no goberno polaco.[17] Aspiraban a ter un representante no Sejm de Polonia, o recoñecemento das tradicións ortodoxas e a expansión gradual do exército cosaco, pero todo isto foi negado pola nobreza polaca. Finalmente, os cosacos acudiron á protección da Igrexa ortodoxa de Rusia, unha decisión que máis adiante provocaría a caída do Estado polaco-lituano,[16] e a preservación da Igrexa ortodoxa en Ucraína.[19]

En 1648, Bohdán Jmelnytsky conduciu o levantamento cosaco máis grande contra a República das Dúas Nacións e o seu líder Xoán II Casimiro Vasa.[20] Tras a firma do Tratado de Pereyáslav de 1654 e a Guerra Ruso-Polaca de 1654-1667, a parte oriental de Ucraína integrouse en Rusia como o Hetmanato cosaco. Despois dos repartimentos de Polonia ao final do século XVIII, Hálich foi tomada polo Imperio austríaco, mentres que o resto de Ucraína se incorporou ao Imperio Ruso. O intento de crear a mancomunidade polaco-lituano-ucraína, ao final do século XVII, fracasara.

Desde o principio do século XVI até o final do XVII, bandas de tártaros de Crimea, como quedou dito, fixeron incursións case cada ano nas terras agrícolas eslavas buscando cativos para vender como escravos, aínda que estas cesaron tras a anexión do khanato de Crimea por parte de Rusia, en 1783, e a rexión foi poboada por emigrantes doutras partes de Ucraína.[21]

A pesar das promesas de autonomía dadas polo Tratado de Pereyáslav, a elite ucraína e os cosacos nunca recibiron as liberdades e a autonomía que esperaban de Rusia. Porén, dentro do Imperio, varios ucraínos chegaron ás maxistraturas máis altas do Estado e da Igrexa ortodoxa rusa.[22]

Nun período posterior, o réxime tsarista levou a política de "rusificación" ás terras de Ucraína, coa que intentou suprimir o uso da lingua ucraína en forma impresa e pública, en medios de comunicación, discursos e trámites legais.[23]

Renacemento ucraíno: Ucraína na actualidade

[editar | editar a fonte]

Gran parte do territorio actual de Ucraína, especialmente a provincia de Galicia, pertenceu ata o inicio do século XX ao Imperio Austro-Húngaro. No século XX será parte da URSS como a República Socialista Soviética de Ucraína.

Neste período comezou a redespertar a conciencia nacional ucraína. Despois da Revolución Rusa de 1917, Ucraína tivo unha breve independencia en dous Estados, a República Nacional de Ucraína Occidental e a República Popular de Ucraína, unidos —aínda que só fose nominalmente— en 1920. En 1922, porén, o país volve a ser dividido, desta vez entre Polonia e a Unión Soviética. A parte soviética foi unha das repúblicas fundadoras deste Estado baixo o nome de República Socialista Soviética de Ucraína.

Durante os anos máis duros da Unión Soviética baixo Stalin sufriu moitas purgas, entre elas a purga dos intelectuais ucraínos (escritores, artistas, músicos, actores etc). Este época coñécese como "Renacemento executado" (розстрі́ляне Відро́дження, rozstríliane Vidródjennia, anos 20 e 30). Coincidindo con isto prodúcese o episodio do xenocidio ucraíno chamado Holodomor (Голодомо́р, 1932-33), unha fame artificial creada polo réxime de Stalin, que provocou a morte de millóns de persoas.

En 1939 a Ucraína polaca foi ocupada pola Unión Soviética. A invasión alemá de 1941 provocou o asedio de Kíiv. Durante os anos de ocupación na II guerra mundial, a comunidade xudía, moi numerosa en Ucraína, foi exterminada, e a política de terra queimada levada a cabo por ambos os bandos deixou o país en ruínas.

En 1954, a rexión de Crimea foi transferida da RSSF de Rusia a Ucraína por decisión persoal de Khrushchev.

Independencia

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Independencia de Ucraína.
Maidan Nezaléjnosti, Praza da Independencia de Kíiv, hoxe coñecida popularmente como Euromaidán.

Despois de moitos séculos de dominación estranxeira, o 25 de agosto de 1991 —pouco despois do fracasado golpe de Estado da URSS— o parlamento ucraíno (Rada Suprema) declarou a independencia, decisión que foi ratificada o 1 de decembro mediante un referendo popular.[24] Unhas semanas despois pasou a formar parte da CEI, unha institución pouco efectiva que quería manter os lazos económicos con Rusia. A pesar de ser membro fundador da CEI, hoxe en día Ucraína xa non é un verdadeiro membro dela, mantendo só o status de "membro participante".

Ucraína foi considerada inicialmente como unha república cunhas condicións económicas máis favorables que o resto das rexións da antiga URSS. Así e todo, o país experimentou unha recesión económica máis profunda que o resto das repúblicas. Durante a recesión, Ucraína perdeu o 60% do seu PIB entre 1991 e 1999, e chegou a alcanzar taxas de inflación superiores ao 1 000%. Insatisfeitos coas condicións económicas, así como co crime e a corrupción, os ucraínos protestaron e organizaron folgas. No ano 1994 o presidente Leonid Kravchuk acordou adiantar as eleccións presidenciais, nas que perdeu o cargo ante o anterior primeiro ministro do país, Leonid Kuchma.

Durante as dúas lexislaturas de Kutchma, a economía ucraína estabilizouse e, desde o ano 2000, experimentou un crecemento económico constante, cunha media anual aproximada do 7%, unha das maiores taxas de crecemento tanto de Europa como do mundo. No ano 1996 foi aprobada unha nova Constitución, que estableceu un réxime semipresidencialista e dotou a Ucraína dun sistema político estable. Pese a iso, Kutchma foi criticado por exceso de poder, corrupción, transferencia de propiedades públicas a oligarcas afíns, ataques á liberdade de expresión e fraude electoral.

Revolución laranxa

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Revolución laranxa.
Para defender os seus dereitos democráticos, viaxaron á capital miles de ucraínos de todo o país.
Viktor Yanukovych.

O ano 2004, Viktor Yanukovych, daquela primeiro ministro, foi declarado gañador das eleccións presidenciais, manipuladas segundo os observadores internacionais presentes. O escrutinio causou un clamor popular en apoio do candidato da oposición, Viktor Yushchenko, que encabezou a pacífica Revolución laranxa contra os resultados. Esta revolta impulsou a Viktor Yushcheko e a Iulia Timochenko ao poder, deixando a Yanukóvich na oposición.

Despois da revolución laranxa

[editar | editar a fonte]

En marzo de 2006 tiveron lugar eleccións á Rada Suprema ("Verkhovna Rada") e tres meses máis tarde constituíuse un goberno de coalición anticrise formado polo Partido das Rexións, o Partido Comunista de Ucraína e o Partido Socialista de Ucraína. Este último partido separárase da Coalición Laranxa co Nosa Ucraína e co Bloque Iulia Timochenko. A nova coalición nomeou a Viktor Yanukovych para o cargo de primeiro ministro, mentres que o líder do Partido Socialista era o novo presidente do Parlamento. Unhas novas eleccións tiveron lugar en setembro de 2007, coa vitoria da "Coalición Laranxa" de Yhushchenko e Timochenko.

Artigo principal: Crimea.

Nunha acción unilateral, polos acontecementos políticos en Ucraína e o apoio ruso ás forzas opositoras, a península de Crimea foi anexionada a Rusia en 2014,[25] creando un novo conflito entre os dous estados.

Euromaidán

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Euromaidán.

Na noite do 21 de novembro de 2013, comezaron as protestas públicas que esixían unha maior integración europea. O 29 de novembro, o presidente de Ucraína Viktor Yanukovych rexeitou o achegamento á Unión Europea, acusándoa de "humillar" o seu país ofrecendo tan só 800 millóns de euros para impulsar as reformas necesarias para asinar o acordo coa Unión.

Invasión rusa de Ucraína de 2022

[editar | editar a fonte]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xeografía de Ucraína.
Mapa físico de Ucraína.

A paisaxe ucraína consiste principalmente en planicies fértiles ou estepas e planaltos, atravesados por ríos como o Dniéper, Donets, Dnister, Bug Meridional, que escoan para o mar Negro e para o pequeno mar de Azov. Ao suroeste, o delta do Danubio serve de fronteira coa Romanía.

Só se encontran montañas na cordilleira occidental dos Cárpatos —onde o pico máis alto é o Hora Hoverla con 2 061 m— e na península da Crimea no extremo sur, ao longo da costa.

A Ucraína ten un clima temperado continental, aínda que se atopa un clima máis mediterráneo na costa sur de Crimea.

As precipitacións están distribuídas desproporcionadamente: é maior no oeste e no norte e menor no sur e no leste. Os invernos varían de frescos ao longo da costa do Mar Negro a fríos no interior. Os veráns son mornos na maior parte do país, mais en xeral quentes no sur.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Número de habitantes en miles (1992-2003, escala desprazada).

Segundo o censo de 2001, a poboación de Crimea alcanzaba os 2 033 700 habitantes,[26] cuxa composición étnica era a seguinte:[27]

Mapa lingüístico de Ucraína
En amarelo, zonas de maioría de ucraínofalantes; en verde, zonas de maioría de rusofantes.
     Ateos     Ortodoxos - Patriarcado de Kíiv     Ortodoxos - Patriarcado de Moscova     Ortodoxos autocéfalos     Greco católicos     Católicos romanosRespostas á enquisa "a que grupo relixioso pertence?", aplicada polo Centro Razumkov sobre a situación relixiosa en Ucraína en 2006.

As rexións industriais, que se sitúan ao leste e sueste de Ucraína, son as máis densamente poboadas. O 70% da poboación reside en cidades.

Cidades principais

[editar | editar a fonte]

A lingua ucraína é a oficial e a máis falada no occidente, suroeste e norte do país, aínda que o ruso é coñecido pola maior parte da poboación e é a lingua máis utilizada nas cidades grandes. En 2019 entrou en vigor a Lei de Ucraína "para garantir o funcionamento da lingua ucraína como lingua estatal".

Relixión

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Relixión en Ucraína.

A principal relixión en Ucraína é o cristianismo ortodoxo, que no país está en cisma, seguida do catolicismo. As tres igrexas principais son :

A maioría dos católicos pertence á Igrexa católica bizantina ucraína, con orixe na Unión de Brest, que practica o rito oriental e que recoñece a autoridade do papa. Porén, existen outras minorías pertencentes á:

A maioría da poboación (60%), porén, non se adscribe a ningún grupo relixioso.

Política

[editar | editar a fonte]

Ucraína é unha república cun sistema semipresidencialista, con división de poderes, lexislativo, executivo e xudicial.

Organización administrativa

[editar | editar a fonte]

Está dividida en 24 rexións (oblasti, singular - óblast), a república autónoma (avtonomna respublika) de Crimea, e dous concellos (mista, singular - misto): Kíiv e Sebastopol.

Votantes exercendo o seu dereito ao voto nun colexio electoral nas eleccións de 2007.
  1. Cherkasy
  2. Chernihiv
  3. Chernivtsi
  4. República Autónoma de Crimea
  5. Dnipropetrovsk
  6. Donetsk
  7. Ivano-Frankivsk
  8. Khárkiv
  9. Khersón
  1. Khmelnytskyi
  2. Kirovogrado
  3. Kíiv
  4. Luhansk
  5. Lviv
  6. Mykolaiv
  7. Odesa
  8. Poltava
  1. Rivne
  2. Sumy
  3. Ternopil
  4. Vinnitsia
  5. Volyn
  6. Transcarpacia
  7. Zaporizhia
  8. Zhytomyr

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Ucraína.

Despois da de Rusia, a Ucraína era de lonxe a máis importante economía da antiga Unión Soviética, producindo 4 veces máis que a república seguinte. O seu solo fértil xeraba case 1/4 da produción agrícola soviética, e as súas facendas producían grandes cantidades de carne, leite, grans e vexetais para outras repúblicas.[7]

A explotación intensiva dos chernozem (en ruso: чернозём, en ucraíno: Чорнозем "terra negra")[28], solos negros e fértiles do cinto agrícola ucraíno, tornaron o país nun gran produtor de trigo e remolacha. Outros cultivos importantes son: cebada, millo, leguminosas, pataca, avea, centeo, paínzo e trigo sarraceno. Os principais cultivos industriais son os de remolacha e de semente de xirasol. Cultívanse tamén froitas e hortalizas nos arredores das grandes cidades. A cría de gando bovino e porcino dáse en todo o país.

A Ucraína conta con ricos xacementos de manganeso no Donbás. Esta rexión é o centro industrial do país e un dos principais complexos mineiro-metalúrxicos e de industria pesada da Europa. A Ucraína é tamén un importante produtor de gas natural e de petróleo, aínda que as reservas deses combustibles fósiles teñan sido excesivamente explotadas durante o período soviético.

O Donbás presenta tamén industrias metalúrxicas altamente desenvolvidas, que producen ferro e aceiro en grandes cantidades.

Danza tradicional ucraína, polo grupo Virsky.
A Catedral de Santa Sofía de Kíiv, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[29]

Ucraína ten un legado histórico importante. Kíiv foi o centro de moitos dos acontecementos que formaron a orixe das culturas ucraína, rusa e belorusa.

As iconas ucraínas e a arquitectura das igrexas ortodoxas son especialmente destacadas, a pesar da destrución dalgúns grandes monumentos nacionais no período estalinista como parte do ataque ao espírito nacional ucraíno.

Hai tamén unha forte cultura popular manifestada, sobre todo, na música.

No principado de Kíiv escribíronse textos en antigo eslavo eclesiástico, a máis antiga mostra de literatura ucraína, que constituíu a fundación da literatura rusa.

O idioma ucraíno desenvolveuse de forma independente despois do século XIII, pero os escritores ucraínos preferiron usar o ruso como lingua literaria dende o século XVIII ata pasado o século XIX, cando tivo lugar o rexurdimento nacional.

O folclore ucraíno é un dos máis ricos dos eslavos orientais. A súa riqueza musical (cantada e bailada) foi a base dos coñecidos Coros do exército vermello (a maioría das cancións cantadas eran en lingua ucraína e os bailes eran cosacos).

Ucraína gañou o Festival de Eurovisión en 2004, polo tanto celebrouse en Kíiv o Festival de Eurovisión o 19 e 21 de maio, semifinal e final, respectivamente, facendo de Kíiv unha cidade que atraeu a xente de toda Europa. (Véxase tamén Ucraína no festival de Eurovisión e Ucraína no festival de Eurovisión Júnior).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ucraíno.
  2. Sistema nacional de transliteración ucraíno. Resolución N. 55 do Gabinete de Ministros de Ucraína do 27 de xaneiro de 2010.
  3. Outras romanizacións son: Ukrayina (BGN/PCGN), Ukrajina (académica e alemá) e Ukraïna (ISO 9 e francesa).
  4. Prat, Sandrine; et al. (17 de xuño 2011). "The Oldest Anatomically Modern Humans from Far Southeast Europe: Direct Dating, Culture and Behavior". plosone. Consultado o 21 de xuño de 2011. 
  5. Carpenter, Jennifer (20 de xuño 2011). "Early human fossils unearthed in Ukraine". BBC. Consultado o 21 June 2011. 
  6. "Scythian". Encyclopædia Britannica (fee required). Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 12 September 2007. 
  7. 7,0 7,1 "Ukraine". CIA World Factbook. 13 de decembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2016. Consultado o 24 de decembro de 2007. 
  8. Klyuchevsky, Vasily (1987). The course of the Russian history. v.1: "Myslʹ. ISBN 5-244-00072-1. 
  9. University of Toronto's Research Repository (ed.). "The Destruction of Kiev". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2011. Consultado o 3 de xaneiro de 2008. 
  10. "Daniel Romanovich" Arquivado 24 de agosto de 2007 en Wayback Machine..Encyclopædia Britannica. 2007. Britannica Concise Encyclopedia. 23 de agosto de 2007
  11. Subtelny, p. 69.
  12. Subtelny, pp. 92–93.
  13. "Poland". Enclyclopædia Britannica (en inglés). 2009. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 1 de febreiro de 2014. 
  14. Brian Glyn Williams (2013). "The Sultan’s Raiders: The Military Role of the Crimean Tatars in the Ottoman Empire" (PDF). The Jamestown Foundation. p. 16. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de outubro de 2013. Consultado o 03 de marzo de 2014. 
  15. Halil Inalcik. "Servile Labour in the Ottoman Empire" Arquivado 11 de setembro de 2009 en Wayback Machine. in A. Ascher, B. K. Kiraly, and T. Halasi-Kun (eds), The Mutual Effects of the Islamic and Judeo-Christian Worlds: The East European Pattern, Brooklyn College, 1979, pp. 25–43.
  16. 16,0 16,1 B. Krupnytsky, A. Zhukovsky (2001). "The Zaporizhia". Encyclopedia of Ukraine (en inglés). Consultado o 1 de marzo 2009. 
  17. 17,0 17,1 "Ukraine - The Cossacks". Encyclopædia Britannica (en inglés). 200. Consultado o 1 de marzo 2014. 
  18. Eizo Matsuki (2009). "The Crimean Tatars and their Russian-Captive Soldiers" (PDF). Mediterranean Studies Group at Hitots1hi University (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de maio de 2011. Consultado o 1 de marzo de 2014. 
  19. Magocsi, p. 195.
  20. Subtelny, pp. 123–124.
  21. "Ukraine under direct imperial Russian rule". Encyclopaedia Britannica (en inglés). 2009. Consultado o 1 de marzo de 2014. 
  22. Entre os ucraínos que alcanzaron os postos máis altos no Imperio ruso están Alekséi Razumovski, Alexander Bezborodko e Iván Paskévich. E entre os ucraínos que tiveron grande influencia sobre a Igrexa ortodoxa rusa están Stephen Yavorsky, Teófanes Prokopóvich e Demetrio de Rostov.
  23. Johannes Remy (2009). "Valuev Circular and Censorship of Ukrainian Publications in the Russian Empire (1863-1876)". Bnet.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2013. Consultado o 1 marzo de 2014. 
  24. El País, ed. (17/08/2011). "La caída de la URSS" (en castelán). Consultado o 8/2/2012. 
  25. "News ∙ President ∙ Events ∙ President of Russia". President of Russia (en inglés). Consultado o 2020-12-13. 
  26. "Regions of Ukraine / Autonomous Republic of Crimea". 2001 Ukrainian Census. Consultado o 3 de marzo de 2014.  (en inglés)
  27. "Results / General results of the census / National composition of population". 2001 Ukrainian Census. Consultado o 3 de marzo de 2014.  (en inglés)
  28. O chernozem é un tipo de solo negro rico en humus (do 3 ao 13%), ademais de selo en potasio, fósforo e microelementos. É un dos máis fértiles para a agricultura, xa que non require fertilizantes. Ten unha profundidade media relativamente importante, de 1 m aproximadamente (que alcanza os 6 m nalgunhas rexións de Ucraína).
  29. UNESCO (2009). "Kiev: Saint-Sophia Cathedral and Related Monastic Buidings, Kiev-Pechersk Lavra". UNESCO.org (en inglés). Consultado o 6 de outubro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Boshyk, Yuri| (1986): Ukraine During World War II: History and Its Aftermath. Toronto: Instituto Canadense de Estudos Ucraínos. ISBN 0-920862-37-3.
  • Kuzio, Taras (1998): Contemporary Ukraine: Dynamics of Post-Soviet Transformation. M. E. Sharpe. ISBN 0-7656-0224-5.
  • Magocsi, Paul Robert (1996): A History of Ukraine. Toronto: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-7820-6.
  • Shamshur, O. V. (1993): "Multilingual education as a factor of inter-ethnic relations: the case of the Ukraine". Language Education for Intercultural Communication. Multilingual Matters.
  • Shen, Raphael (1996): Ukraine's Economic Reform: Obstacles, Errors, Lessons. Praeger/Greenwood. ISBN 0-275-95240-1.
  • Subtelny, Orest (1988): Ukraine: A History. Toronto: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-8390-0.
  • Weinberg, Gerhard L. (1995): A World at Arms: A Global History of World War II. Cambridge, RU: Cambridge University Press. ISBN 0-521-55879-4.
  • Wilson, Andrew (1997): Ukrainian Nationalism in the 1990s: A Minority Faith. Cambridge, RU: Cambridge University Pres. ISBN 0-521-57457-9.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]