Saltar ao contido

Valie Export

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaValie Export

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de-at) Waltraud Lehner Editar o valor en Wikidata
17 de maio de 1940 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Linz, Austria Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Viena
Colonia Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirectora de cinema, artista de instalacións, artista de performance, produtora de televisión, videoartista, pintora, multimedia artist (en) Traducir, new media artist (en) Traducir, fotoxornalista, escultora, artista visual, cineasta, profesora universitaria, fotógrafa, guionista, artista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAcademy of Media Arts Cologne (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
MAERZ (en) Traducir (1979–) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoInstalación e Videoarte Editar o valor en Wikidata
MovementoNew media art (en) Traducir, Arte feminista (pt) Traducir, Viennese Actionism (en) Traducir, performance (pt) Traducir e Arte contemporánea Editar o valor en Wikidata
RepresentanteElectronic Arts Intermix (en) Traducir, Video Data Bank (en) Traducir, Light Cone e LIMA Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalPeter Weibel: Valie Export & Peter Weibel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 de xuño de 1977Documenta 6 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Premios

Descrito pola fontemediakunst.net
KALLIOPE Austria (en) Traducir, (p.102) >>>:VALIE EXPORT
Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webvalieexport.at Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0264072 Allocine: 12288 Allmovie: p89231
Discogs: 441267 Editar o valor en Wikidata
Escultura en Allensteig.

Valie Export tamén VALIE EXPORT, nada en Linz o 17 de maio de 1940, o seu nome de nacemento é Waltraud Lehner e despois da súa voda Waltraud Höllinger, é unha artista feminista austríaca. O seu traballo inclúe videoinstalacións, performances, cine expandido, animacións de computador, fotografía, escultura e publicacións sobre arte contemporánea. É unha das artistas pioneiras en analizar as políticas de xénero. Na súa creación abórdanse temas como a identidade, o sexo e o corpo como modo de expresión e linguaxe.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Até os 14 anos foi educada nun convento e máis tarde estudou na Escola de Artes e Oficios de Linz.

Os seus inicios artísticos estiveron vencellados ao accionismo vienés dos anos 60, un movemento formado no seu maior parte por homes, e que tiña no propio corpo o campo de formulación artística esencial, coa realización de performances que buscaban tirar da súa comodidade a unha sociedade austríaca que se volveu a acomodar na normalidade con gran rapidez unha vez finalizada a segunda guerra mundial.

A súa identidade como muller e a procura dun camiño persoal, levouna a entrar de cheo en reflexións sobre o papel que desempeñara historicamente a muller na historia da arte, e como os esquemas patriarcais definiran dunha maneira determinada a identidade feminina incorporándose de cheo nos postulados dunha arte feminista.[2]

En 1967 inventou e adoptou o seu nome artístico "VALIE EXPORT", un concepto e logotipo que lle dará nome o resto da súa carreira e que debe ser escrito en maiúsculas. Rexeitando os apelidos do seu pai e do seu marido, colle o termo dunha marca de cigarros.

Nun dos seus primeiros traballos, o seu rostro ocupaba cunha fotografía (Selbsproträt, 1968) un paquete de cigarros cuxo logotipo fora manipulado e cunha lenda en latín e alemán "Semper et ubique, Immer und Uberall" (sempre e ubicua), unha forma de significarse como unha muller cuxa marca é froito da súa vontade e non da imaxe sexista que a iconografía occidental construía delas.[1]

O seu traballo é relevante dentro da historia da arte feminista grazas ás súas "performances de guerrilla".

Desde 1995/1996 é catedrática de performance multimedia na Academia de Media Kunst|Kunsthochschule für Medien de Colonia, Alemaña.[2]

  • Splitscreen - Solipsismus (1968)
  • INTERRUPTED LINE (1971)
  • ...Remote…Remote... (1973)
  • Mann & Frau & Animal (1973)
  • Adjungierte Dislokationen (1973)
  • Invisible Adversaries (Unsichtbare Gegner, 1976)
  • Menschenfrauen (1977)
  • Syntagma (1983)
  • The Practice of Love (Die Praxis der Liebe, 1984)
  • I turn over the pictures of my voice in my head (2008)

Exposicións

[editar | editar a fonte]
  • 1997 Split Reality: VALIE EXPORT. Mumok, 20er Haus, Viena
  • 2004 VALIE EXPORT. Camden Arts Centre, Londres
  • 2007 VALIE EXPORT. Centre Georges Pompidou, París
  • 2010 Zeit und Gegenzeit. Österreichische Galerie Belvedere, Wien, after at the Museion, Bolzano
  • 2012 VALIE EXPORT Archiv. Kunsthaus Bregenz, Bregenz
  • 1990: City of Vienna Prize for Visual Arts
  • 1992: Austrian Prize for video and media art
  • 1995: Sculpture Award at the Generali Foundation
  • 1997: Gabriele Münter Prize
  • 2000: Oskar Kokoschka Prize
  • 2000: Alfred Kubin Prize Big Price culture of Upper Austria
  • 2003: Gold Medal for services to the City of Vienna
  • 2005: Austrian Decoration for Science and Art
  • 2009: Honorary Doctorate of the University of Arts and Industrial Design Linz
  • 2010: Grand Gold Decoration for Services to the Republic of Austria
  1. 1,0 1,1 País, Ediciones El (17 de xaneiro de 2004). "Reportaje | Valie Export: la mirada resistente" (en castelán). Consultado o 31 de xulo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Bock, ans-Michael; Bergfelder, im (30 de setembro de 2009). The Concise Cinegraph: Encyclopaedia of German Cinema (en inglés). Berghahn Books. ISBN 9780857455659. Consultado o 31 de xullo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]