Xiamen
廈門市 (zh-tw) Ē-mn̂g-chhī (nan) 厦门市 (nan-hani) 厦门市 (zh-cn) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | República Popular da China | ||||
Provincias da República Popular da China | Fujian (pt) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Haicang District (en) Huli District (en) Jimei District (en) Siming District (en) Tong'an District (en) Xiang'an District (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.110.000 (2018) (2.418,51 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.699,39 km² | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Congresso de Povo de Xiamen (pt) , | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 361000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 00592 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Dushanbe Sasebo Baltimore Maratona (pt) George Town (pt) Kaunas Wellington City (en) Cardiff (1983–) Surabaia (2006–) Esmirna (2012–) | ||||
Sitio web | xiamen.gov.cn |
Xiamen (en chinés tradicional: 廈門; en chinés simplificado: 厦门; pinyin: Xiàmén) é unha cidade costeira da provincia de Fukien, localizada na illa de Xiamen, na illa de Gulangyu e unha parte da costa continental chinesa. A lingua local é o hokkien, aínda que o mandarín tamén se utiliza amplamente na cidade. Conta con 4,11 millóns de habitantes (2018). Amoy é o nome co que se coñece a cidade en Occidente.
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 282 o lugar converteuse no distrito de Tong'an (同安縣), unha subentidade da Prefectura de Jin'an (晉安郡). En 1387, o Imperio Ming usouna como base contra dos piratas. En 1541 Xiamen foi o primeiro porto comercial chinés utilizado polos europeos. No ano 1650 o pirata Koxinga estableceuse aquí, denominándoa Illa de Siming (思明洲), en 1680 os manchús déronlle o seu actual nome. Xiamen foi un dos cinco portos chineses abertos polo Tratado de Nanking (1842) e converteuse no primeiro exportador de té, como resultado o dialecto da cidade tivo unha grande influencia no léxico que as linguas europeas tomaron da China, como té ou ketchup. En 1980 converteuse nunha Zona Económica Especial.
No ano 2000, descubriuse na cidade o caso de corrupción na China, implicando a 200 funcionarios.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]- Cardiff, Reino Unido (dende 1983)
- Sasebo, Xapón (dende 1983)
- Cebú, Filipinas (dende 1984)
- Baltimore, Maryland, Estados Unidos (dende 1985)
- Wellington, Nova Zelandia (dende 1987)
- Penang, Malaisia (dende 1991)
- Sarasota, Florida, Estados Unidos (pendente)