Xoán Xurxo III de Saxonia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xuño de 1647 Dresden, Alemaña |
Morte | 12 de setembro de 1691 (44 anos) Tubinga, Alemaña |
Lugar de sepultura | Freiberg Cathedral (en) |
Príncipe elector | |
Datos persoais | |
Relixión | Luteranismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Nobreza, política e militar |
Ocupación | gobernante, político |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Familia | |
Familia | Casa de Wettin |
Cónxuxe | Ana Sofia da Dinamarca (1666–) |
Parella | Margherita Salicola |
Fillos | Xoán Xurxo IV de Saxonia () Ana Sofia da Dinamarca Augusto II el Fuerte () Ana Sofia da Dinamarca Johann Georg Maximilian von Fürstenhoff () Margherita Salicola |
Pais | Xoán Xurxo II de Saxonia e Madalena Sibila de Brandemburgo-Bayreuth |
Irmáns | Erdemunda Sofia da Saxónia |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Xoán Xurxo III de Saxonia (en alemán: Johann Georg III.), nado en Dresde o 20 de xuño de 1647 e finado en Tubinga o 12 de setembro de 1691, foi elector de Saxonia e membro da Casa de Wettin.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era o fillo máis novo e o único sobrevivente de Xoán Xurxo II de Saxonia e Madalena Sibila de Brandeburgo-Bayreuth. Dende a súa nenez, foi instruído para suceder un día ó seu pai, polo que a súa educación foi moi estrita, abranguendo dende lingüística até o adestramento en enxeñaría en construción de fortalezas, e enmarcada na educación luterana.
Suba ó poder
[editar | editar a fonte]Sucedeu ó seu pai como elector de Saxonia trala morte deste no ano 1680, e tamén foi nomeado mariscal do Sacro Imperio Romano Xermánico pola súa coraxe en batalla, sendo coñecido como o "Marte de Pedra".
O seu carácter era máis ben semellante ó do seu pai, o elector Xoán Xurxo II. Coma el, tiña unha grande inclinación cara ás artes, principalmente a música e o teatro italianos. O ano 1685, Xoán Xurxo coñeceu á cantante de ópera Margherita Salicola, quen se converte na súa amante e con quen tivo unha relación bastante pública e aberta. Isto determinou unha nova era para o teatro saxón, que sepulta a vella tradición dos castrados e promove as "primas donnas" no escenario. Por outra banda, acolleu á Orde dos Pietistas de Philipp Jakob Spener quen se converte en Gran Mestre Predicador o ano 1686.
Namentres, o ducado estaba resentido aínda pola guerra dos Trinta Anos. En 1689, Dresde contaba con 21 mil trescentos habitantes e a súa provincia comezaba a decaer. Catro anos antes, a vella cidade atopábase completamente destruída por un incendio; máis tarde, a Wolf Caspar de Klengel e Balthasar Permoser foilles encomendado polo duque a reconstrución da cidade, privilexiando o desenvolvemento do barroco segundo a moda daquel tempo.
Xoán Xurxo demostrou un enorme interese pola arte militar e, como elector, enviou á armada saxoa á Campaña do Reno. Cando tomou o poder como elector, eliminou a súa Garda Real e formou un novo exército de 12 mil soldados, tomando como modelo o Margraviato de Brandeburgo. Os rexistros de guerra (ou Kriegskanzlei) foron empregados como un servizo de espionaxe. Ademais, usáronse métodos bastante opresivos para obrigar ós homes a recrutarse no exército.
En política exterior foi menos eficaz có seu pai, xa que as relacións coa coroa francesa arrefriaron a tal punto que se aliou con Brandeburgo e outros principados alemáns para formar oposición.
Xoán Xurxo, como aliado dos Habsburgo, contribuíu á defensa de Viena, asediada polos turcos, pero enviou un exército de 10 mil homes só despois do pago dunha considerable suma que ascendía a 300.000 táleros de parte do emperador. Isto débese a que recibira moitas críticas xa que as arcas do Estado non podían soportar o gasto excesivo que requiría esta empresa, á que había que engadirlle o desprezo ó emperador católico, que se opuxo de maneira notable ó protestantismo nas súas terras.
Xoán Xurxo acompañou ó emperador na celebración do triunfo en Viena, mais o 15 de setembro decide de xeito repentino volver a Saxonia coas súas tropas, probablemente por mor do mal trato do que era vítima. É probable que isto se debese á discriminación relixiosa que os católicos tiñan cara ós protestantes.
Debido a un novo ataque turco, o ano 1685 enviou novamente tropas, de moi mala gana xa que foi sen un pago en troques, esta vez foron 5 mil homes como tropas auxiliares do emperador. A República de Venecia utilizou tamén 3 mil mozos saxóns o ano 1684 para a Guerra de Morea no Peloponeso, logo dun pago de 120.000 táleros.
Non foi partícipe da Grande Alianza do ano 1686 contra Francia, aínda que se reuniu na Haia con Guillerme de Orange, Xurxo Guillerme de Brunswick-Luneburgo e Federico Guillerme I de Brandeburgo para organizar un Estado Maior que se opuxese ás ansias expansionistas de Lois XIV de Francia. Porén, Xurxo Guillerme non apoiou a suba ó trono de Inglaterra de Guillerme de Orange.
Trala Guerra dos Nove Anos en 1689, enviou outra vez as súas propias tropas en defensa da rexión de Franconia.
Malia a súa precaria saúde, en maio de 1690 toma o mando da armada austríaca. Porén, o éxito da empresa foi comprometida en parte polos desavinzas entre Xoán Xurxo, o mariscal de campo Hans Adam von Schöning e o capitán Enea de Caprara; soamente a batalla de Sendhofen foi exitosa.
Xoán Xurxo morreu ó pouco tempo en Tubinga, onde sufriu a cólera ou a peste. Foi sepultado na Catedral de Freiberg.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Heinrich Theodor Flathe: Johann Georg III., Kurfürst von Sachsen. A: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Band 14, Duncker & Humblot, Leipzig 1881, S. 383 f.
- Karlheinz Blaschke: Johann Georg III. A: Neue Deutsche Biographie (NDB). Band 10, Duncker & Humblot, Berlín 1974, S. 527.