Xosé Ramón Freixeiro Mato
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de outubro de 1951 (73 anos) Vilanova, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Formación profesional | Maxisterio, Filoloxía Románica e Filoloxía Galego-Portuguesa |
Actividade | |
Ocupación | filólogo |
Xénero artístico | Ensaio |
Premios | |
| |
Xosé Ramón Freixeiro Mato, nado en Vilanova (Cances, Carballo)[1] o 13 de outubro de 1951, foi profesor titular, primeiro, despois catedrático (desde 2010) e profesor emérito[2] na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña na área de Filoloxía Galego-Portuguesa ata a súa xubilación en 2021.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois dunha infancia como neno labrego, pasou por internados relixiosos en Allariz e Cambados, e examinouse por libre nun instituto da Coruña para obter o título de bacharelato superior. A seguir, estudou Maxisterio nesa mesma cidade e nela traballou como profesor de EXB nun colexio privado durante sete anos. Licenciouse posteriormente en Filoloxía Románica e Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade da Coruña cunha tese sobre Antonio Noriega Varela. Foi profesor en institutos de ensino secundario da Coruña e Arteixo e obtivo a praza de catedrático de Lingua e Literatura galegas no ensino medio, cargo desempeñado na cidade herculina. Xa doutorado, accedeu en 1993 á praza docente na UDC.[3][4][5]
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- A cara oculta de Noriega Varela (1992). Santiago: Laiovento.
- Da montaña o corazón (1993). A Coruña: Fundación Caixa Galicia.
- Sebastián Martínez-Risco na cultura galega (1994). Santiago: Laiovento.
- Rafael Dieste: Vida, personalidade e obra (1995). Santiago: Laiovento
- Os diminutivos en galego (1996). Vigo: A Nosa Terra.
- Lingua galega: normalidade e conflito (1997). Santiago: Laiovento.
- Gramática da Lingua Galega (Volumes I-II-III e IV, 1998-2003. Vigo: A Nosa Terra.
- Manual de gramática galega (2001. Vigo: A Nosa Terra.
- Os marcadores discursivos: conectores contraargumentativos no galego escrito (2005). Universidade da Coruña).
- Lingua, nación e identidade (2006). Santiago: Laiovento.
- Cucou o cuco cuqueiro. (Lingua e estilo na obra de Manuel María) (2007). A Coruña: Fundación Caixa Galicia.
- Lingua de calidade (2009). Vigo: Xerais.
- Estilística da lingua galega (2013). Vigo: Xerais.
- A poesía oculta de Filgueira Valverde (2015). A Coruña: Baía Edicións.
- Idioma e sociedade. Sobre a normalización e planificación (2020). Santiago: Laiovento. 294 páxs. ISBN 978-84-8487-484-3.
- A estrela que nos guía. O galego entre un pasado brillante e un incerto futuro (2023). Fundación Moncho Reboiras. 184 páxs. ISBN 978-84-09-51450-2.[6]
Edicións
[editar | editar a fonte]- Antonio Noriega Varela. Obra completa, estudo e edición (1994). Deputación de Lugo.
- A torre de Peito Burdelo, de Galo Salinas (1994). Cadernos da Escola Dramática Galega).
- Antoloxía da prosa literaria medieval (1996). AS-PG/A Nosa Terr).
- Sebastián Martínez-Risco, ensaísta e poeta (obra inédita e esquecida) (1996). Sada: Ediciós do Castro.
- Os séculos escuros e a Ilustración galega. Antoloxía (1996). AS-PG/A Nosa Terra.
- Cos pés na Terra: personalidade e obra inédita ou esquecida de Manuel García Barros (1999). A Fouce.
- Onde ferve o amor por Galiza. Correspondencia do galeguismo exterior con Sebastián Martínez-Risco (1942-1977) (2017). Deputación da Coruña.
- Unha amizade con Ferrol ao fondo. Correspondencia entre Carvalho Calero e Tomás Barros (1947-1983) (2023). Club de Prensa de Ferrol-Xunta de Galicia.[7]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Teatro nas aulas: dez cadernos da Escola Dramática Galega (1987, Editorial Vía Láctea). Con Teresa Fandiño Barreiro e César-Carlos Morán Fraga.
- Literatura Galega. Séculos Escuros e Rexurdimento (1988, Vía Láctea).
- A poesía e o teatro interseculares (1996, AS-PG/A Nosa Terra). Con Francisco Pillado Maior).
- Historia da lingua galega (1998), A Nosa Terra). Con Anxo Gómez Sánchez.
- Castelao na Galiza do século XX. Actas do Simposio (1999, AS-PG/Universidade da Coruña). Coeditor con Manuel Ferreiro Fernández.
- As linguas minoritarias europeas no ámbito do ensino: análise da situación en Galiza, País Basco e Bretaña (2002, AS-PG).
- Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Pensar en Galiza: antoloxía posíbel de colaboracións publicadas na última etapa do Terra e Tempo (2004, Terra e Tempo).
- A lingua literaria galega no século XIX (2005, Universidade da Coruña). Con Xosé Manuel Sánchez Rei e Goretti Sanmartín Rei.
- Guerra Civil e Literatura Galega (1936-1939) (2006, Xerais).
- Lingua e comunicación. IV Xornadas sobre Lingua e Usos (2008, Universidade da Coruña). Con Marisol Ríos e Lucía Filloy.
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María).
- Sobre o racismo lingüístico (2009, Laiovento).
- Lingua e futuro (2010, Laiovento).
- Follas de Carballo (2011, Asociación Cultural Lumieira).
- Carvalho Calero atual (2012, Através).
- Modelos de lingua e compromiso (2014, Baía).
Premios
[editar | editar a fonte]- Gañador do VII Premio Literario Ánxel Fole no 1993, por Da montaña o corazón.
- Gañador do XX Premio Literario Ánxel Fole no 2006, por Cucou o cuco cuqueiro. Lingua e estilo na obra de Manuel María.
- Premio da Crítica Galicia á Investigación en 2014, por Estilística da lingua galega.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2023-11-29.
- ↑ "Ficha de Xosé Ramón Freixeiro Mato". pdi.udc.es. Consultado o 2023-11-29.
- ↑ "Xosé Ramón Freixeiro Mato". www.aelg.gal. Consultado o 2023-11-29.
- ↑ "Xosé Ramón Freixeiro Mato - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-11-29.
- ↑ "Edicións Laiovento - Xosé Ramón Freixeiro Mato". laiovento.gal. Consultado o 2023-11-29.
- ↑ Diario, Nós (2023-11-28). "Freixeiro Mato analiza o pasado e o provir do galego en Vigo". Nós Diario. Consultado o 2023-11-29.
- ↑ Galicia, Xunta de (2023-01-13). "O volume ‘Unha amizade con Ferrol ao fondo’ editado co apoio da Xunta reúne a correspondencia entre os escritores Carvalho Calero e Tomás Barros". Xunta de Galicia. Consultado o 2023-04-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Reflexións sobre a lingua galega a propósito da reforma normativa", texto de por X. R. Freixeiro Mato.