Zósimo, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Nome orixinal | (la) Zosimus PP. |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século IV Mesoraca, Italia (pt) |
Morte | 28 de decembro de 418 Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Basílica de São Lourenço Fora de Muros (pt) |
41º Papa | |
19 de marzo de 417 – 27 de decembro de 418 ← Inocencio I – Bonifacio I → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico, autor |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 26 de decembro |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Zósimo é o 41º papa (de 417 a 418).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sábese pouco sobre a súa vida se non é que é grego, que o seu pai se chamaría Abram e que a súa familia sería de orixe xudía, convertida ao cristianismo.
O pontificado deste papa foi breve, accidentado e marcado por dificultades e contratempos. Foi elixido o 18 de marzo do 417. Houbo dous acontecementos importantes durante o seu goberno. O primeiro é que nomeou a Patroclo como bispo metropolitano de Arlés en contra da opinión de todos os bispos da rexión. O segundo foi que Paio e Celestio, condenados por dous concilios polas súas herexías, apelaron a Zósimo, quen os absolveu. Estes xa foran condenados polo papa anterior, Inocencio I. Parece ser que Zósimo se mostraba demasiado compracente, quizais por ser moi impulsivo nas súas decisións.
Quedan de santo Zósimo trece cartas, escritas con moito vigor e autoridade. Os antigos gabaron moito a constitución de Zósimo contra Paio, da cal non seguimos tendo máis que algúns fragmentos; é coñecida baixo o nome de Tractoria Zosimi, nome xenérico dado ás cartas e decretos levados nas provincias polos correos públicos e que algunhas críticas cren que debía chamarse Tractatoria.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |