Iniciativa popular: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: cs:Lidová iniciativa Eliminado: de:Volksinitiative, he:יוזמה אזרחית |
m bot Engadido: ms:Inisiatif |
||
Liña 51: | Liña 51: | ||
[[fr:Initiative populaire]] |
[[fr:Initiative populaire]] |
||
[[ko:발안제]] |
[[ko:발안제]] |
||
[[ms:Inisiatif]] |
|||
[[nl:Bindend Referendum Op Volksinitiatief]] |
[[nl:Bindend Referendum Op Volksinitiatief]] |
||
[[no:Innbyggerinitiativ]] |
[[no:Innbyggerinitiativ]] |
Revisión como estaba o 14 de maio de 2010 ás 12:50
A iniciativa popular, tamén coñecida como iniciativa cidadá refírese á posibilidade amparada na constitución de que as persoas presenten peticións, cargo de xustiza, avalada polas súas firmas, para que se tome a consideración política un determinado asunto público, como pode ser unha reforma dun estatuto ou dunha lei, ou mesmo unha emenda constitucional.
A iniciativa pode ser directa ou indirecta. Se é directa, a presentación da iniciativa desemboca nun referendo para aprobala ou rexeitala. No caso das iniciativas indirectas, a petición é tomada en consideración polo lexislativo, quen decide se se convoca ou non o correspondente referendo.
Nalgúns países, a iniciativa popular ten unha regulación específica que establece algunhas especialidades na súa tramitación.
Regulación por países
España
No artigo 87.3 da Constitución contémplase a posibilidade -regulada pola Lei Orgánica 3/1984- de que os cidadáns fagan propostas apoiadas por un mínimo de 500.000 firmas, propostas denominadas por lei ILPs (Iniciativas Lexislativas Populares). Con todo, estas iniciativas, teñen unha serie de limitacións:
- Non poden reformar ningunha lei Orgánica, nin regular materia propia da lei Orgánica, o que exclúe o Código Penal, os Estatutos de Autonomía, a Lei Electoral, a do Defensor do Pobo, a do Tribunal Constitucional, a de Educación, a do Dereito de Reunión, a de Liberdade Sindical, a de Liberdade Relixiosa, a de Partidos Políticos, etc.
- Non poden reformar lei tributaria algunha, o que exclúe a Lei Xeral Tributaria, a Lei Reguladora das Facendas Locais, a Lei sobre o IRPF, a Lei do IVE, etc.
- Non poden reformar lei algunha de carácter internacional.
- Partindo de devanditas iniciativas non pode elaborarse lei algunha referente á prerrogativa de graza, o indulto, que segundo o artigo 62.i da Constitución corresponde ao Rei, con arranxo á Lei.
- Non poden reformar nin o Consello Económico e Social, nin os parámetros de redistribución da riqueza, nin a armonización entre rexións, nin a planificación da actividade económica; tampouco poden proporse os Orzamentos Xerais do Estado nin emendas a estes.
- Ademais, segundo o artigo 166 da Constitución, só pode reformarse a Constitución polos apartados 1 e 2 do artigo 87, polo que a ILP queda excluída como vehículo para a reforma constitucional.
Ao longo do período democrático español iniciado en 1978, tan só nove ILP pasaron o filtro da Mesa do Congreso, mentres que unicamente unha Iniciativa Lexislativa Popular foi aprobada polo Pleno, relativa á modificación da Lei de Propiedade Horizontal.
Tamén cabe a posibilidade de presentar iniciativas lexislativas nos diferentes parlamentos autonómicos. Neste caso, os diversos Estatutos de autonomía recollerán as condicións esixidas para iso. Os posibles plebiscitos para a súa aprobación haberán de ser autorizados polo Goberno Central.
Algúns casos
En xuño do 2006 impulsada por Convivencia Cívica de Cataluña[www.convivenciacivica.org páxina principal de Convivencia Cívica Catalá] e Universitarios Liberal Demócratas perante o Parlamento de Cataluña, en defensa do bilingüismo na educación: educación en catalán e en castelán e non monolingüe exclusivamente en catalán. O lema central da campaña era: En castelán tamén?.
Para que esta iniciativa fose debatida no Pleno do Parlamento Autonómico era necesario que 50.000 cidadáns empadroados na Comunidade Autónoma de Cataluña desen o seu apoio explícito á proposta de lei mediante a súa firma. Despois de varios meses de recollida polas rúas de Cataluña e máis dun milleiro de mesas petitorias instaladas, finalmente foron entregadas as firmas de 57.000 cataláns. Tralo debate no Parlamento de Cataluña, do que marcharon a maioría de deputados dos partidos que conforman o Goberno Autonómico para non escoitaren aos promotores da Iniciativa, a proposición de lei foi rexeitada no seu trámite inicial.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- PetitionOnline.com Iniciativas Populares (en inglés).
- Iniciativa Legislativa Popular (ILP) "Televisió sense fronteres"
- [1](ILP) "Seis Millóns de Empregos"]