A árbore dos zocos
A árbore dos zocos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | L'albero degli zoccoli |
Director | Ermanno Olmi |
Produtor | RAI/GPC Italia |
Guión | Ermanno Olmi |
Intérpretes | Luigi Ornaghi Francesca Moriggi Omar Brignoli |
Música | Bach Mozart |
Fotografía | Ermanno Olmi |
Montaxe | Ermanno Olmi |
Distribuidora | Fantafilms |
Estrea | 21 de setembro de 1978 28 de agosto de 1989 (TVG) |
Duración | 186 minutos |
Orixe | Italia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
A árbore dos zocos (en italiano: L'albero degli zoccoli) é un filme italiano de 1978 escrito e dirixido por Ermanno Olmi. Conta a historia dun grupo de labregos da rexión da Lombardía nunha cascina a finais do século XIX. Ten semellanzas co neorrealismo italiano, xa que se centra na vida dos pobres e algunhas partes foron interpretadas por granxeiros reais e non por actores profesionais.
Gañou catorce premios, incluída a Palma de Ouro no Festival de Cannes[1] e o César ao mellor filme estranxeiro. O filme está falado en bergamasco, dialecto do lombardo oriental.
Estreouse en galego o 28 de agosto de 1989 a través da TVG.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Catro familias campesiñas traballan en granxas para o mesmo dono nunha existencia miserable en 1898 nos arredores de Bérgamo. Ao longo dun ano nacen nenos, plántanse colleitas, mátanse animais, casan parellas e intercámbiase historias e pregarias. Un fondo revolucionario é visto polos campesiños, mais é ignorado, cando un axitador comunista dá un discurso na feira local e cando unha parella acabada de casar visita a cidade de Milán e é testemuña do arresto de prisioneiros políticos. Cando chega a primavera, o pai dunha das familias corta unha árbore para facer zocos para que o seu fillo poida camiñar á escola, pero o propietario descóbreo e a familia é obrigada a marchar da terra.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Luigi Ornaghi como Batistì
- Francesca Moriggi como Batistina
- Omar Brignoli como Minec
- Antonio Ferrari como Tuni
- Teresa Brescianini como Widow Runk
- Giuseppe Brignoli como Anselmo
- Carlo Rota como Peppino
- Pasqualina Brolis como Teresina
- Massimo Fratus como Pierino
- Francesca Villa como Annetta
- Maria Grazia Caroli como Bettina
- Battista Trevaini como Il Finard
- Giuseppina Langalelli como La Moglie Finarda
- Lorenzo Pedroni como Il nonno Finard
- Felice Cervi como Uslì
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Festival de Cannes: The Tree of Wooden Clogs". festival-cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 29-09-2012. Consultado o 20-5-2009.
- ↑ "Programación da TVG". ABC. 28 de agosto de 1989. Consultado o 1 de marzo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A árbore dos zocos |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A árbore dos zocos na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)