Colección Ablativo Absoluto
Aparencia
A colección Ablativo Absoluto foi unha colección literaria de Edicións Xerais de Galicia creada en 1996 e dedicada a primeiras edicións de poesía contemporánea en lingua galega, así como algunha tradución doutras linguas. Estaba a cargo de Fran Alonso, e formaban parte do consello editorial Iris Cochón, Helena González Fernández, María do Cebreiro e Miro Villar.
Libros editados
[editar | editar a fonte]- Palimsesto (Agostiño Lomba)
- Traballo de campo (Seamus Heaney, 1996)
- Nínive (Chus Pato, 1996)
- Poemas da cidade oculta (Estevo Creus, 1996)
- O asasino estrábico (Anxo Quintela, 1996)
- Muller ceiba (Sandra Cisneros)
- Nós nus (Olga Novo, 1997)
- Upalás (Grupo Rompente, 1998; antoloxía)
- O almorzo do pintor de iconos Andrei Rublev (Claudio Pato, 1997)
- Casa ou sombra (Rafa Villar, 1997)
- Ferros e ameixas (Carles Bellsolá)
- Hiaptia (Alfonso Pexegueiro, 1998)
- o estadio do espello (María do Cebreiro, 1998)
- Zona gris á mañá (Durs Grünbein)
- Os teus dedos na miña braga con regra (Lupe Gómez, 1999)
- Lúa gris (Eduardo Estévez, 1999)
- O sangue dos árabes (Lino Braxe, 1999)
- Paisaxes do baleiro (Eva Veiga, 1999)
- As galiñas de vento (Günter Grass)
- sede auga (Cesáreo Carballido)
- Far-west (Carlos Negro, 2001)
- A tribo das baleas. Antoloxía trilingüe da poesía galega última (Helena González, antóloga)
- casa atlántica casa cabaret (María Lado, 2001)
- 1999 (Helena de Carlos, 2001)
- Unha vida de traballo nos bosques do cánabo (Claudio Pato, 2002)
- Damas negras: música e poesía cantada por mulleres (María do Cebreiro, antóloga; 2002)