Copyleft
Copyleft | |
---|---|
Tipo | Práctica |
Nomeado en referencia a | Dereito de autoría e Esquerda política |
Organización relacionada | Recursos educativos abertos |
[ editar datos en Wikidata ] |
Copyleft é a práctica de ofrecer o dereito a distribuír libremente copias e versións modificadas de obras coa única restrición de que as novas obras teñen que ter os mesmos dereitos de distribución. Así é que o copyleft defínese como a estratexia de emprego do copyright, ou leis de dereitos de autor, para fomentar a copia, difusión, modificación e mellora de traballo informático, literario ou artístico. Conta cun conxunto de licenzas copyleft que establecen os termos legais que se aplican ás obras derivadas das obras.[1][2]
As condicións do autor son, que no canto de prohibir a copia como se fai coas leis de dereito de autor, que cun copyleft establece baixo que termos se poden usar, facer a copias e modificar a súa obra, co requisito de que se manteñan sempre as mesmas condicións de emprego e difusión desas novas obras.[1][3]
As licenzas copyleft de software establecen que toda a información necesaria para reproducir e modificar a obra estea dispoñible para calquera usuario. Isto implica que ademais dos ficheiros binarios se ten que compartir o código fonte do software e a licenza cos seus termos e o recoñecemento aos autores. A GNU General Public License (GPL), escrita por Richard Stallman, foi a primeira licenza aberta e a que acadou un amplo uso.[4] A Creative Commons, unha organización sen ánimo de lucro fundada por Lawrence Lessig, ofrece unha licenza similar chamada share-alike (que significa comparte do mesmo xeito).[5] Na ciencia estanse a popularizar os proxectos de colaboración aberta, publicación dos datos e software asociados a investigación.[6][7][8]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo copyleft provén do inglés copyright ("dereito de autor"). A tradución literal de copyright sería "dereito de copia". O termo copyleft altera a parte da palabra copyright que significa "dereito" (right, que ao igual que en galego tamén pode facer referencia ao lado dereito), e a transforma en left (que significa "esquerdo", aínda que pode significar tamén "deixar" ou "ceder" en participio). Así, etimoloxicamente copyleft podería significar "cesión de copia", en referencia a que posibilita a creación e distribución de copias modificadas. Por outra banda, Richard Stallman traduciríao coma "esquerdo de copia"[9], e na súa liña podería traducirse como "esquerdos de autor".
Orixe
[editar | editar a fonte]O concepto de copyleft ideouno Richard Stallman, quen quería desenvolver unha licenza de software que ademais de asegurar que se cumprían as catro liberdades do software libre no software baixo a licenza, quería asegurarse de que as modificacións e melloras feitas a dito software por terceiros tamén cumprisen coas catro liberdades.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "What is Copyleft? - GNU Operating System". Consultado o 27 de xullo de 2017.
- ↑ "www.copyleft.org".
- ↑ 3,0 3,1 "Cabos sueltos: Copyleft. Punto y Coma Nº61". Consultado o 27 de xullo de 2017.(en castelán)
- ↑ Stallman, Richard (29 de xuño de 2007). "GNU General Public License". GNU. Free Software Foundation. Consultado o 27 de xullo de 2017.
- ↑ "Attribution-ShareAlike 4.0 International (CC BY-SA 4.0)". Creative Commons. Creative Commons. Consultado o August 14, 2015.
- ↑ "What's open-science? Introduction.". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2018. Consultado o 27 de xullo de 2017.(en inglés)
- ↑ "www.opendatacommons.org".(en inglés)
- ↑ "Open Knowledge International - About". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2015. Consultado o 27 de xullo de 2017.(en inglés)
- ↑ Stallman ten empregado a tradución "izquierdo de copia" ao falar en castelán.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en inglés).
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|