Saltar ao contido

Georges Charpak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorges Charpak

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Hersz Georges Charpak Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1924 Editar o valor en Wikidata
Dubrovytsia, Ucraína (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte29 de setembro de 2010 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
5.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónLycée Saint-Louis (pt) Traducir
École de Physique des Houches (en) Traducir
Escola Superior de Minas de París
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica de partículas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, membro da resistencia francesa, investigador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorConsello Europeo para a Investigación Nuclear (1959–1991)
Centre national de la recherche scientifique (1948–1959) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoPhilippe Coulon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeDominique Vidal Editar o valor en Wikidata
FillosNathalie Charpak Editar o valor en Wikidata
IrmánsAndré Charpak Editar o valor en Wikidata
Premios

Find a Grave: 59643973 Editar o valor en Wikidata

Georges Charpak, nado o 1 de agosto de 1924 e finado o 29 de setembro de 2010[1], foi un físico polaco-francés gañador do Premio Nobel de Física.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Charpak naceu na cidade de Dąbrowica en Polonia (actual Dubrovytsia, Ucraína) nunha familia xudía de orixe polaca-ucraína. A familia de Charpak emigrou de Polonia a París cando el tiña sete anos de idade.

Durante a segunda guerra mundial Charpak enrolouse na Resistencia francesa, foi feito prisioneiro polas autoridades da Francia de Vichy en 1943. En 1944 foi deportado a un campo de concentración Nazi no Dachau, onde permaneceu ata que o campo foi liberado no 1945. Despois de graduarse no instituto de Montpellier, en 1945 entrou na École des Mines, en París, unha das máis prestixiosas escolas de enxeñería de Francia. O ano seguinte nacionalizouse como cidadán francés.

Graduouse en 1948, obtivo o seu grao de enxeñaría de minas e comezou a traballar para o Centre national de la recherche scientifique (CNRS). Recibiu o seu doutoramento en 1954 de Física nuclear no Collège de France, París, onde traballou no laboratorio de Frédéric Joliot-Curie. En 1959 uniuse ao CERN (European Organization for Nuclear Research) en Xenebra e en 1984 converteuse en profesor da Escola de Estudos Avanzados en Física e Química en París.

Foi membro da Academia de Ciencias Francesa en 1985. En 1992, recibiu o Premio Nobel de Física "polo invento e desenvolvemento de detectores de partículas, en particular a cámara multicable".

En Francia, Charpak foi un defensor decidido da enerxía nuclear e era membro do comité que publica o Bulletin of the Atomic Scientists[1] Arquivado 05 de agosto de 2009 en Wayback Machine..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]