Saltar ao contido

Gerd von Rundstedt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGerd von Rundstedt

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Karl Rudolf Gerd von Rundstedt Editar o valor en Wikidata
12 de decembro de 1875 Editar o valor en Wikidata
Aschersleben, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte24 de febreiro de 1953 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Hannover, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaStadtfriedhof Stöcken (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia de Guerra Prussiana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial, militar, soldado Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1892 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
LealdadeAlemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército de terra Editar o valor en Wikidata
Rango militarMariscal de Campo Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Grupo de Exércitos Sul (pt) Traducir e Army Group D (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial (Primeira Batalla do Marne)
segunda guerra mundial (Operación Barbarossa, Batalla das Ardenas, Batalla de Francia) Editar o valor en Wikidata
Participou en
20 de novembro de 1945Xuízos de Nuremberg Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosHans Gerd von Rundstedt Editar o valor en Wikidata
PaiGerd von Rundstedt Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0902906 BNE: XX1202794 WikiTree: Von_Rundstedt-1 Find a Grave: 46405239 Editar o valor en Wikidata
Gerd von Rundstedten en 1932.

Gerd von Rundstedt, nado en Aschersleben o 8 de decembro de 1875 e finado en Hannover o 24 de febreiro de 1953, foi un mariscal de campo alemán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun oficial de cabaleira que serviu na guerra francoprusiana, estudou na academia militar de Lichtelfelder e máis tarde na Academia de guerra de Berlín. Durante a primeira guerra mundial serviu na fronte do Oeste no goberno militar alemán de Anveres e posteriormente no goberno militar alemán en Polonia. Loitou nos Cárpatos e cara ao final da guerra volveu á fronte occidental.

Durante o réxime nazi participou na anexión dos Sudetes e retirouse como Generaloberst (o rango inferior a mariscal).

Segunda guerra mundial

[editar | editar a fonte]

Conquista de Polonia

[editar | editar a fonte]

Hitler chamouno para poñelo a fronte dos exércitos do Sur na invasión de Polonia dende Silesia e Eslovaquia. Tivo como xefe de staff a Enric Von Manstein. Atravesou a fronteira o 1 de setembro de 1939 e capturou Cracovia o 6 de setembro, librou a batalla de Bzura e conquistou Varsovia que se rendeu o 28 de setembro tras 10 días de asedio.

Vitoria sobre Francia

[editar | editar a fonte]

Durante a batalla de Francia comandou o Grupo de exércitos A que en maio de 1940 atravesou o que se cría o impracticable bosque das Ardenas e cercou a 300.000 soldados franco-británicos avanzados en Bélxica, grazas a rapidez dos Panzer de Heinz Guderian, un famoso xeneral baixo as súas ordes. Este plan concibido por Manstein, foi apoiado por Rundstedt perante Hitler e resultou determinante do colapso do exército anglofrancés.

O 20 de maio Hitler viaxa ao cuartel xeral de Rundstedt onde se acorda que este xire as súas tropas e avance cara a Rheims e a través de Alsacia. En poucos días rompeu a resistencia francesa cruzando o Marne e tomou Dijon e Lión. O avance detívose cando Francia pediu o armisticio.

Foi ascendido a mariscal de campo, e malia os seus desexos de retirarse, Hitler nomeouno Comandante en Xefe do Oeste.

Invasión da Unión Soviética

[editar | editar a fonte]

Durante a invasión alemá da Unión Soviética comandou os exércitos do sur que protagonizaron o embolsamento das tropas soviéticas en Uman e Kíiv capturando a centos de miles de soldados do exército roxo. Malia o éxito da conquista de Ucraína e Crimea (esta tras a importante vitoria de Mariupol), Rundstedt foi relevado por Hitler debido á retirada do exército alemá da recentemente tomada Rostov que Rundstedt autorizara debido ao adianto do duro inverno ruso e a carencia de municións, alimentos, combustible e vehículos.

Fronte Occidental

[editar | editar a fonte]

Novamente chamado por Hitler, prestou os seus servizos na fronte Oeste. Tras o desembarco de Normandía, desbaratou a gran operación aerotransportada dos aliados, denominada Market Garden, e reeditou un fulgurante avance dende as Ardenas que a piques estivo de chegar a Anveres. O desgaste do exército alemán a esa altura da guerra impediu culminar ese último intento por gañar a iniciativa aos aliados.

Tras a rendición de Alemaña, non se puido demostrar unha participación directa nos crimes de guerra e os xenocidios que na reteguarda da súa fronte executaban as SS, mais semella indiscutible para os historiadores de que coñecía eses delitos contra a humanidade. Ese factor e a súa delicada saúde foron as razóns esgrimidas para a súa liberación en maio de 1949.