Saltar ao contido

Grace Kelly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaA Súa Alteza Serenísima Editar o valor en Wikidata
Grace Kelly

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Grace Patricia Kelly Editar o valor en Wikidata
12 de novembro de 1929 Editar o valor en Wikidata
Filadelfia (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Morte14 de setembro de 1982 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
comuna de Mónaco (Mónaco) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral da Nosa Señora Inmaculada Editar o valor en Wikidata
Consorte de Mónaco
1956 – 1982 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónAmerican Academy of Dramatic Arts (–1949)
Neighborhood Playhouse School of the Theatre Editar o valor en Wikidata
Altura169 cm Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata (1956–), actriz de teatro, actriz de televisión, modelo, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1949 Editar o valor en Wikidata - 1956 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoWéstern Editar o valor en Wikidata
ProfesoresSanford Meisner Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrincesa consorte Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Grimaldi Editar o valor en Wikidata
CónxuxeRainerio III de Mónaco (1956–1982), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
FillosCarolina de Mónaco, Alberte II de Mónaco, Estefanía de Mónaco Editar o valor en Wikidata
PaisJohn B. Kelly Editar o valor en Wikidata  e Margaret Katherine Majer Editar o valor en Wikidata
IrmánsMargaret Kelly
John B. Kelly, Jr.
Elizabeth Kelly Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
18 de abril de 1956Voda de Rainerio III, príncipe de Mónaco, e Grace Kelly Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Our hidden heritage : Pennsylvania women in history (en) Traducir, (p.381) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000038 Allocine: 887 Rottentomatoes: celebrity/grace_kelly Allmovie: p37518 63086 Metacritic: person/grace-kelly TV.com: people/grace-kelly IBDB: 67951
BNE: XX986318 Musicbrainz: 3ac772ad-4fd2-4546-ad7b-48c76e8847f1 Discogs: 289568 Allmusic: mn0000195649 WikiTree: Kelly-2467 Find a Grave: 571 Editar o valor en Wikidata
Grace Kelly en outubro de 1956.

Grace Patricia Kelly, nada en Filadelfia (Pensilvania) o 12 de novembro de 1929 e finada en Mónaco o 14 de setembro de 1982, foi unha das máis importantes actrices de Hollywood da década de 1950, musa do director Alfred Hitchcock e esposa do príncipe Rainiero III de Mónaco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia católica de orixe irlandesa. Aínda que a súa familia se opuxo a que fose actriz chegou a cumprir o soño que albergaba dende que era cativa. Foi a Nova York onde traballou de modelo e estudou interpretación na Academia Nacional de Arte Dramática.

En 1949 conseguiu o seu primeiro papel na zona de teatros máis prestixiosa de Nova York. Traballou na televisión, pero decidiu marchar aos Ánxeles e probar sorte no cine. En 1951, aos 22 anos realizou a súa primeira película chamada Fourteen Hours cun papel secundario. A súa elegancia e delicada beleza chamaron a atención en Hollywood, de maneira que nos anos seguintes ofrecéuselle un papel principal no wéstern High Noon, xunto a outra celebridade, Gary Cooper.

A súa seguinte película foi Mogambo, xunto a Clark Gable e Ava Gardner, pola cal foi candidata ao Óscar como mellor actriz secundaria. Na súa curta carreira cinematográfica, Grace foi unha das actrices preferidas de Alfred Hitchcock, con que traballou en tres películas máis; Dial M for Murder con Ray Milland, A ventá indiscreta con James Stewart, e To Catch a Thief, con Cary Grant. Esta última feita en Mónaco, onde a actriz coñeceu o seu futuro esposo, o príncipe Rainiero. Tamén traballou ao lado do Sir Alec Guinness na película O cisne.

En 1954, aos 25 anos, gañou un Óscar como mellor actriz principal por The Country Girl, protagonizada por Bing Crosby e William Holden. Dise deste Óscar que llelo concederon para facela máis famosa e para beneficiar o principado. Tamén se di que llo roubou a Judy Garland porque Grace non era unha boa actriz.[Cómpre referencia]

A súa última película foi High Society, novamente con Bing Crosby. Despois trasladouse a Mónaco para casar co príncipe, e abandonou o cine. O casamento realizouse o 14 de maio de 1956. A partir de entón a súa vida e o seu traballo estiveron dedicados por completo á súa familia e ao principado. Tivo tres fillos con Rainiero chamados Alberte, Carolina e Estefanía.

O 13 de setembro de 1982 a princesa Grace sufriu un grave accidente cando dirixía o seu automóbil por unha estrada preto de Mónaco. Levaba a súa filla Estefanía, quen saíu sen danos e da que se creu que foi quen conducía o automóbil nese momento. Ao día seguinte a princesa morreu no Centro Hospitalario Princesa Grace, con 52 anos.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Grace Kelly en Mogambo.
  • Fourteen Hours, 1951.
  • High Noon, 1952.
  • Mogambo, 1953.
  • Dial M for Murder, 1954.
  • A ventá indiscreta, 1954.
  • The Country Girl, 1954.
  • Green Fire, 1954.
  • The Bridges at Toko-Ri, 1954.
  • To Catch a Thief, 1955.
  • The Swan, 1956.
  • High Society, 1956.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]