Saltar ao contido

Heinrich Trettner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHeinrich Trettner

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1907 Editar o valor en Wikidata
Minden, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte18 de setembro de 2006 Editar o valor en Wikidata (98 anos)
Mönchengladbach, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Inspetor-Geral da Bundeswehr (pt) Traducir
1 de xaneiro de 1964 – 25 de agosto de 1966
← Friedrich Albert FoertschUlrich de Maizière → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn - economist (en) Traducir (1953–1956)
Görres-Gymnasium Düsseldorf (en) Traducir (–1925)
Base Aérea de Lipetsk (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoExército e oficial Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmilitar, soldado, aviador militar Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1925 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
LealdadeAlemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Rama militarLuftwaffe (pt) Traducir e Deutsches Heer (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarGeneralleutnant (en) Traducir
Xeneral Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)4. Fallschirmjäger-Division (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española
Batalha dos Países Baixos (pt) Traducir
Batalha de Creta (pt) Traducir
segunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Premios

Heinrich Trettner, coñecido como "Heinz" Trettner, nado o 19 de setembro de 1907 e finado o 18 de setembro de 2006, foi un xeneral alemán que serviu na Luftwaffe e na Bundeswehr e foi xefe do Departamento de Loxística da OTAN.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Trettner foi oficial do Estado Maior da Lexión Cóndor, participou na Guerra civil española e na Segunda guerra mundial. Recibiu a Cruz de Cabaleiro da Cruz de Ferro con Follas de carballo na Alemaña nazi. [1] [2] [3]

Segundo o historiador Hans-Adolf Jacobsenn en 1962 Trettner afirmou que Hitler fora dos poucos en avaliar correctamente o perigo do bolxevismo e actuara en consecuencia. A RDA compilou en 1964 un libro branco con información dos crimes de guerra de Trettner, entre eles a súa participación no bombardeo de Gernika, que a RFA cualificou de Kommunistische Verleumdung ("difamación comunista").[4][5]

De 1964 a 1966 foi inspector xeral da Bundeswehr na RFA. O ex-comandante da Forza Aérea da República Española (FARE), Ignacio Hidalgo de Cisneros, fixo unha declaración pública criticando o nomeamento.[6]

Nos anos 70 publicou na revista Vaticana Communio, fundada por Joseph Ratzinger, dous artigos sobre o Vaticano e o desarme.[7]

Trettner morreu un día antes do seu 99º aniversario. Foi o derradeiro xeneral vivo da Wehrmacht.

  • Cruz de Guerra Española (30 de setembro de 1938) [8]
  • Medalla de la Campaña de España (1 de decembro de 1938)
  • Cruz de España de Ouro (6 de xuño de 1939) (España franquista)
  • Insignia de Ferido (1939) D. Negro (3 de marzo de 1944)
  • Cruz de Ferro (1939) 2a clase (12 de maio de 1940) e 1a clase (12 de maio de 1940)
  • Insignia de piloto/observador en ouro e con diamantes
  • Cruz de Cabaleiro da Cruz de Ferro con follas de carballo
    • Cruz de Cabaleiro o 24 de maio de 1940, ás 7. División Flieger
    • 586 Follas de carballo, 17 de setembro de 1944, como Xeneral Maior e comandante da 4ª. División Fallschirmjäger (Alemaña nazi)
  • Legion of Merit (Estados Unidos) (1 de novembro de 1964)
  • Cabaleiro Comandante da Real Orde Vitoriana (Gran Bretaña) (18 de maio de 1965)
  • Gran Cruz da Orde de Xurxo I (Grecia ) (16 de xullo de 1965)
  • Grande Oficial da Orde do Mérito da República Italiana (Grand Ufficiale Ordine al Merito della Repubblica Italiana) (Italia) (8 de agosto de 1965)
  • Gran Cruz coa estrela e a faixa da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña (18 de xaneiro de 1967) (RFA)
  • Grande Oficial da Légion d'honneur (Francia) (31 de decembro de 1969)
  1. "German Paratroopers - Lieutenant General HEINRICH TRETTNER" (en inglés). Consultado o 2018-02-11. 
  2. "Trettner, Heinrich "Heinz" - TracesOfWar.com" (en inglés). Consultado o 2018-02-11. 
  3. "Generalleutnant Heinrich "Heinz" Trettner (Luftwaffe)". Consultado o 2018-02-11. 
  4. "Bonn Backs Army Chief on War‐Crimes Charge; Issues a Detailed Rebuttal of East German Attack; Red Aide Accused Trettner of Misdeeds in 7 Lands". The New York Times (en inglés). 1964-04-14. ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-08-10. 
  5. "'Findbuecher' (buscador)". www.bundesarchiv.de (en alemán). Consultado o 10 de agosto de 2022. 
  6. Galán, Luis (1988). Después de todo: recuerdos de un periodista de la Pirenaica (en castelán). Anthropos. ISBN 978-84-7658-080-6. 
  7. "Ausgaben-Index 1972-1979 - Communio". www.communio.de. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-10. 
  8. Thomas & Wegmann 1986, p. 328.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]