Johannes Steinhoff
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de setembro de 1913 Bottendorf, Alemaña (en) |
Morte | 21 de febreiro de 1994 (80 anos) Pech, Alemaña |
Lugar de sepultura | Villip Cemetery (en) |
Inspector da Força Aérea Alemã (pt) | |
2 de setembro de 1966 – 31 de decembro de 1970 – Günther Rall → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemán |
Actividade | |
Ocupación | aviador |
Período de actividade | 1934 - |
Carreira militar | |
Lealdade | Alemaña nazi |
Rama militar | Luftwaffe (pt) |
Rango militar | Coronel |
Conflito | segunda guerra mundial |
Familia | |
Irmáns | Charlotte Steinhoff |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Johannes Steinhoff, nado o 15 de setembro de 1913 e finado o 21 de febreiro de 1994,[1] foi un piloto de caza alemán da Luftwaffe na Segunda guerra mundial, e máis tarde, oficial superior da Forza Aérea de Alemaña Occidental (RFA) e comandante militar da OTAN.
Steinhoff foi un dos poucos pilotos da Luftwaffe que sobreviviu voando operativamente entre 1939 e 1945. Derrubou 176 avións dos aliados e foi un dos primeiros en voar o caza a reacción Me-262 en combate, sendo membro "escuadrón de ases" JV 44, dirixido por Adolf Galland.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Steinhoff naceu en Bottendorf, na provincia de Saxonia, fillo dun leiteiro e dunha ama de casa, tivo dous irmáns, Bernard e Wolf.
Antes da guerra estudou para converterse en profesor na Universidade de Jena, pero non puido atopar traballo. Despois alistouse na Kriegsmarine, onde serviu durante un ano como cadete aéreo naval. Steinhoff trasladouse á Luftwaffe antes de que Hermann Göring se convertese no seu comandante en xefe en 1935. Participou no motín contra Göring.[3]
Segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]A súa primeira experiencia de combate foi en 1939, cando a súa unidade interceptou bombardeiros Vicker Wellington que atacaron a industria naval na rexión de Wilhelmshaven. Tamén foi nomeado Staffelkapitän do 10. / JG 26 nese período. [1] En febreiro de 1940, foi trasladado a 4. / JG 52, e servindo alí durante a Campaña de Francia e a Batalla de Inglaterra.
Ao final dese período, a puntuación de Steinhoff avanzara a seis abatementos; mostrou capacidade de transmitir os seus coñecementos na formación de novos pilotos.
En xuño de 1941, o JG 52 participou en operacións ofensivas contra a Unión Soviética, converténdose nunha das unidades da Luftwaffe con maior número de abatemento de avións aliados abatidos. O propio Steinhoff afirmou que, no primeiro mes, 28 avións soviéticos foran derrubados. Permaneceu no JG 52 até marzo de 1943. Foi derrubado, queimándoselle a cara e as pálpebras, polo que tivo que levar lentes escuras desde entón até a súa morte.[3]
Condecoracións
[editar | editar a fonte]- Cruz de ferro (1939) (Alemaña nazi)
- 2ª clase
- 1ª clase
- Trofeo de Honra da Luftwaffe (18 de agosto de 1941)
- Insignia de voo frontal da Luftwaffe en dourada con bandeira "900"
- Insignia de piloto/observador (Alemaña nazi)
- Distintivo de Ferido en ouro (Alemaña nazi)
- Cruz de Cabaleiro da Cruz de Ferro (30 de agosto de 1941)
- Follas de carballo (2 de setembro de 1942)
- Espadas (28 de xullo de 1944)
- Medalla Anschluss (Alemaña nazi)
- Medalla de Sudetes (Alemaña nazi)
- Medalla Oriental (Alemaña nazi)
- Medalla Militar de Longo Servizo (Alemaña nazi)
- Orde do Mérito da República Federal de Alemaña (4 de xullo de 1972)
- Lexión do Mérito dos EEUU (1970)
- Lexión de Honra de Francia (marzo de 1972)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Steinhoff, Johannes : S". Armedconflicts.com (en inglés). Consultado o 2022-08-09.
- ↑ Antón, Jacinto (2019-02-06). "El piloto que estrechó la mano del as de caza Steinhoff". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ 3,0 3,1 Antón, Jacinto (2005-08-06). "El aviador que ardió". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-08-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Johannes Steinhoff |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |