Karl-Heinz Schnell
Non confundir con Karl Schnell (xeneral)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xaneiro de 1915 Alemaña |
Morte | 13 de marzo de 2013 (98 anos) Costa Rica |
Actividade | |
Carreira militar | |
Rango militar | Major (en) |
Conflito | segunda guerra mundial |
Premios | |
Karl-Heinz Schnell,[1] alcumado 'Bubi', nado o 10 de xaneiro de 1915 e finado o 13 de marzo de 2013 foi un piloto da Luftwaffe da Alemaña nazi na Segunda guerra mundial.
Carreira militar
[editar | editar a fonte]Ao comezo da guerra foi asignado ao Gruppe Jagdgeschwader 71 (JG 71).[2] Esa unidade foi marcada para a súa absorción no JG 51 en novembro de 1939 e incorporouse ao 3. /JG 20. O día en que a unidade foi trasladada aos aeródromos de Gante, o 29 de setembro, contra a evacuación aliada en Dunkerque, Schnell conseguiu a súa primeira vitoria: un Spitfire da RAF. Na campaña francesa quedou en supervisión na Canle da Mancha.
Schnell foi acreditado con 72 vitorias aéreas en máis de 500 misións de combate.[3]
Xefe de escuadrón
[editar | editar a fonte]O 30 de setembro de 1940, Schnell foi nomeado Staffelkapitän, substituíu así Oberleutnant Arnold Lignitz.[4] O 14 de novembro, o seu Messerschmitt Bf 109 sufriu un fallo no motor e estrelouse contra o mar,[5] sendo rescatado polo Seenotdienst, o servizo de rescate da Luftwaffe.[6] A súa unidade foi finalmente retirada ao Reich en maio de 1941.
Operación Barbarossa
[editar | editar a fonte]Foi trasladado ao leste de Varsovia para a Operación Barbarossa, a invasión da Unión Soviética. O 24 de xuño derribou sete bombardeiros en tres misións[7] chegando a trinta e un a finais de xullo. En recoñecemento a iso, recibiu a Cruz de Cabaleiro da Cruz de Ferro (Ritterkreuz des Eisernen Kreuzes) o 1 de agosto. A súa unidade loitou no gran cerco de Kíiv de 1941 e no fallado ataque contra Moscova.
O 20 de agosto foi abatido no seu Bf 109 F-2,[8] e trasladado a Francia.
Fronte oriental
[editar | editar a fonte]Con base en Novodugino, directamente ao oeste de Moscova, entrou de inmediato nas frenéticas batallas pola superioridade aérea sobre o saliente de Rzhev e foi rescatado do mar dúas veces máis.
O exército alemán finalmente retirouse en fronte a Moscova para endereitar a primeira liña.
En xuño de 1943 caeu sobre a fronte central. Por mor das feridas[9] ou polas súas críticas cada vez máis abertas ao desenvolvemento da campaña do Alto Mando[2][10] foi chamado a Alemaña.
Comandos de adestramento
[editar | editar a fonte]O 5 de xuño, Schnell foi transferido a unha unidade de adestramento de pilotos.[11] Pero apenas quince días despois, foi trasladado de novo, esta vez ao teatro mediterráneo. Na súa estadía de dous meses supervisou a retirada da unidade desde Italia, pasando por Nápoles, Roma e Lucca na Toscana, mentres os aliados occidentais se preparaban para tomar terra en Europa continental.
Schnell finalmente foi chamado a outra unidade de primeira liña, respondendo á chamada de Johannes Steinhoff para unirse á banda de "malcontentos" de elite de Adolf Galland na JV 44. Alí exerceu como oficial de Platzausbau (encargado da infraestrutura do aeródromo)[12] ata o final da guerra. Unha das súas últimas misións, o 4 de maio de 1945, foi ser enviado polo seu comandante, Heinz Bär, desde a súa base aérea en Salzburgo onda as forzas estadounidenses próximas para obter as súas instrucións de capitulación.[13]
Honras
[editar | editar a fonte]- Cruz de Cabaleiro da Cruz de Ferro o 1 de agosto de 1941 como Oberleutnant e Staffelkapitän do 9./ Jagdgeschwader 51[14][16]
- Cruz alemá de ouro o 10 de outubro de 1942 como Hauptmann no 5./ Jagdgeschwader 51[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Schnell2". www.leisuregalleries.com.
- ↑ 2,0 2,1 Weal 2006, p. 90.
- ↑ "PilotID=274". worldnavalships.com.
- ↑ Prien et al. 2002, p. 80.
- ↑ Prien et al. 2002, p. 89.
- ↑ Foreman 1988, p. 90.
- ↑ Bergström et al. 2006, p. 109.
- ↑ Prien et al. 2003.
- ↑ Forsyth 2008, p. 26.
- ↑ "Luftwaffe Officer Career Summaries". ww2.dk. Consultado o 2022-08-10.
- ↑ Prien et al. 2012, p. 56.
- ↑ Forsyth 2008, p. 63.
- ↑ Forsyth 2008.
- ↑ Fellgiebel 2000, p. 385.
- ↑ Scherzer 2007, p. 677.
- ↑ According to Scherzer as Staffelkapitän of the 8./Jagdgeschwader 51.[15]
- ↑ Patzwall & Scherzer 2001, p. 419.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Weal, John (2001). Bf109 Aces of the Russian Front. Oxford: Osprey Publishing Ltd ISBN 1-84176-084-6.
- Weal, John (1996). Focke-Wulf Fw 190 Aces of the Russian Front. Londres: Osprey Publishing. ISBN 1-85532-518-7.
- Weal, John (2007). Aviation Elite Units #25: Jagdgeschwader 53 "Pik-As". Oxford: Osprey Publishing Ltd. ISBN 978-1-84603-204-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Pilot profile: Karl-Heinz Schnell". Consultado o 7 de xullo de 201.
- “Ciel de Gloire”. JG51 http://www.cieldegloire.com/jg_051.php Arquivado 04 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. . Consultado o 24 de novembro de 2011.
- "Luftwaffe Officer Career Claims" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2012. Consultado o 10 de agosto de 2022. Consultado o 30 de agosto de 2013
- "The Luftwaffe, 1933-45". JG20. http://www.ww2.dk/air/jagd/jg20.htm . Consultado o 30 de agosto de 2013.
- "The Luftwaffe, 1933-45". JG51. http://www.ww2.dk/air/jagd/jg51.htm . Consultado o 30 de agosto de 2013.
- "The Luftwaffe, 1933-45". JG53. http://www.ww2.dk/air/jagd/jg53.htm . Consultado o 30 de agosto de 2013.