Sam Neill
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2022.) |
Nigel John Dermot "Sam" Neill, nado o 14 de setembro de 1947, é un actor neozelandés de orixe irlandesa. É especialmente coñecido polo seu papel do doutor Alan Grant en Parque Xurásico e Parque Xurásico III.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de traballar na National Film Unit de Nova Zelandia como director e actor, Neill foi escollido como o protagonista do filme Sleeping Dogs. A continuación el apareceu no clásico australiano, My Brilliant Career (1979), xunto con Judy Davis.
Neill é coñecido polos seus papeis en filmes importantes, incluíndo Calma total (1989), La révolution française (1989), The Hunt for Red October (1990), Memoirs of an Invisible Man (1992), The Piano (1993), Parque Xurásico (1993), Sereas (1994),In the Mouth of Madness (1994), Event Horizon (1997) e Parque Xurásico III (2001).
En 1993, Neill co-protagoniza con Anne Archer Leap of Faith, un drama independente, baseado nunha historia verdadeira sobre a loita dunha muller a vencer o cancro e ter un bebé.
Neill foi invitado a desempeñar o papel de Elrond na adaptación de O Señor dos Aneis, de Peter Jackson, pero rexeitou por mor das súas obrigas contractuais para Jurassic Park III. Organizou e narrou unha serie de documentais para a BBC, titulada Space (Hyperspace, nos Estados Unidos) en 2002.
Neill tamén apareceu en Merlin (1998), un filme baseado na lenda do Rei Artur e a Dama do Lago, retratando o lendario bruxo. Tamén repetiu o seu papel como Merlín, na película Merlin's Apprentice (2006) no que Merlín descobre que el tivo un fillo coa Dama do Lago.
Neill protagoniza o drama histórico The Tudors na rede Showtime facendo o papel do Cardeal Thomas Wolsey.
Tamén protagoniza unha produción de TV ABC chamada Happy Town (2010) na que interpretou a Merritt Grieves, un misterioso dono dunha tenda de recordos. Engadiuse ao elenco dunha adaptación para o cinema da obra de Arthur Miller A View from the Bridge, que ía rodarse en xuño de 2011 mais nunca se filmou.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1975 | Landfall | Eric | |
Ashes | Sacerdote | ||
1977 | Sleeping Dogs | Smith | |
1979 | Just Out of Reach | Mike | |
The Journalist | Rex | ||
My Brilliant Career | Harry Beecham | ||
1981 | Omen III: The Final Conflict | Damien Thorn | |
Possession | Mark | ||
From a Far Country | Marian | ||
1982 | Homes Z | Sarxento D.J. (Danny) Costello | |
1983 | Enigma | Dimitri Vasilikov | |
1984 | The Blood of Others | Bergman | |
1985 | Robbery Under Arms | Capt. Starlight | |
Plenty | Lazar | ||
1986 | For Love Alone | James Quick | |
1988 | Evil Angels | Michael Chamberlain | |
1989 | Calma total | John Ingram | |
La Révolution française | Gilbert du Motier, marquis de Lafayette | ||
1990 | The Hunt for Red October | Capitán Vasili Borodin | |
Shadow of China | Xornalista de TV | Nos créditos como John Dermot | |
1991 | Death in Brunswick | Carl 'Cookie' Fitzgerald | |
Until the End of the World | Eugene Fitzpatrick | ||
1992 | The Rainbow Warrior | Alan Galbraith | |
Memoirs of an Invisible Man | David Jenkins | ||
Hostage | John Rennie | ||
1993 | The Piano | Alisdair Stewart | |
Parque Xurásico | Dr. Alan Grant | ||
Sereas | Norman Lindsay | ||
1994 | Country Life | Dr. Max Askey | |
Rudyard Kipling's The Jungle Book | Coronel Geofferey Brydon | ||
In the Mouth of Madness | John Trent | ||
1995 | Restoration | Rei Charles II | |
1996 | Children of the Revolution | Nine | |
Victory | Mr. Jones | ||
1997 | Event Horizon | Dr. William Weir | |
1998 | The Horse Whisperer | Robert MacLean | |
O xogo da vinganza | Henry Bell | ||
1999 | Molokai | Walter Murray Gibson | |
Bicentennial Man | 'Sir' Richard Martin | ||
2000 | My Mother Frank | Professor Mortlock | |
The Dish | Cliff Buxton | ||
O pudin máxico | Sam Sawnoff | Voz | |
2001 | Parque Xurásico III | Dr. Alan Grant | |
The Zookeeper | Ludovic | ||
2002 | Dirty Deeds | Ray | |
Leunig Animated | Narrador | ||
2003 | Perfect Strangers | The Man | |
Yes | Anthony | ||
2004 | Wimbledon | Dennis Bradbury | |
2005 | Little Fish | O Jockey | |
2006 | Irresistible | Craig | |
2007 | Angel | Théo | |
2008 | Dean Spanley | Dean Spanley | |
Skin | Abraham Laing | ||
2009 | I Am You | Mr. Reid | |
Under the Mountain | Mr. Jones | ||
Daybreakers | Charles Bromley | ||
2010 | Legend of the Guardians: The Owls of Ga'Hoole | Allomere | Voice |
2011 | The Dragon Pearl | Chris Chase | |
The Hunter | |||
2012 | The Vow | ||
A View from the Bridge |
Televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1982 | Ivanhoe | Brian de Bois-Guilbert | |
1983 | Reilly, Ace of Spies | Sidney Reilly | 12 episodios |
1985 | Kane and Abel | William Lowell Kane | |
1987 | Amerika | Coronel Andrei Denisov | |
1994 | The Simpsons | Malloy | |
1995 | Forgotten Silver | El mesmo | |
1996 | In Cold Blood | Agent Alvin Dewey | |
1998 | Merlin | Merlín | |
1998 | The Games | Citytrans CEO | |
2001 | Space | El mesmo | |
2002 | Doctor Zhivago | Victor Komarovsky | |
2002 | Framed | Eddie Meyers | |
2004 | Stiff | Lionel Merricks | |
2004 | Jessica | Richard Runche | |
2005 | The Incredible Journey of Mary Bryant | Governor Arthur Phillip | |
2005 | To the Ends of the Earth | Mr. Prettiman | |
2005 | The Triangle | Eric Benerall | |
2006 | Merlin's Apprentice | Merlin | |
2006 | Two Twisted | Mick | |
2007 | The Tudors | Cardeal Thomas Wolsey | 10 episodios |
2008–2010 | Crusoe | Jeremiah Blackthorn | 14 episodios |
2009 | Happy Town | Merritt Grieves | 8 episodios |
2011 | Ice | Anthony Kavanagh | |
2012 | Alcatraz | Emerson Hauser | 13 episodios |